NORABOA ¡¡¡¡
Asì comenzamos este artigo, felicitando a veciñanza do Concello e tamén os nosos visitantes.
Agradecendo sen ningún tipo de rubor o Concello da Peroxa o cumprimento das nosas demandas plantexadas sobre unha situación que nos parecía mellorable.
Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista, como xa fixemos noutras ocasións anteriores, temos tamén a virtude de saber recoñecer as boas actuacións que se acometen dende o noso Concello, ainda que o noso desexo è que esta situación fose máis habitual e que dende o grupo de goberno se entendese por fin que as nosas propostas sempre son buscando a mellora dos servizos e das condicións dos veciños e veciñas.
No pasado mes de abril deste ano 2013 fixemos un interesante artigo neste mesmo blog onde amosàbamos a situación actual e real de abandono dun dos lugares máis senlleiros e espectaculares do noso Concello....O Castelo da Peroxa.
Denunciamos a través deste medio a situación na que se atopaba este lugar privilexiado da natureza e insignia do noso patrimonio.
O analise que fixemos da situación a través das ilustrativas imaxes foi o seguinte:
http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/04/esta-e-realidade-actual.html
Pois como xa indicamos, estas actuacións de mellora chegaron a través do seguinte proxecto:
E a situaciòn mellorouse según amosamos nas seguintes imaxes:
IMAXES ANTERIORES DOS VALADOS ROTOS
IMAXES ACTUAIS
IMAXE ANTERIOR DA PORTA DETERIORADA
IMAXE ACTUAL
IMAXE ANTERIOR DO MURO CAÍDO.
IMAXE ACTUAL
IMAXE ANTERIOR ARBORES CAÍDOS
RETIRADA DAS ARBORES E MELLORA DO TORNO DE ENTRADA
IMAXE ANTERIOR DE FALTA DE LIMPEZA DA MALEZA
IMAXE ACTUAL DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE MALEZA
IMAXE ANTERIOR DO DETERIORO DA PONTE SOBRE O REGATO
IMAXE ACTUAL DA REPARACIÓN DA PONTE
Tamén se realizaron outras destacadas obras de mellora....
CONSTRUCCIÓN DUN PEQUENO APARCAMENTO
CONSTRUCCION DUN PASEO DE TERRA ATA O REGATO
A pesares da melloría evidente que todos podemos comprobar nas imaxes, e mesmo no propio lugar o que vos convidamos visitedes e disfrutes, xa que è unha fermosa paraxe mesmo no outono ou inverno, lamentar unhas pequenas melloras que quedaron sen realizar como as que se amosan nas imaxes seguintes:
CARTEL INDICATIVO SEN ARRANXAR
FONTE SEN LIMPEZA NEN POSTA EN FUNCIONAMENTO
VALADO ROTO SEN ARRANXAR NO CAUCE DO REGATO
Informamos tamén que se acometeron melloras no paseo a beira do regato do Rial, realizando unha obra de empedrado para a mellora do firme:
EMPREDRADO NO PASEO DO RIAL
Preto desta actuación tamén indicar que quedou sen arranxar algunha parte rota do valado de madeira que protexe o cauce do río, e que pode ocasionar algún perigo se non se arranxa, sobre todo para algún menor que transite polo paseo. Polo tanto reiteramos a petición desta pequena anomalía.
AGORA, COMA XA INDICAMOS TOCA DISFRUTAR DESTE LUGAR IDÍLICO DO NOSO CONCELLO, EN CALQUER ÉPOCA DO ANO, E PREGAMOS OS RESPONSABLES MUNICIPAIS TEÑAN EN CONTA AS DEFICIENCIAS QUE POIDAN VOLTAR A XURDIR PARA ARRANXALAS CON PRONTITUDE PARA MANTER ESTE LUGAR NUNHAS CONDICIÓNS DIGNAS DE SER VISITADAS E DISFRUTADAS, XA QUE O LOGO DESTAS ACTUACIÓNS, O CONCELLO DEBE ASUMIR NON VINDEIROS 5 ANOS O MANTEMENTO DAS MESMAS, SEGUNDO SE INDICA NAS BASES DESTA ACTUACIÓN.
SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario