Anunciamos o seguinte acto que se vai a celebrar no veciño Concello de Amoeiro, sobre unha nova problemática surxida con un colectivo abundante en Galicia, en Ourense e mesmo no noso Concello de A Peroxa, como son os dos emigrantes que agora, despois de moitos anos de traballo lonxe da súa terra e das súas xentes atópanse cun problema inesperado que afecta gravemente as súas economías.
Todos os interesados/as poden acudir a este acto, así como, tamén informamos que de ser de interese para a nosa veciñanza poderíamos organizar un semellante para informar os afectados/as do Concello da Peroxa.
Quedamos a vosa disposición para calquer consulta sobre o tema.
ACUDE E CONSULTA AS TÚAS DÚBIDAS SOBRE O TEMA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario