Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 14 de noviembre de 2013

Peticións de mellora solicitadas

Novamente e de cara o vindeiro pleno deste mes de novembro presentaremos os rogos correspondentes solicitando as melloras en algunhas das anomalías que nos fan chegar veciños e veciñas dos pobos e parroquias do Concello.

Unha das peticións será a reparación definitiva do estado deteriorado en parte do treito da estrada que vai dende a zona de Gulfar-Casarizas ata Verdelle e que é usada frecuentemente pola veciñanza da zona para os seus desprazamentos e que sufren nos seus vehículos as consecuencias deste abandono.

Esta anomalía xa foi reclamada con anterioridade polo deterioro que se produciu pola circulación de camións de gran tonelaxe por esta vía que é de recente construcción e que non estaba preparada para a circulación destes vehículos, entre os que se atopaba o do propio do Sr. Alcalde na súa labor empresarial con madeira sacada de montes da zona.

Tristemente nas seguintes imaxes amosamos a LAMENTABLE reparación que se fixo para reparar a vía, xa que esta consistiu en tapar os baches.....CON TERRA ¡¡¡¡

As imaxes falan por sí soas ¡¡¡



 Tamén precisa unha reparación urxente un camiño de acceso as fincas que se atopa na carretera que vai cara os pobos de Bustos e Turbisquedo dende o cruce de Mirallos e que presenta este lamantable estado dificultando claramente a circulación dos vehículos agrícolas.

As imaxes do seu estado son as seguintes:




Finalmente, e tamén despois de ter escoitado varias peticións veciñais pola ausencia dunha correcta sinalización dos pobos da parroquia de San Cristobo de Souto, debido a que os conductores que non coñecen a zona teñen dificultades para acceder dende o cruce existente preto do pobo de Fontefría.

A sinalización existente è xa de fai moitos anos e ten deficiencias, xa que no caso de que algún vehículo de emerexencias, como pode ser unha ambulancia que precise chegar a pobos desta parroquia unha vez chegados a este punto a sinalización é escasa ou inexistente, complicando así unha posible atención con rapidez, perxudicando e pondo en risco os veciños e veciñas destes pobos.

Polo tanto, solicitaremos unha mellora das indicacións os pobos desta parroquia neste punto que facilite o acceso a pobos da parroquia: Bustos, Turbisquedo, Turzavella, Moreda, Vilasusá......

Estas son as imaxes que amosan as deficiencias expostas:





ESTAS E OUTRAS PETICIÓNS DE MELLORA SERÁN SOLICITADAS A TRAVÉS DOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS OS MANDATARIOS MUNICIPAIS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA.

APROVEITAMOS PARA SEGUIR SOLICITANDO A COLABORACIÓN DA VECIÑANZA DO CONCELLO PARA QUE NOS FAGAN CHEGAR AS SUAS NECESIDADES DE ARRANXO DAS MOITAS E DIFERENTES ANOMALÍAS EXISTENTES EN TODO O TERMO MUNICIPAL.

AS NOSAS CANLES DE COMUNICACIÓN COMA SEMPRE ESTÁN A VOSA DISPOSICIÓN.





No hay comentarios:

Publicar un comentario