http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_201311O19C8992&idSeccion=75B7B43F0A80B197001770399536394C
Este ambicioso proxecto naceu xa no ano 2011 como indica a seguinte imaxe....
http://www.europapress.es/galego/noticia-fenosa-proxecta-inaugurar-pobo-ingles-os-peares-ourense-principios-2013-20120619200627.html
A obra foi denominada tamén FENOSA WIND, e anunciaba o desenvolvemento da zona, así como a creación de moitos postos de traballo, especialmente dos veciños e veciñas da zona....algo que todavía está por ver si será así.....DE MOMENTO NON ¡¡¡
A presentación deste ambicioso proxecto fíxose a través das seguintes noticias:
Na prensa galega....por suposto en La Voz de Galicia a través dunha reportaxe coas características publicado en decembro de 2012 e que podedes ver nas seguintes imaxes:
Tamén se fixo por parte do Alcalde de Carballedo a presentación na televisión como podedes observar no seguinte enlace:
A realización das obras recaeu na empresa Gomez Crespo....
Tamén se reclama a aportación econòmica que fai a Consellería de Educación a este inicio do proxecto de máis de 300.000€ de cartos públicos para unha empresa privada, como podedes ler na seguinte noticia.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/06/galicia/1383773149_228828.html
Falaba na presentación o Sr. Alcalde de Carballedo, lembremos que agora preside o Consorcio dos Peares, de que este proxecto faría "recuperar o explendor" da zona que tivera antaño......
Certamente que o tivo, e seguramente fose a zona turìstica máis aproveitable que podían ter cada un dos catro concellos, pero que pouco a pouco se foi apagando por unhas nefastas xestións dos mandatarios responsables que parecían mirar cara outro lado, e que levan moitos anos apoltronados nuns sillóns presidenciais que os foron alonxando da cidadanía e da realidade.
Ao impresionante valor paisaxístico que ten a zona hai que engadir que a súa maior forza como pobo está na propia veciñanza e no seu inmenso amor por esta terra, como podedes amosar no magnífico reportaxe que a Televisión de Galicia fixo do mesmo....
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-peares
Para rematar, e como nota amigable a este artigo, e por suposto tamén, como unha das súas características como pobo reivindicativo e defensor dos seus dereitos e servizos, pregamosovos que non deixedes de ver este vídeo feito pola veciñanza dos Peares:
http://www.youtube.com/watch?v=5jbvZ5V-6w4
AGARDAMOS POLO TANTO, QUE ESTE PROXECTO SEXA DE NOVO UN PUNTO DE PARTIDA PARA A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DESTA ZONA DO NOSO CONCELLO, E QUE SIRVA PARA A CREACIÓN DOS TAN DESEXADOS E NECESARIOS POSTOS DE TRABALLO, ASÍ COMO PARA A MELLORA DOS NEGOCIOS E EMPRESAS DA ZONA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario