Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 26 de octubre de 2018

Actividade na fin de semana do 27 e 28 de outubro de 2018

No apartado deportivo, estes serán o partidos para os nosos equipos representativos do Concello:


No fútbol rexional:

A PEROXA C.F - LOÑOA C.F.: Domingo 28 as 16:45 no Campo do Marco.


No futbol base:


A PEROXA C.F. INFANTIL - E.D.C. VERIN "B": Sàbado 27 as 11:45 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVIN - ATL. RIBADAVIA: Sabado 27 as 10:45 no Campo do Marco.

E.D.C. XINZO "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Venres 26 as 18:15 no Campo de Xinzo de Limia.


No fútbol de veteráns:


CELANOVA - LLOVIZNA: Sàbado 27 as 16:00 no Campo de Celanova.

ATL. PEROXA - CALDARIA: Domingo 28 as 11:00 no Campo do Marco.


No futbol sala:


O representante no fútbol sala, o equipo OS PEARES F.S. terá o seguinte partido anunciado por este bonito cartel feito polos veciños do equipo de Coles.




Tamén seguen con diversas e diferentes probas os compoñentes do PEROXA RUNNING, participando en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:


Aquì temos que segue o prazo aberto para as inscripcións para unha das mellores e máis agardadas probas..... A SAN MARTIÑO 2018¡¡¡

Toda a información no enlace seguinte:



POR PARTE DAS ACTIVIDADES PREVISTAS POLO CONCELLO INDICAR QUE MAÑA SÁBADO 27 POLA MAÑA SE CELEBRARÁ NO EDIFICIO MULTIUSOS DA PEROXA A FESTA DE SAMAIN PARA OS MÁIS CATIVOS¡¡


CELEBRAMOS ESTE TIPO DE INICIATIVAS TAN ESCASAS NO NOSO CONCELLO, PERO TOCA MANIFESTAR QUE TENDO EN CONTA QUE PRÁCTICAMENTE A ÚNICA ACTIVIDADE QUE EXISTE PARA OS MÁIS CATIVOS NO NOSO CONCELLO DURANTE CASE TODO O ANO, FIN DE SEMANA TRAS FIN DE SEMANA, È DE CARACTER DEPORTIVO E SON OS PARTIDOS QUE CELEBRAN OS EQUIPOS DE BASE DO A PEROXA CF, E NESTE CASO BEN SE PODERÍA TER INFORMADO PARA EVITAR ESTA COINCIDENCIA XA QUE SON VARIOS OS NENOS E NENAS QUE DESEXARÌAN PODER PARTICIPAR NAS DÚAS COUSAS¡¡¡

ESTA SITUACIÓN XA NON É NOVA NO NOSO CONCELLO, ONDE TEMOS QUE RECORDAR POR POÑER UN EXEMPLO QUE O PASADO ANO EN PLENO MES DE AGOSTO COINCIDIRON A FESTA DOS METELOS NO CASTELO E A FESTAS GASTRONÓMICA DA CARNE ARREGLADA EN SAN CIPRIÁN, E NO SEU MOMENTO XA FIXEMOS ESA SUXERENCIA DE EVITAR COINCIDENCIAS DENTRO DA POUCA ACTIVIDADE QUE TEMOS NO CONCELLO........E FIXERONNOS CASO NESTE ANO 2018¡¡¡ AINDA QUE NON DO XEITO DESEXADO XA QUE DENDE O CONCELLO NON SE FIXO ABSOLUTAMENTE PARA EVITAR A A DESAPARICIÓN DO QUE ERA UNHA DAS BOAS INICIATIVAS E DE GRAN ASISTENCIA E REPERCUSIÓN COMO ERA A ENXEBRE FESTA DOS METELOS QUE SE CELEBRABA NA IDÍLICA PARAXE DO CASTELO DA PEROXA.



No eido festivo anunciamos outra das nosas tradicionais festas, que se asenta e medra ano tras ano....




E comenzan tamén as datas dos nosos participativos magostos, dos cales, como cada ano, vos damos cumplida información.....


Aquí o anuncio do de Toubes con un moi orixinal cartel ¡¡



Tamen os veciños e veciñas de Carracedo teran o seu....



E POR SUPOSTO, UN DOS MAÍS ANTIGOS E DE MAIOR EXISTENCIA, CON UNHA DESTACADA PARTICIPACIÓN MUSICAL....



Acércase tamén a celebración do Samaín, e un ano máis, o local de hostelería da Peroxa BAR IVARI prepara xa a súa festa...



LEMBRADE TAMÉN QUE MAÑA SÁBADO 27 SE CELEBRA UNHA DAS FEIRAS MENSUAIS NA PEROXA ¡¡


REMATAMOS INFORMANDO DO CAMBIO DE HORA NA MADRUGADA DO SÁBADO PARA O DOMINGO¡¡





APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡

viernes, 19 de octubre de 2018

Actividade na fin de semana do 20 e 21 de outubre de 2018

No apartado deportivo, estes serán o partidos para os nosos equipos representativos do Concello:

No fútbol rexional:

ATL. ARNOIA - A PEROXA C.F Domingo 21 as 17:30 no Campo de Arnoia.


No futbol base:

A PEROXA C.F. BENXAMIN - OURENSE C.F. "C": Sàbado 20 as 12:00 no Campo do Marco.


No fútbol de veteráns:

LLOVIZNA - LOÑOA: Sàbado 20 as 16:30 no Campo do Marco.

ARNOIA - ATL. PEROXA: Sàbado 20 as 16:30 no Campo de Pontedeva.


O representanto no fútbol sala, o equipo OS PEARES F.S. terá xornada de descanso.


Tamén seguen con diversas e diferentes probas os compoñentes do PEROXA RUNNING, participando en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:


Aquì temos que informar xa da apertura das inscripcións para unha das mellores e máis agardadas probas..... A SAN MARTIÑO 2018¡¡¡

Toda a información no enlace seguinte:





Finalizamos no eido deportivo co anuncia dunha proba no veciño Concello de Coles, onde, seguramente participarán moitos veciños e veciñas do noso concello polo gran seguimento e participación que teñen estas probas....



Anunciamos actividades pròximas a súa realización e para as cales xa podes anotarte...








No eido festivo dispoñemos do cartel da tradicional festa para a cal te convidamos a participar e divertirte ¡¡



E comenzan tamén as datas dos nosos participativos magostos, dos cales, como cada ano, vos damos cumplida información.....


Aquí o anuncio do de Toubes con un moi orixinal cartel ¡¡



Acércase tamén a celebración do Samaín, e un ano máis, o local de hostelería da Peroxa BAR IVARI prepara xa a súa festa...



Finalmente, e ante a falta de actividade cultural no noso Auditorio, por un goberno municipal anclado no pasotismo, temos que anunciar para os grandes amantes do teatro do noso concello, a programación que fan os veciños do Concello de Coles no seu Auditorio, cheo de "vida e actividade" cada fin de semana....



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡

jueves, 18 de octubre de 2018

Resumo do pleno do 16 de xullo de 2018

Con máis retraso do habitual por non ter recibido ata fai un par de semanas a acta do pleno celebrado no Concello o 16 de xullo deste mesmo ano pasamos a resumir o que alí aconteceu, para que teñas toda a información de como funciona o noso Concello....que se propón....que se debate....que se aproba....etc.......en definitiva, acceso a INFORMACIÓN ¡¡¡

Esta era a convocatoria e os puntos a tratar:

No seu punto 1, aprobouse por unanimidde a acta anterior.

No punto 2, aprobouse por unanimidade rectificar o acordo da sesión anterior no que se refería a Conta Xeral para poder ser informada aos organos correspondentes.

No punto 3, expuxeronse por parte da Alcaldía as modificacións previstas para o Orzamento 2018, aprobado facía algunhas semanas e onde se modifican algunhas partidas económicas para pago do servizo de basuras, gastos de material, compra de inmobles e tamén para completar as subvencións para os postos de traballo de peón e da gardería, así como para a amortización da débeda actual do Concello.
Neste punto o noso voto foi de abstención por non ter copia dos datos das contías a modificar, sendo tan só comunicadas oralmente polo secretario durante o propio pleno.

No punto 4, comprobamos os decretos da Alcaldía nos días previos a celebración deste pleno.

No punto 5, tendo en conta os innumerables erros e incoherencias, e mesmo "ilegalidades" que temos detectados nas diferentes bases publicadas sobre varios procesos selectivos, e para unificar dentro dunha ordenanza que recolla todolos requisitos presentamos a seguinte MOCION:




Nesta moción, tal e como indicamos, expuxemos os diferentes criterios que se teñen seguido en procesos similares, onde entre outros agravios destaca que por exemplo se lle teñen cobrado 3€ a algúns candidatos que presentaron a súa solicitude nas oficinas municipais do concello, mentras os que as presentaron en algún outro rexistro, ou mesmo vía telemática non efectuaron ese pago tal e como se recolle na Lei de Procedemento Administrativo.




Hai párrafos que poden chegar a considerarse como "ameazas" de quedar fora do proceso, senón se facía uso do envio da documentación por fax, noutra clara petición que non se recolle en ningunha lei que regule os procesos selectivos...




Publican prazos que en algúns casos tampouco se recollen en normativa algunha....



Seguen a solicitar a presentación de DNI cando a lei indica claramente "QUE AS ADMINISTRACIÓNS NON SOLICITARÁN DOCUMENTOS EXPEDIDOS POLAS MESMAS NIN QUE XA OBRAN EN PODER DELAS"....




Tamèn dan como canle de comunicacións coas solicitudes o envio por e-mail, cando por exemplo, non habilitan a opción da Sede Electrónica posta xa en marcha fai varios anos no Concello, pero con nulo uso e onde o propio Concello non é quen de fomentar o seu uso para evitar desprazamentos e gastos innecesarios os posible usuarios....




En canto o tema de rexistro de solicitudes podemos atoparnos como NON TEÑEN REPARO NINGÚN EN MODIFICAR O QUE A LEI MARCA NO QUE SE REFIRE OS HORARIOS DE APERTURA DE ATENCIÓN O CIDADÁ, e neste caso non comprendemos porque non se pode acceder ao rexistro municipal do noso concello dende as 09:00 da maña que é o horario de apertura...




Pero ese despropósito na publicación dos horarios É TAN GRAVE QUE NOS PODEMOS ATOPAR QUE SEGUNDO O PROCESO SELECTIVO QUE SEXA, A UNS SE LLES INDIQUE QUE O HORARIO É DE 10:00 A 14:00 CANDO OUTROS SE LLES INDICA QUE PODEN FACELO DE 09:00 A 14:00 NUN CLARO EXEMPLO DE INCOHERENCIA TOTAL E FALTA DE PREOCUPACIÓN MÍNIMA POR REVISAR AS SÚAS PROPIAS BASES QUE PUBLICAN E QUE ASINA O SR. ALCALDE SIN O MÁIS MÍNIMO ESCRÚPULO ¡¡




Tamèn recollen "instruccións" en algunhas bases que xa recollen as propias Leis de Procedemento, esas mesmas que incumplen cando "obrigan" a enviar a documentación por fax ou e-mail si non se rexistra no concello...




En cada proceso selectivo que se convoca o noso Grupo Municipal Socialista ten reclamado que se cree unha BOLSA DE TRABALLO, cos candidatos que non superen o proceso para poder botar man desa bolsa en caso de ausencia, enfermidade ou mesmo renuncia do candidato escollido como xa ten acontecido en varias ocasións, e sendo un grave problema para o Concello pola falta de persoal, así como tamén pondo en risco a devolución dalgunha subvención económica doutra administración por non poder cumplir co obxetivo marcado......¿POR QUE ENTÓN EN ALGUNS PROCESOS SÍ O RECOLLEN E EN OUTROS NON?....queda aquí tamén demostrado que necesitamos unificar criterios tal e como solicitamos na moción ¡¡¡




FINALMENTE, UNHA DAS NOSAS GRANDES DEMANDAS DENDE FAI XA ANOS, E POLA QUE PELEXAMOS E SEGUIREMOS PELEXANDO.......QUEREMOS QUE A INFORMACIÓN DA OFERTA DE POSTOS DE TRABALLO CHEGUE A TODA A VECIÑANZA E A TODO AQUEL QUE POIDESE ESTAR INTERESADO......CUESTIÓN QUE AO GOBERNO MUNICIPAL DO PP, CON SEU ALCALDE A FRONTE PARECE NON INTERESARLLE ESA OPCIÓN PARA PODER "FACER E DESFACER" A SÚA "MANEIRA" E NON ATOPARSE CON SOLICITUDES DE "CANDIDATOS INESPERADOS".....E POR ISO RECLAMAMOS QUE OS ANUNCIOS DEIXEN DE FACERSE NO XORNAL FARO DE VIGO POLA SÚA ESCASA REPERCURSIÓN INFORMATIVA E PASEN A UN XORNAL DE ACCESO MAIOR POR PARTE DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS COMO PODER SER LA REGION, XA QUE OS ANUNCIOS ACTUALMENTE SE PUBLICAN ASÍ NUNHA PAXINA DO FARO DE VIGO....


CREES QUE É O MELLOR LUGAR??

DESPOIS DE TODO O EXPOSTO, POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL E EN PALABRA DO ALCALDE PROPÓN DEIXAR ESTE DEBATE PARA UN PRÓXIMO PLENO, XA QUE TEÑEN INTENCIÓN DE MODIFICAR ALGÚN ASUNTO, COMO POR EXEMPLO O DO TEMA DO COBRO DE TAXAS POR PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E UNIFICAR UNHAS BASES ÚNICAS PARA OS DIFERENTES PROCESOS.

ACEPTAMOS, AGARDANDO ESAS MELLORAS INDICADAS¡¡

No punto 6, sorprendentemente o Alcalde pide o noso apoio para modificar e rebaixar o IBI do 0,60% actual ao 0,50% e acometer así unha rebaixa que poida COMPENSAR o incremento que vai a sufrir a veciñanza co cobro por alpendres, cabaceiros, galiñeiros...etc.

Por suposto o noso apoio e total, ainda que solicitamos do Concello que faga un estudo para ver si esa reducción pode chegar ata o 0,40% tal e como teñen o resto de concellos da Mancomunidade.

Logo de pasados uns días da celebración deste pleno atopámonos na prensa local coa seguinte noticia...

http://www.laregion.es/articulo/ourense/peroxa-rebaja-impuesto-bienes-inmuebles-050/20180717091444809877.html

E BEN CURIOSA ESTA NOTICIA XA QUE SE DÁ POR FEITO UN ACORDO DE REDUCCIÓN DO IBI CANDO TODAVÍA NON SE TRATOU NIN MODIFICARON AS ORDENANZAS, ENGANANDO O SR. ALCALDE MANUEL SEOANE CLARAMENTE A VECIÑANZA ¡¡

NESTE PUNTO TEMOS QUE RECORDAR QUE XA FAI VARIOS ANOS ESTA PETICIÓN DE REDUCCIÓN FOI PROPOSTA POLOS NOSOS CONCELLEIROS A TRAVÉS DA SEGUINTE MOCIÓN...




NAQUEL PLENO O ALCALDE INDICOU QUE LLE PARECÍA UNHA PETICIÓN "ELECTORALISTA" CANDO NON HABÍA NINGÚN TIPO DE PROCESO A VISTA.......MOI AO CONTRARIO QUE AGORA, XA QUE EN SETE MESES TEREMOS ELECCIÓNS MUNICIPAIS¡¡¡¡¡.....HAI QUE SER CINICO¡¡

....O NOSO ÚNICO OBXETIVO ERA FACILITAR A VIDA DA VECIÑANZA E NON MIRAMOS PARA NADA OS PROCESOS ELECTORAIS HABIDO E POR HABER, NON COMO NO SEU CASO QUE LOGO DE 40 ANOS DE GOBERNO PARECE QUE SE ACORDA AGORA DE PENSAR NOS PETOS DOS VECIÑOS.......OU NON¡¡¡.... XA QUE TEMOS QUE RECORDAR QUE A PETICIÓN DA REVISIÓN E SUBA DO IBI NO FAMOSO "CATASTRAZO" FOI PETICIÓN ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL TAL E COMO SE RECOLLE NESTA IMAXE DO PLENO CORRESPONDENTE.....



Polo tanto, agardamos que non vindeiro pleno se propoña esta rebaixa e se modifiquen as ordenanzas municipais, xa que esa é a vía de facelo legalmente, e non a través dunha proposta neste punto de "escritos e comunicacións" ¡¡¡

No punto 7, presentamos os seguintes ROGOS:


En canto a primeira petición indicar que foi aprobada e xa está realizada a parte de mover o sinal de Travesía perigosa na zona do campo de futbol ¡¡

Sobre o resto da petición seguiremos insistindo...

As imaxes da nosa demanda...





Agora está así despois do cambio de ubicación...


En canto a petición dos beirarúas lembrade o que respostaba o Alcalde fai xa un ano...


E a situación en imaxes da nosa demanda....



En canto a vella petición de arranxo do aparcadoiro do campo de futbol, lembrade esta resposta...SOLUCIONARASE PRONTO¡¡¡¡¡.....e esta contestación e do ano 2012 ¡¡¡

UN NOVO EXEMPLO DE QUE INCUMPRE REITERADAMENTE OS ACORDOS PLENARIOS ¡¡


A resposta dada ao noso rogo nùmero 2 foi que serían arranxados no vindeiro Obradoiro de Emprego que está a piques de comenzar.

A situación leva xa así varios anos....






Esta petición de mellora xa foi realizada no ano 2013¡¡¡......sen facer nada absolutamente o Concello.

Tamén a reiteramos no ano 2016 a travès do seguinte rogo numero 3...


Como acostuma a facer o señor Alcalde e o seu grupo de goberno......admiten o problema, comprometense a arranxalo....pero pasas os dias, as semanas, os meses....e os anos e a situación empeora porque non hai interés ningún en tomar medidas¡¡¡

Naquel pleno do ano 2016 a resposta fora a seguinte...confirmando unha vez máis o exposto.....ACEPTACIÓN DO PROBLEMA PERO SEGUEN DE BRAZOS CRUZADOS ¡¡


No noso turno de PREGUNTAS...presentamos por escrito as seguintes:



En resposta a pregunta 1, manifesta o Alcalde que naide se puxo en contacto co Concello para esta proba.
(triste resposta para un acontecemento que se realiza no noso termo municipal, e máis, tendo en conta que o noso concello ten representación a través dun concelleiro nese Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, pero parece que este é outro exemplo máis de que o goberno municipal anda a outros temas, sen ocuparse nin preocuparse polo que acontece no noso propio Concello ¡¡¡)

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2018/04/27/ribeira-sacra-acogera-mayo-festival-senderismo/00031524830050721804657.htm

https://turismo.ribeirasacra.org/es/rutas/marcha-nordica

Como acontece moitas veces, teñen que ser os nosos concelleiros socialistas os que informen ao propio grupo de goberno do PP o que acontece preto de nós, noutra clara mostra de falta de interés¡¡

En canto a pregunta 2, o Alcalde indica que estamos adscritos a este convenio da Deputación con unha contía de 2.200€

Dudamos destas manifestacións, xa que revisamos diariamente as publicación do Boletín Oficial da Provincia onde se publican estes convenios e o Concello da Peroxa todavía non foi publicado como adscrito a este convenio...

En canto as medidas que o noso Concello tomou ou debe tomar sobre esta nova lexislación......NON HOUBO RESPOSTA NINGUNHA ¡¡

A resposta dada a pregunta 3, foi que o concello recibe 40.000€ para o remate das vivendas da escola de Vilarrubin e a sede da Cruz Vermella, así como 15.000€ para a vivenda de emerxencia social na Peroxa.

Esta noticia foi publicada na prensa local...

https://www.ourensedixital.com/_novas/18/06/12_01.htm

Agardemos que estes convenios se materialicen e sexan unha realidade, xa que con reunións e con fotos como a anterior temos algún outro exemplo onde no caso do noso Concello todo quedou en eso.....na foto do Alcalde, porque todavía estamos agardando polo convenio asinado coa Deputación para formar parte da Rede Provincial de Espazos Culturais donde tal e como se recolle nas seguintes noticias o noso Auditorio tería un evento cultural cada 2 meses..... A REALIDADE XA A COÑECES......NULA ACTIVIDADE ¡¡¡

http://www.depourense.es/index.php/es/mainmenu-noticias-es/2225-deputacion-e-catorce-concellos-asinan-o-convenio-da-rede-provincial-de-espazos-culturais

MENOS FOTOS E MÁIS REALIDADES ¡¡¡

Finalizamos o pleno con un par de preguntas de xeito oral..

1- ¿Porquè non se amplia o Concilia Verán A Peroxa ata a data de inicio e remate das vacacións de verán, asì como tamén o horario para que sexa realmente un programa de CONCILIACIÓN tal e como xa se está a facer noutros concellos?

O Alcalde respostou que en canto as datas cree que non è necesario, e en canto o horario resposta o concelleiro representante no consello escolar Carlos Pereira indica que os pais e os nenos prefiren NON MADRUGAR ¡¡

Pois con esta resposta está todo dito.....¡¡¡...agora ben....SEGUIMOS ENTÓN SEN COMPRENDER O OBXETIVO "CONCILIA" DESTA ACTIVIDADE¡¡

Este era o cartel no noso programa de verán..




E este o cartel da mesma actividade feita pola mesma empresa no Concello de Boboras....onde as datas son máis amplas abarcando todo o periodo vacacional e tamén un horarios que realmente facilita a compatibilización coas xornadas laborais dos pais¡¡¡

Tamén é destacable a creación de 2 grupos atendendo as idades e incluíndo dende os 3 anos¡¡



Supoñemos que estas pequenas ampliacións e "melloras" serían perfectamente asumibles tanto polo Concello xa que recibe subvencións da Deputación de Ourense como tamén da Xunta de Galicia tal e como publicamos na imaxe seguinte, e tamén pola empresa xa que é a que realiza as actividades extraescolares no noso Colexio Pùblico Roberto Blanco Torres.




2- ¿Porqué o noso grupo municipal todavía non tivo resposta a solicitude de reparos dende xaneiro de 2017 e tampouco acceso as facturas dende o 4ª trimestre de 2017?

En resposta habitual o Alcalde indica que por él miremos o que queiramos......pero pola contra non dà, como responsable do Concello, as instruccións pertinentes ao encargado desta materia para que poidamos acceder a esa documentación dentro do noso dereito a información e control da labor municipal....PENOSO ¡¡¡

Finalizamos advertindo ao Alcalde e a o grupo de goberno sobre o coidado e respeto que deben ter as normas vixentes en canto as persoas recentemente censadas e que casualmente coinciden coas persoas que ultimamente obtiveron postos de traballo convocados e que nalgúns casos non son residentes no noso termo municipal ¡¡

ASÍ REMATOU O QUE FOI UN INTERESANTE PLENO.

TES A TÚA DISPOSICIÓN UNHA COMPLETA INFORMACIÓN DE TODO O QUE ACONTECEU PARA QUE ANALICES, VALORES E SAQUES AS TÚAS CONCLUSIÓNS DE COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO O QUE ACONTECE NO NOSO CONCELLO DA PEROXA ¡¡

NON BUSQUES ESTE TIPO DE INFORMACIÓN EN NINGÚN OUTRO LUGAR......NON A VAN A PUBLICAR NUNCA ¡¡¡



jueves, 11 de octubre de 2018

Actividade na fin de semana do 12, 13 e 14 de outubro de 2018

No apartado deportivo, estes serán o partidos para os nosos equipos representativos do Concello:

No fútbol rexional:

A PEROXA C.F - C.D. ALLARIZ:  Domingo 14 as 17:00 no Campo do Marco.


No futbol base:

A.D. BOSCO "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 13 as 12:00 no Campo de Salesianos.

PABELLÓN C.F. "C" - A PEROXA C.F ALEVIN: Sàbado 13 as 11:00 no Campo dos Remedios.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - S.D. NOGUEIRA: Domingo 14 as 11:00 no Campo do Marco.



No fútbol de veteráns non teremos competición.


Tamén seguen con diversas e diferentes probas os compoñentes do PEROXA RUNNING, participando en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:


Aquì temos que informar xa da apertura das inscripcións para unha das mellores e máis agardadas probas..... A SAN MARTIÑO 2018¡¡¡

Toda a información no enlace seguinte:




Unha nova semana temos que publicar o éxito dun dos nosos deportistas dentro do deporte do atletismo, e novamente os parabéns son para ADRIÁN RODRIGUEZ, que acada un novo e meritorio segundo posto....





No futbol sala o representante do concello terá tamén xornada de descanso pola ponte festiva.


Finalizamos no eido deportivo co anuncia dunha proba no veciño Concello de Coles, onde, seguramente participarán moitos veciños e veciñas do noso concello polo gran seguimento e participación que teñen estas probas....



Anunciamos actividades pròximas a súa realización e para as cales xa podes anotarte...





No panorama festivo toca anunciar unha festa enxebre e tradicional como é a da REBADAIRA 2018 EN GULFARIZ ¡¡





COA SÚA TRADICIONAL CEA A QUE DEBES ANOTARTE E PARTICIPAR¡¡



Outra destacada festa é a que se celebrará mañá venres 12 festividade do Pilar en Peares ¡¡




Tamén dispoñemos do cartel doutra tradicional festa para a cal te convidamos a participar e divertirte ¡¡



E comenzan tamén as datas dos nosos participativos magostos, dos cales, como cada ano, vos damos cumplida información.....


Aquí o anuncio do de Toubes con un moi orixinal cartel ¡¡



Finalmente, e ante a falta de actividade cultural no noso Auditorio, por un goberno municipal anclado no pasotismo, temos que anunciar para os grandes amantes do teatro do noso concello, a programación que fan os veciños do Concello de Coles no seu Auditorio, cheo de "vida e actividade" cada fin de semana....



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA ÙNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡