Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 19 de noviembre de 2013

Seguen as celebracións dos magostos populares ¡¡

Os veciños e veciñas dos pobos e parroquias do Concello da Peroxa seguen coas celebracións tradicionais dos magostos.

Este vindeiro fin de semana, concretamente o sàbado 23 celebrarase no pobo de Gulfariz.

Seguramente son moitos os que noutros lugares do concello tamén terán lugar, polo tanto, animamos a veciñanza a participar nesta tradicional festa.

Este è o cartel co que se anuncia o de Gulfariz.....


 PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario