Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 7 de noviembre de 2013

Seguimos cumprindo cos nosos compromisos ¡¡¡

Como ben se indica no titular do artigo, seguimos cumprindo cos compromisos adquiridos diante da veciñanza do Concello que nos colocou na oposición para traballar pola mellora do noso concello.

Dende o primeiro instante puxémonos a nosa labor de información, control da actividade municipal, aportando propostas de mellora e denunciando as moitas anomalías existentes en todo o territorio municipal.

Labor que como é de todos coñecido non é ben recibida polos mandatarios municipales que non atenden a prácticamente ningunha proposta e negando as deficiencias existentes dende xa fai moitos anos no Concello da Peroxa, chegando a obter nos propios plenos, os cales trasladamos todas as peticións, respostas de todos coñecidas por parte do Sr. Alcalde que unha e outra vez e ante a falta de argumentos polas evidencias que lle propoñemos manifesta......"neste concello os veciños e veciñas elixironnos a nòs para gobernar e nos decidimos cando e como se fan as actuacións".

Unhas manifestacións que son totalmente certas no seu contido, pero que demostran unha actitude pouco colaboradora pensando no beneficio da poboación, que polo menos dende a nosa Agrupación Municipal Socialista a través dos seus 3 concelleiros e resto de colaboradores é polo único fin que traballamos cada día.

Estes comentarios previos sirven para introducir a confirmación posterior en imaxes da nosa presencia nos pobos e parroquias do concello, dando a coñecer diante dos veciños e veciñas a travès do reparto dos boletins informativos o noso punto de vista sobre a situación actual do Concello da Peroxa, así como tamèn para tomar nota das incidencias e anomalías que os propios veciños nos trasladan para unha peticións de subsanación, dentro do noso compromiso de coñecer periódicamente e de primeira man as moitas necesidades de mellora que precisan os nosos pobos.



REPARTINDO OS BOLETÍNS INFORMATIVOS DESTE ANO 2013 NAS PARROQUIAS DE MIRALLOS E SAN CRISTOBO DE SOUTO.


Denunciamos aquí públicamente, e o  faremos como é habitual no vindeiro Pleno Ordinario a petición de mellora do estado lamentable no que se atopa a estrada que atravesa o pobo de Mirallos, dificultando o tránsito de vehículos e de peòns, solicitando unha mellora urxente desta vía.




Tamén voltaremos a insistir unha vez máis, e xa sería a terceira sobre o arranxo da estrada no pobo de Bouzasvedras, que como indicamos solicitamos xa o seu arranxo nunha primeria ocasión nunha pregunta sobre a situación o 27 de abril do ano 2012, onde o Sr. Alcalde respostou no pleno do 9 de xullo dese mesmo ano 2012 indicando que "se arranxará cando paso pola zona unha brigada de asfaltos da Deputación".


COMO PODEMOS COMPROBAR A SITUACIÓN DAQUELA ERA A SEGUINTE AMOSADA EN IMAXES:





POSTERIORMENTE, UN ANO DEPOIS POIDEMOS COMPROBAR COMO A SITUACIÓN XA NON ESTABA IGUAL, SENÓN PEOR ¡¡¡¡

O QUE INDICABA QUE DURANTE UN ANO ENTEIRO NAIDE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PASARA POLA ZONA PARA NINGÚN TIPO DE ARRANXO COMO PROMETERA O SR. ALCALDE.

Voltamos a solicitar por escrito con data do 14 de marzo de 2013 o seu urxente arranxo como se pode amosar no seguinte documento na pregunta nùmero 3:




A resposta foi dada de novo polo Alcalde no Pleno do 27 de marzo de 2013 indicando textualmente segundo se pode comprobar na acta do pleno....."os tempos das actuacións marcámolos nós".

Resposta que da novamente mostra do tipo de respostas que o Sr. Alcalde manifesta nos plenos ante as peticións de mellora feitas polos nosos concelleiros para as melloras necesarias nos pobos e parroquias do Concello da Peroxa, como xa indicamos na introducción deste artigo.

OS TEMPOS MARCARANOS ELES PERO OS VECIÑOS E VECIÑAS SON OS QUE SUFREN AS SUÀS NEGLIXENCIAS E PASOTISMO DIANTE DAS NECESIDADES DO CONCELLO. 

NOVAMENTE POIDEMOS COMPROBAR QUE XA METIDOS NO MES DE NOVEMBRO DE 2013 A SITUACIÓN SEGUE EMPEORANDO COMO VOLTAN A AMOSAR AS IMAXES.......





 ESTA MESMA SITUACIÓN TAMÉN SE DÁ NO VECIÑO POBO DE BESTEIROS ONDE TAMÉN SOLICITAMOS EN VARIAS OCASIÓNS O ARRANXO DA PISTA CARA O POBO DENDE A CARRETERA E QUE PRESENTABA ESTE LAMENTABLE ASPECTO...


ESTA É A REALIDADE DO NOSO CONCELLO, OUTRO EXEMPLO MÁIS DOS MOITOS QUE AQUÍ PODERÍAMOS EXPOÑER ONDE AMOSAN O INTERÈS QUE TEN O SR. ALCALDE E O SEU GRUPO DE CONCELLEIROS, COMPLICES DESTAS ACTUACIÓNS.

AGARDEMOS QUE CON SORTE, PARA O VINDEIRO ANO 2014 ALGUNHA DESTAS MELLORAS SOLICITADAS SE EXECUTE TENDO EN CONTA QUE TEMOS ELECCIÓNS E TAMÉN ESTAMOS XA ACERCÁNDONOS A UNHAS NOVAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS ONDE A VECIÑANZA DA PEROXA NOVAMENTE TERÁ QUE ELEXIR OS MANDATARIOS PARA O SEU CONCELLO, DESEXANDO DENDE A NOSA AGRUPACIÓN QUE A MEMORIA E UN VISTAZO A SITUACIÓN QUE VIVEN E SUFREN EN CADA POBO SIRVA DE REFLEXIÓN ANTES DESA IMPORTANTE DECISIÓN.


SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POR MELLORAR O NOSO CONCELLO ¡¡¡









No hay comentarios:

Publicar un comentario