Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 4 de noviembre de 2013

Resumo do Pleno Ordinario do 22 de outubro de 2013

Seguindo coa nosa labor informativa para que a veciñanza do Concello da Peroxa coñeza o funcionamento dos seus órganos de goberno resumimos a continuación o tratado, debatido e acordado no último pleno recentemente celebrado.

Comenzamos por indicar que por segunda vez no que vai de lexislatura o Sr. Alcalde non convocou o Pleno no seu mes correspondente (setembro), retrasando a súa celebración sen explicación nin xustificación algúnha. Agardemos que non haxa unha terceira vez que nos obligue a tomar as medidas legais pertinentes para garantir como indica a lexislación vixente a celebración bimensual.

Os asuntos da orde do día e os seus acordos foron os que siguen;

No punto 1, aprobouse por unanimidade ( 11 votos a favor),  a ratificación como ordinaria desta sesión.

No punto 2, aprobouse tamén por unanimidade a acta do pleno anterior.

No punto 3, tratouse o tema pendente da investigación de bens no campo da festa de Turbisquedo, por un litixio existente dun particular que reclama como seus bens que existía dúbida sobre a súa titularidade como municipal. Despois de preguntar a varios veciños por parte do Sr. Secretario e o Sr. Alcalde e tras lograr según informe do secretario acordo entre as partes aprobouse por unanimidade a inclusión de algúns bens como municipais (viais, fonte, lavadoiro....) que non constaban como tales.

No punto 4, tamén por unanimidade se aprobou un escrito de apoio a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, corroborando o apoio das deputacións de Ourense e Lugo.

Este proceso xa tivo varios intentos que sempre foron olvidados, agardemos que desta vez teña futuro e tamén que dende o noso Concello de A Peroxa, chegado o momento se explique a veciñanza o que vai supoñer esta posible declaración no que se refire o turismo, o urbanismo, a gandería, a agricultura, etc.

Dende o Partido Socialista xa levamos tempo con iniciativas para impulsar esta declaración importante para a Ribeira Sacra, como demostra a seguinte noticia na prensa:

http://www.ourensedixital.com/_novas/13/10/29_06.htm

No punto 5, aprobouse cos votos do PP e a nosa abstención unha modificación de créditos. Esta modificación consistiu en que se aumentaron partidas orzamentarias do exercicio 2013 coa cantidade de 443.535,92€ dispoñibles como remantente de Tesourería. Repartiuse esta cantidade en varias partidas destacando a cantidade de 343.535,92 para a de Amortización de débeda.
Informou o Secretario e o Sr. Alcalde que están a espera das "decisións" do Sr. Montoro para ver si esa cantidade no vindeiro orzamento 2014 se pode usar para amortizar a débeda existente no Concello, e mesmo se a nova Lei de Rexime de Bases Local pendente de aprobación o permitiría.

No punto 6, de escritos e comunicacións o Sr. Alcalde informounos da súa decisión de escoller para o noso Concello como festivos locais para o vindeiro 2014, o Martes de Entroido e o 11 de novembro (San Martiño).

No punto 7, informouse por parte do Sr. Alcalde da existencia para a súa consulta dos Decretos asinados.

No punto 8, a nosa Agrupación Municipal Socialista presentou as seguintes mocións de interese para a mellora do Concello e na defensa dos intereses da veciñanza.

A primeira moción presentada e debatida foi a seguinte:


Argumentamos a seguinte moción coas imaxes seguintes onde podemos observar que sacadas no primeiro fin de semana de Xullo, durante a celebración en anos anteriores do maraton interparroquial a media tarde xa estaban encendidas as luces interiores, co gasto que eso supón tendo por diante todavía moitas horas de luz natural que non accede por ningún lugar.





O Sr. Alcade manifesta que a instalación de placas solares non sería amortizable polo seu elevado custe económico.
Nos poñemos o exemplo recente do pabellón de Amoeiro que dentro dun Plan de Aforro Enerxético (como nos lle indicamos) da Xunta de Galicia instalounas por un valor pouco superior os 9.000€.

Solicitadas a través dunha convocatoria semellante a esta e todavía en prazo:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130917/AnuncioO90-090913-0001_es.pdf

Outros moitos concellos optaron por esta alternativa de enerxía e de aforro:

http://www.laregion.es/noticia.php?id=226750

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/10/11/pabellon-ribadavia-tendra-placas-solares-calentar-agua/0003_201310O11C10998.htm

Os exemplos expostos engadidos a elevada factura de suministros de enerxía electrica que segundo o orzamento deste ano 2013 reflexa uns gastos de 125.000€ fan que a nosa moción teña uns obxetivos de reducción de gastos considerables e non tan perxudiciais para a veciñanza como o apagado de parte do alumeado público por todo o Concello, medida executada pola decisión do Sr. Alcalde e que segundo manifestou en varias ocasións a realizou en máis de 90 puntos de luz ¡¡¡ en algúns con màis criterio que en outros.

O Sr. Alcalde manifesta tamén que a colocación de o cambio das chapas do tellado opacas por unhas traslúcidas ocasionaría que no verán sería moi elevada a temperatura no interior. Nos indicamos que terían que ser colocados na parte que non pega o sol directamente polas tardes. Tamén manifesta mediante datos de gastos pasados que a enerxía que se gasta no polideportivo "non è a ruina do Concello". Desto estamos seguros pero algunhas das luces que lle apagou os veciños tampouco.
Finalmente o Sr. Alcalde indica que están valorando outra opción que tamén sería subvencionable pero que sairá no vindeiro ano 2014 e mirarán a rentabilidade dese posible proxecto, polo que se acorda de momento non votar esta moción a espera de outra opción.

A seguinte moción que presentamos è para rexeitar a privatización do servizo pùblico de recollida de lixo que ocasionará un elevado incremento no recibo para os veciños e veciñas do Concello da Peroxa.

Esta é a moción presentada:


Tristemente, e con poucos argumentos creíbles por parte do Sr. Alcalde, os 8 concelleiros do PP votaron en contra deste moción, fronte os 3 votos a favor dos concelleiros socialistas.
Este voto en contra dos concelleiros do PP co seu Alcalde o fronte, indica que serán complices dunha nova suba no recibo do lixo, e seguramente no empeoramento do servizo de recollida de lixo.
O Sr. Alcalde argumentou o seu voto en contra manifestando que "èl non se basaba por criterior políticos", senón técnicos, e fora asesorado polo técnico da Deputación de Ourense, e que confiaba plenamente no seu criterio de que non ía aumentar os custes a veciñanza".
Tamén manifesta o Sr. Alcalde que o único incremento que van sufrir os veciños e veciñas da Peroxa será o impostos dende Sogama, pola subida dos custes do tratamento do lixo.

Argumentamos tamén que a privatización do servizo vai ocasionar tamén a lexanía do centro de control das posibles reclamación polo mal funcionamento, hoxe resoltas dende o propio concello.
Manifestamos que sería posible incluso como xa ocorre noutros servizos privatizados que as reclamacións se teñan que facer telefónicamente nun número 902 de pago e atendidos por un ordenador.

O Sr. Alcalde manifesta que se eso chegara a ocurrir, o igual que si se demostra un empeoramento do servizo o Concello e a Mancomunidade asumirían o servizo saíndo do convenio da futura empresa.

Estamos a falar dun posible incremento que pode chegar ata o 40% máis no recibo de basuras, o que nos parece un auténtico abuso.

Argumentamos diante do Alcalde o dos concelleiros populares as noticias surxidas estes días nas prensa sobre o asunto, onde varios dos propios alcaldes populares da provincia están en desacordo con esta medida, pero parece que na Peroxa se pensa máis nos intereses persoais e favoritismos diante da Deputación que nos problemas dos veciños e veciñas do propio Concello.

Sirva como exemplo as seguintes noticias:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/10/18/rechazo-alcaldes-pp-obliga-baltar/897969.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/10/22/sogama-sube-34-canon-cobra-tratar-basuras/0003_201310G22P10991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Algúns alcaldes manifestanse en contra desta inxusta medida:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/10/24/alcaldes-anuncian-medidas-contra-tasazo-basura/0003_201310G24P6992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Diante destas inxustizas que recaen nos bolsillos e economías dos veciños e veciñas da Peroxa e doutros concellos da provincia, os nosos concelleiros movilizanse e actúan en cada concello para parar este atropello:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/10/18/psoe-moviliza-regidores-concejales/897970.html

Antes as mocións e as presións para a defensa dun servizo básico e público o propio Baltar parece recuar nas súas pretensión modificando a idea inicial:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/11/03/baltar-cambia-pliego-basura-tras-rechazo-alcaldes/0003_201311O3C5991.htm

Ante esta nova situación preguntámonos se o Alcalde da Peroxa e os seus concelleiros trocaron de opinión ou seguen fieis na súa idea inicial que defendían como a máis axeitada.....¡¡

LAMENTAMOS QUE NUNCA ESTÉN A ALTURA DAS CIRCUNSTANCIAS, NIN NUNCA SE POÑAN DO LADO DOS VECIÑOS DA PEROXA PARA DEFENDER OS SEUS INTERESES.

O TEMPO DARÁ E QUITARÁ RAZÓNS, E NUN FUTURO MÁIS CORTO QUE LONGO A VECIÑANZA DA PEROXA COÑECERÁ AS CONSECUENCIAS DESTAS MEDIDAS E TERÁN ENTÓN QUE LEMBRAR POR QUEN FORON APOIADAS.

Finalmente no punto 9 tratamos os Rogos e Preguntas presentados polos nosos concelleiros e propostos moitos deles por veciños e veciñas do Concello solicitando melloras nos servizos existentes:

Os Rogos solicitados foron os seguintes:


ANTES DE DETALLAR CADA UN DELES COMENZAREMOS POLA RESPOSTA CONXUNTA QUE MANIFESTOU O SR. ALCALDE SOBRE OS MESMOS:

"Coñecemos e estamos de acordo na necesidade de melloralos, pero vaise facer cando se poda"

Unha vez máis triste resposta os problemas do Concello, ainda que polo menos desta vez xa non os negou como en ocasión anteriores.
Agardemos pois o seu arranxo "cando se poda", pero que insisteremos nestas e noutras demandas anteriores e non atendidas e verificaremos os seu cumprimento.

No rogo 1º o igual que case todo o concello durante a perigosa época de incendios a situación de maleza e falta de limpeza era evidente en calquer pobo, ainda que neste puxemos como exemplo o pobo de Valdomar que amosaba este lamentable aspecto:


 CAMIÑO DA FONTE


CAMINOS NO INTERIOR DO POBO

No rogo 2º, outra incidencia que xa leva varios meses sen arranxar, cando o contrato adxudicatario do servizo de auga, non só contempla o cobro dos recbibos senón tamén o arranxo e mantemento de anomalias. Deste xeito leva esta boca de auga vertendo e gastando a agua de todos.



No rogo 3º, o estado de deterioro e abandono deste camiño e xa solicitado o concello o seu arranxo en varias ocasións sen seren todavía atendidas.



No rogo 4º, outra vella demanda da veciñanza da zona ante o deterioro da carretera que dificulta o paso de vehículos e que o seu arranxo se demora ano tras ano.








No rogo 5º, outra carretera que necesita unha mellora urxente polo deterioro que a fai xa intransitable para todo tipo de vehículos.




Indicar, para finalizar co tema de rogos que unha vez máis o Sr. Alcalde manifestou que no noso escrito de petición non está de acordo coa petición de URXENCIA para estas subsanacións de anomalías, que non lle gusta nada esa palabra.
 Respostamoslle que ese calificativo llo pode preguntas os veciños e veciñas que levan meses ou incluso en moitos casos anos agardando por estas melloras.


O apartado de PREGUNTAS, tamén estivo intersante. As nosas preguntas para este pleno foron as seguintes:



A primeira pregunta è de vital importancia para os servizos básicos do Concello, e a resposta do Sr. Alcalde foi a mesma que obtivemos por parte da Xerencia de Atención Primaria....."na Peroxa había 2 médicos e 2 enfermeiros".....esa resposta xa a sabíamos, pero insitimos en que antes había 3 MÈDICOS ¡¡¡¡¡¡¡ 2 deles no Centro de Saúde da Peroxa, e agora só hai 1 ¡¡¡ que parecen que non queren entender a problemática.

O Sr. Alcalde logo dun debate e argumentación sobre o asunto manifesta que o "tema non caeu no olvido e que estase estudiante o asunto"........MENOS MAL QUE SE RECOÑECE O PROBLEMA ¡¡¡¡¡¡

Pois a situación leva xa camiño de 3 meses e non ten visos de subsanación e sobre todo tendo en conta os tristes argumentos que dende Atención Primaria nos dan e tamén dende o SERGAS onde o único que somos neste concello son números e estadísitcas, o resto importa ben pouco.

Lembramos que xa neste blog lle adicamos varios artigos a esta problemática sen solución polo de agora pero amosamos algúnha das noticias na prensa sobre o tema defendido polos nosos concelleiros en Ourense e mesmo diante do Parlamento de Galicia a través dos nosos representantes:



Lembramos a resposta "oficial" da nosa petición por parte do SERGAS:

LAMENTABLE E HUMILLANTE ¡¡¡

 Na segunda pregunta a resposta foi ainda máis lamentable.....o Sr. Alcalde resposta que "O Concello da Peroxa non fixo nen o anuncio da prensa nin asinou ningún convenio de actividade"......Pois dende logo que aquí algúen MINTE E ENGANA OS VECIÑOS CON FALSAS NOTICIAS.

Dende logo a noticia está ben clara e publicada, non foi invento noso como nos acostuma a respostar ante este tipo de cuestións:

(leede o último párrafo da noticia)

Na pregunta terceira; tristemente poidemos comprobar o descoñecemento da situación por parte do Sr. Alcalde que manifestaba que esta infraestructura non pasaba polo territorio do noso Concello.
Primeiramente manifestaba que esta obra "non se vai facer nunca"
Triste afirmación cando nos recentemente publicados Orzamentos do Estado 2014 aparece unha elevada cantidade para a citada infraestructura. Entendemos polas verbas do Sr. Alcalde logo que nin él mesmo confía na palabra nin na promesa do Ministerio de Fomento.

Os datos son reais e actuais, coma sempre nos falamos con datos e informacións, por parte da Alcaldía parece que se fala con conversacións de bar ou cantina dado o seu descoñecemento e as afirmacións feitas.
Esto é o previsto recentemente publicado:



Os nosos concelleiros socialista toma tamén a información do Boletín Oficial do Estado onde se publica o trazado e a declaración de impacto ambiental, unha publicación que lamentamos que non se coñeza dende o concello cando debería ser unha das suas obrigas estar o corrente de todo o que afecta o Concello da Peroxa.

A publicación é a seguinte:

(na paxina 59745 publicase o percorrido escollido)

E esta é a imaxe do percorrido:


Polo tanto queremos saber si o Concello vai pelexar polo enlace no noso territorio ou quedaremos sen nada pola neglixencia e falta de interes dos noso mandatarios.
Non obtivemos resposta as nosas preguntas polo que agardamos unha resposta oficial da situación en vindeiros plenos e as actuacións previstas polo concello para obter un dos moitos enlaces previstos e solicitados no seu día.

Na cuarta pregunta, a resposta do Sr. Alcalde foi sorprendente....." A CULPA DE QUE NON ESTÈ FEITA A PONTE EN PEARES É CULPA DO PSOE" ¡¡¡¡¡¡¡
Realmente foi das respostas máis simpáticas que nos ten dado nestes xa case tres anos na oposición,.....hai que ser caradura ¡¡¡¡¡  Obra "prometida" polo Sr. Feijoo nunha paperotada de homenaxe, e non entendemos onde tivo ese poder o PSOE para paralizar esta promesa que todavía agardan os veciños e veciñas dos Peares o igual co remate do paseo fluvial.
Manifesta que a obra está parada pola crisis ¡¡¡¡¡
Agora entendemos a resposta.........a culpa foi de Zapatero ¡¡¡¡¡

Segue manifestando que a obra o  igual que todo o prometido polo presidente Feijoo se vai a executar.

Informamos a veciñanza dos Peares e demáis zonas de influencias que tristemente, nos Orzamentos da Xunta previstos para o 2014 non se contempla dotación económica de ningún tipo nin para estas obras nin para ningunha outra en todo o Concello da Peroxa.....esta é a triste realidade ¡¡¡

 A ùnica noticia deste asunto é do ano 2011 onde se publicaba o seu remate para o 2012 ¡¡¡




E en canto o paseo a realidade é a que amosan as recentes imaxes de abandono e deterioro:




Para rematar fixemos oralmente unha pregunta sobre unha anomalía recente que se produce na carretera que vai dende Lamagrande a Barra de Miño, xusto debaixo da gasolinera da Peroxa.

Preguntamos se coñecía a situación de abandono e deterioro da fosa sèptica existente que estaba expulsando lodos e augas residuais que baixaban monte a baixo e chegaban ata a carretera.

O Sr. Alcalde indicou que estaba a espera de maquinaria para solucionar a anomalía.

Estas eran as imaxes dos lodos:



 

A solución da que falaba o Sr. Alcalde non solucionou o problema, xa que tan só se limpiou a cuneta para que a agua circulara con maior comodidade, pero a limpeza da fosa non foi executada.

As imaxes actuais agora son as seguintes:




AGARDAMOS QUE O EXPOSTO E INFORMADO NESTE ARTIGO FOSE DO TEU INTERÉS.

AGORA TAN SÓ QUEDA ANALIZAR CADA SITUACIÓN E REFLEXIONAR SOBRE CERTAS ACTUACIÓNS POR PARTE DOS MANDATARIOS MUNICIPAIS QUE DEIXAN MOITO QUE DESEXAR E QUE SEGUEN SE PREOCUPARSE POLOS PROBLEMAS REAIS DA VECIÑANZA, GOBERNANDO COS OLLOS PECHADOS DIANTE DAS NECESIDADES REAIS DE CADA POBO.

SEGUIREMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario