Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 27 de julio de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 28 e 29 de Xullo de 2018

Seguimos coa prioridade de anuncios dos eventos festivos e desta vez toca ir poñendo en coñecemento, xa que esta fin de semana non hai eventos festivos, a seguinte festa da parroquia de Graíces, as Festas das Neves, unha das máis tradicionais e senlleiras do concello, onde se anuncian a través do seguinte cartel....


A pesar de tal e como indicamos, nesta fin de semana non temos previsión de festa no noso Concello, sí podemos informar dunha boa festa ben preto de nós no veciño Concello de Coles...


Destacamos para esta fin de semana actividades na piscina municipal, con actividades para os máis cativos....


Na parte deportiva, destacamos de novo a participación dalgúns dos compoñentes do PEROXA RUNINNG en algunhas das moitas e diversas probas que marca o calendario...

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Rematamos coa publicación dun anuncio que fai o equipo A PEROXA C.F. onde abre o periodo de inscripción para todos aqueles xogadores e xogadoras que estén interesados na práctica do fútbol en calquera dos seus equipos...



REMATAMOS INFORMANDO DA CELEBRACIÓN NO DÍA DE HOXE VENRES 27 DA FEIRA MENSUAL DA PEROXA ¡¡


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA UNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

viernes, 20 de julio de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 21 e 22 de xullo de 2018

Nesta época estival temos que comenzar por anunciar a programación festiva dos nosos pobos e parroquias, onde a través das súas festas patronais son unha cita ineludible para toda a veciñanza, a que reside habitualmente, pero tamén, para tod@s aqueles que durante boa parte do ano teñen a súa vida laboral e persoal lonxa da súa terra e das súas xentes.....

Desta vez tóca anunciar as festas patronais da parroquia de Toubes, con seguinte cartel...



Dentro da programación deportiva toca anunciar como cada semana a única disciplina que parece non ter descanso vacacional, que non é outra que o atletismo onde os nosos representantes do PEROXA RUNNING terán no seguinte calendario presencia en algunha das probas previstas para esta fin de semana.....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Como xa temos feito noutas ocasións, toca destacar a gran participación dos representantes do noso Concello na recentemente proba de Trail Galaica celebrada en Terras de Pantón, en pleno corazón da Riberia Sacra....



O èxito acadado por estes veciños è notable en cada categoría, levando o nome do noso Concello a toda a xeografía, pero desta vez toca unha mención especial para ADRIÁN RODRÍGUEZ DÍAZ, que volve a estar entre os mellores desta disciplina acadando un méritorio e sufrido triunfo nesta proba tal e como o amosa a clasificación....



PARABÉNS ¡¡¡



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡