Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

sábado, 30 de marzo de 2019

Resumo pleno ordinario 4 febreiro de 2019

Unha vez que está a nosa disposición a acta do pleno celebrado no mes de febreiro no concello pasamos a facer un resumo do que aconteceu no mesmo.

Esta era a convocatoria e a orde do día do mesmo...



No punto 1, aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No punto 2, aprobase por uninimidade a aprobación inicial da modificación puntual nº 4 do PXOUM para cambio ordenanza solo urbano para construcción de vivendas en dúas fincas adquiridas polo concello para a construcción de novas Vivendas de Protección Oficial no pobo da Peroxa.

No punto 3, aprobase por unanimidade a iniciación de expediente de investigación de camiño en Gueral ante a denuncia presentada por unha particular sobre posible allanamento de un camiño público.


No punto 4, o Alcalde propòn ao pleno a aprobación do cambio de denominación do núcleo de Outeiriños polo de Cidadella, indicando que é unha petición dos veciños.

Neste punto o noso portavoz pregunta si a petición é unànime de toda a veciñanza e propòn ao pleno que antes de aprobar o cambio se informe a través da colocación de Bandos Informativos para que os veciños ou veciñas poidan alegar algo si o consideran necesario, situación que se aproba por unanimidade.

Posteriormente, a este acordo, temos que indicar que nos desprazamos ao pobo a falar cos veciños e veciñas e o que indican è que non entenden o porque dese cambio anterior ao nome de Outeiriños, cando sempre todo o núcleo foi Cidadella, tendo en conta que o que fixo foi ocasionarlle inconvintes por exemplo no servizo de correos, entre outros.

Tamén podemos comprobar, como o Concello da Peroxa non cumpliu o acordo plenario e non colocou ningún Bando Informativo sobre a situación tratada tal e como se había comprometido no pleno.

Indicar tamén que recentemente se instalou unha sinal indicadora cos nomes dos pobos indicados..



No punto 5, indicar que revisamos os Decretos da Alcaldía existentes ata a data do pleno, pero tamén manifestamos que en todo o que vai desta lexislatura o actual grupo de goberno co seu Alcalde a fronte nunca foron quen de facilitarnos o acceso as Resolucións da Alcaldía, descoñecendo polo tanto o porqué desta situación e o que é peor, descoñecendo si existen tal e como obrigan as leis vixentes.

O Sr. Alcalde noutro arrebato de cinismo indica que son "criterios puramente técnicos" e que el nunca deu indicacións de non mostrarnos esa información......."MAS DE LO MISMO" ¡¡¡

No punto 6, aprobase por unanimidade a proposta de que a través de acordo plenario se cedan ao Instituto Galego de Vivenda e Solo os terreos anteriormente citados para a posible construcción das vivendas de protección oficial.

No punto 7, no apartado de Escritos e Comunicacións, o Alcalde propón que logo do mellor funcionamento do Servizo de Recadación da Mancomunidade o Concello siga adherido a este servizo, alonxandose agora daquelas manifestacións do pasado mes de setembro donde indicaba que o funcionamento deste servizo era moi deficiente e perxudicial para os intereses económicos do noso concello.

Preguntamos si xa o noso concello fora quen de cobrar as millonarias cantidades pendentes de diversos e diferentes recibos emitidos por ese mesmo servizo da mancomunidade e que durante moitos anos non foi quen de cobrar........o Alcalde indicou que algúns deles foran xa ingresados e outros están en trámite de facelo, así como que tamén se facilitou moito o traballo a este servizo o feito de que os Concellos de Coles e Amoeiro decidiran facer este servizo recadatorio con medios propios, ante o "deficiente" funcionamento do existente na Mancomunidade.

Aprobouse esta proposta co voto favorable únicamente dos concelleiros do PP e a abstención dos dous nosos concelleiros ante a escasa información e datos proporcionados.

No punto 8, dentro dos rogos e preguntas, como sempre, presentamos a seguinte documentación:

ROGOS


O Alcalde ante este "recordo" aos seus incumplimento manifesta que "algunhas cousas xa se fixeron, outras se intentaran facer cando se poida E OUTRAS COMO A DO DNI QUE LLE COMUNICARON AO CONCELLO QUE NON SE PODÍA FACER" ¡¡¡

Insistimos especialmente no caso da "rotonda da Peroxa", xa que é un punto perigoso e o Alcalde manifesta que "mañà irá o enxeñeiro para valorar as medidas a tomar".......

A RESPOSTA A ESTA CUESTIÓN XA É REITERATIVA E PERDEMOS XA A CONTA DAS MOITAS VECES QUE DIXO QUE O "ENXEÑEIRO" IBA A VER O TEMA, PERO ATA O DE AGORA........NADA DE NADA¡¡¡¡

Esta proposta de demandas pendentes tivo a súa publicación na prensa local...


NESTE PUNTO TAMÉN TEMOS QUE RECORDAR QUE VOLVEMOS A INSISTIRLLE AO GRUPO DE GOBERNO NA OPCIÓN DE PEDIR PARA O NOSO CONCELLO UN SERVIZO DE RENOVACIÓN DNI DURANTE ALGUNHA XORNADA PARA FACILITAR ESTE TRÁMITE A VECIÑANZA, TAL E COMO XA FIXEMOS EN VARIAS OCASIÓNS.....


O ALCALDE MANIFESTA QUE "LLE COMUNICARON AO CONCELLO QUE NON SE PODÍA FACER ESTE SERVIZO NA PEROXA"¡¡¡¡

Realmente nos gustaría saber si esa resposta existiu realmente e foi oral ou por escrito, xa que dudamos seriamente que en algún momento se fixera esta petición de xeito formal ao organismo correspondente¡¡¡

UNHA PETICIÓN QUE SÍ FIXERON OUTROS CONCELLOS E AOS CALES SI LLES FOI ADXUDICADO ESTE SERVIZO PARA FACILITAR OS TRAMITES DOS SEUS VECIÑOS....





Seguiremos traballando pola execución desas peticións de mellora necesarias e que foron comprometidas polo grupo de goberno municipal e incumpridas ata o día de hoxe ¡¡


PRESENTAMOS TAMÉN AS SEGUINTES PREGUNTAS SOBRE ASUNTOS DE INTERES...




En resposta a Pregunta 1, o alcalde indica "que so estivo mes e medio traballando no concello para sacar algúns asuntos urxentes".

A resposta dada a Pregunta 2, foi "que a empresa do servizo de axuda no fogar é a mesma durante os últimos 4 anos, e se contrata cando non queda persoal na bolsa de emprego".

A Pregunta 3, respondeu que "nos vindeiros días terá lugar unha reunión na mancomunidade para abordar este tema".

Temos constancia que o Servizo de Recollida se adheriu a esta opción de rebaixa e polo tanto agardemos nas vindeiras datas a rebaixa nos recibos tal e como anuncia a prensa...

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/03/09/concellos-empiezan-aplicar-rebaja-recibo-sogama/0003_201903G9P12991.htm

En canto as medidas que solicitamos para unha mellor reciclaxe no noso concello o Alcalde non deu resposta¡¡¡

A Pregunta 4 dase por contestada polo xa tratado no punto de escritos e comunicacións sobre a recadación da Mancomunidade.

A resposta dada a Pregunta 5, foi que tal e como temos indicado, o Sr. Alcalde acaba por recoñecer a realidade......."DEIXA A VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO SIN O ALUMEADO PÚBLICO DEPENDENDO SI ESTÁN OU NON EMPADROADOS"¡¡¡

Na Pregunta 6, recoñecese por parte da Alcaldía que as medidas a tomar para facer cumplir as normas de limpeza a caron dos pobos son nulas e que a pesar das denuncias de particulares poucas chegan a ser executadas.

No caso que tratamos indicar que unha petición feita nos meses previos ao verán no pobo do Val está todavía sen atender......




Rematamos o pleno preguntando de xeito oral polo estado da situación que recolleu a prensa loca e mesmo a TVG sobre a problematica das campás da igrexa de Graíces, onde se nos informa que as medicións superaban os limites legais e tanto do Defensor do Pobo como o Fiscal resolveron que se debían baixar ao limite legalmente permitido.


ESTO FOI O RESUMO DO QUE ACONTECEU NESTE CURTO PERO INTENSO PLENO, E AQUÍ NOVAMENTE PODES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN QUE NEL SE PRODUCIU......


.....NON A BUSQUES EN NINGÚN OUTRO LUGAR¡¡¡

O CONCELLO DA PEROXA NUNCA PUBLICARÁ (AINDA QUE AS NORMAS SOBRE TRANSPARENCIA O INDICAN) NINGUNHA REFERENCIA AO QUE DE DEBATE E ACORDA NOS PLENOS, NIN CAPACES SON DE COLGAR NA SÚA WEB AS ACTAS DOS MESMOS, NOUTRO CLARO EXEMPLO DE ESCURANTISMO DE CARA A TODA A VECIÑANZA DO CONCELLO¡¡¡


DE TÍ DEPENDE SEGUIR CON ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS OU OPTAR POR UN NOVO XEITO DE FACER AS COUSAS E ABRIR E DAR A COÑECER O CONCELLO E TODO O QUE SE XESTIONA NO MESMO A TODA A CIDADANÍA¡¡¡


SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡¡



No hay comentarios:

Publicar un comentario