O vindeiro xoves 28 de novembro as 20:30 celebrarse no Concello da Peroxa o correspondente Pleno Ordinario do mes de novembro.
A convocatoria e orde do día para este pleno é a seguinte:
Unha vez máis, as únicas materias e puntos a tratar no Pleno son os aportados pola nosa Agrupación Municipal Socialista, o grupo de goberno municipal do PP como é habitual votará en contra de tódalas nosas propostas despois de negar a existencia ou a urxencia de mellora das necesidades que expoñemos.
Presentamos a seguinte MOCIÓN, na defensa dos intereses dos veciños e veciñas do concello para que por parte do propio Concello e da Xunta de Galicia non se produza o previsto e inxusto incremento do 34% no recibo do lixo por unha mala xestión en Sogama.
NON PODE PAGAR A NOSA VECIÑANZA OS ERRORES DOS XESTORES DESTA ENTIDADE PÚBLICA E XESTIONADA POLA XUNTA DE GALICIA.
Tamén, como en cada correspondente Pleno bimensual presentamos as solicitudes de mellora dos servizos existentes no Concello a través dos correspondentes ROGOS:
Finalmente, no apartado de PREGUNTAS, interesámonos por cuestións que afectan o Concello e que preocupan a veciñanza:
SI CHE AFECTAN OU ESTÁS INTERESADO NOS ASUNTOS A TRATAR.....
NON DUBIDES.....
ACUDE ¡¡¡ E COÑECE COMO FUNCIONA E COMO SE TRATAN OS ASUNTOS NO TEU CONCELLO.
O ACCESO É LIBRE E PÚBLICO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario