Unha vez máis, non dudamos en recoñecer ao concello esta boa actuación que se levou a cabo na contorna do Castelo da Peroxa, para de novo, darlle un impulso, e dunha vez por todas, traballaremos para que esta xoia do noso patrimonio deixe de ser unha gran descoñecida e se promocione como se merece, tanto pola súa estructura e historia, como tamén pola súa contorna, un lugar para disfrutar e ofrecer os nosos visitantes.
A actuación consistiu na instalación de alumeado no contorna e sobre a fachada do Castelo da Peroxa, que o fai resaltar todavía máis a súa estampa nas oscuras noites.
Un motivo máis para seguir na liña destes últimos anos, onde a través da inciativa dos hosteleiros e comerciantes da Peroxa, e coa colaboración do Concello se lle está a dar a importancia que este lugar merece con actividades e eventos que tardaron moitos anos en levarse a cabo.
A nova imaxe nocturna deste noso emblemático lugar é a seguinte.....
Esta obra foi financiada pola Axencia de Turismo de Galicia:
Sobre a situación de abandono no que se atopaba este lugar e a súa contorna foi xa levado a pleno en diferentes ocasións polos nosos concelleiros socialistas para denunciar a súa situación e solicitar actuacións de mellora que puxeran en valor este lugar, que como xa dixemos, pero reiteramos de novo, ten que pasar a ser un dos lugares de obrigada visita de todos aqueles que veñan o noso Concello, e seguir na liña de eventos e actos neste lugar para que sexa coñecido por tod@s ¡¡
A través deste blog xa lle temos adicado letras e imaxes para dar a coñecer a situación incial na que se atopaba esta paraxe.
Este foi un dos artigos iniciais ao respecto....
http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/04/esta-e-realidade-actual.html
A raíz deste artigo e das nosas propostas levadas a Pleno, acometeronse un serie de melloras tal e como recollemos posteriormente noutro artigo:
socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/11/melloras-solicitadas-e-realizadas.html
FINALIZAMOS ESTA PUBLICACIÓN DESEXANDO UN BO USO DESTA NOVA ACTUACIÓN E UN MANTEMENTO PERIÓDICO DESTE LUGAR PARA MANTER NUN ESTADO DIGNO DE CONSERVACIÓN PARA QUE TANTO OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS COMO OS POTENCIAIS TURISTAS DISFRUTEN DAS INSTALACIÓNS.
SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO CONCELLO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario