A pesar das negativas iniciais, que xa è unha costume habitual dos mandatarios do Concello, por fin se van atendendo algunhas das peticións veciñais para a mellora dos seus servizos.
Despois de presentar por escrito a través dos nosos concelleiros socialistas a través dun Rogo diante do Pleno a petición da instalación dun banco no pobo da Orde e tamén reiteramos a mesma petición a través dunha pregunta directamente para a resposta do Sr. Alcalde, parece que a pesar das negativas iniciais por parte dos mandatarios do Concello, por fin dita solicitude foi atendida.
Na seguinte imaxe o resumo da situación exposta e solicitada polos nosos concelleiros, así como tamén as respostas por parte do Sr. Alcalde a nosa demanda en nome dos veciños e veciñas:
Como podedes comprobar neste resumo que fixemos da situación, con respecto o Rogo e segundo a resposta extraída directamente da acta do citado pleno o Sr. Alcalde en lugar de atender as demandas presentadas e aportar solucións, os seus únicos e tristes argumentos baseanse en lembrar en cada pleno que "él e os seus concelleiros son que gobernan" e quen, por tanto, deciden.
Situación que coñecemos perfectamente, porque non fai falta máis que botar unha pequena ollada os nosos pobos para coñecer que é o responsable da súa situación de deterioro e abandono.
Ademáis parece molestarlle continuamente a nosa labor de oposición, que entre outras funcións, estamos para demandar a mellora dos servizos existentes no concello.....e nos tamén somos representantes da veciñanza ¡¡¡
A petición que fixemos para este pobo era a sustitución deste banco deteriorado.....
E a petición, como xa expuxemos, logo das reticencias e negativas iniciais, por fin foi atendida e agora presenta este novo aspecto....
SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DOS SERVIZOS NO CONCELLO E TAMÉN INFORMANDO DA REALIDADE E ACTUACIÓNS QUE SE PRODUCEN DENDE O CONCELLO, PARA QUE A VECIÑANZA COÑEZA A LABOR E ACTUACIÓNS QUE REALIZAMOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario