Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 29 de junio de 2018

Actividade no concello na fin de semana do 30 de xuño e 1 de xullo de 2018

Os compoñentes do  A PEROXA CF, rematan a tempada con outro evento destacado, como é o TORNEO BENEFICO "AMISTADE 2018", onde a parte de deporte e convivencia, terá un marcado caracter benéfico coa recollida de alimentos, a cal vos convidan a tod@s a participar.

Este é o cartel do evento...

E estes os horarios previstos de competición....



Os compoñente do equipo de atletismo PEROXA RUNNING terán presencia, unha semana máis, en algunha das probas que marca o calendario...

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

No eido festivo destacan as festas do San Antón 2018 na Peroxa co seguinte cartel...


Tamén vos adiantamos o que seràn as festas de San Xès con este cartel...



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMO, E SEGUIREMOS SENDO O ÚNICO LUGAR DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡


martes, 26 de junio de 2018

Outra mostra màis de que as nosas propostas iban non bó camiño...¡¡¡

De novo, e lamentablemente, para os intereses do noso Concello, traemos a este blog un interesante artigo onde se demostra e argumenta claramente, que algunhas das nosas primeiras propostas, e que como outras moitas, FORON REXEITADAS POLO ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS, iban ben encamiñadas a mellorar a seguridade nos nosos pobos e parroquias, pero dende o grupo de goberno municipal esas medidas parecían non interesar....

A noticia recentemente publicada na prensa local deixa ben as claras cales son algunhas das medidas que podemos levar a cabo nos nosos pobos....

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/laza/2018/06/01/provincia-lidera-construccion-tanques-contra-incendios-galicia/0003_201806O1C3991.htm

Unhas medidas de fácil execución e que ben poden servir para unha primeira intervención rápida en casos de incendios nos nosos pobos ou montes, facilitando un punto de carga axeitado para tanto as motobombas como en algúns casos concreto mesmo os helicópteros de extinción de incendios....

A notica incluso recolle a opción de subvencións por parte da Xunta de Galicia para a construcción ou habilitación dos tanques xa existentes...

Neste punto, non queda máis que lembrar o que fora a nosa moción presentada ao Pleno do Concello no xa lonxano ano 2012 para a súa aprobación, en canto a unha serie de medidas a realizar nos nosos pobos, que como xa indicamos, foi REXEITADA polos votos en contra do goberno do Partido Popular, que se desentendeu destra grave problemática, que anos despois temos que indicar que sufrimos graves incendios forestais nos nosos montes, con evidente perigo para a poboación e tamén tivemos que lamentar algún incendio en vivendas, sen que se poidera actuar coa dilixencia necesaria por carecer dos medios axeitados.



A noticia anterior sobre a construcción de tanques tamén en imaxe....



As nosas argumentacións en imaxes eran máis que evidentes de que estas actuacións de mellora eran unha necesidade....






Recordamos, para aqueles que teñen a memoria "fráxil" o que argumentaba o Alcalde para NON APOIAR ESTA NOSA PROPOSTA.....


O noso Grupo Municipal Socialista, vista a situación de falta de interès por parte do Goberno Municipal do PP, emitía a seguinte nota de prensa...



A pesar de tódolos nosos intentos, o equipo de goberno seguía a mirar cara outro lado, tendo en conta incluso os graves incendios que se produciron no noso Concello, e onde algunha das medidas propostas ben terían minimizado algúns dos graves daños causados...



https://www.lainformacion.com/catastrofes-y-accidentes/incendios/el-incendio-a-peroxa-deja-el-nivel-uno-en-una-jornada-con-cuatro-incendios-en-ourense_ATFDO5QEZ94jq02TFgsng6/

Relacionado tamén coa nosa proposta, vemos con certa envexa, como outros concellos sí se toman en serio o da prevención de lumes e toman decisións encamiñadas a garantir a seguridade da súa veciñanza e dos seus pobos...

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/06/06/parada-sil-aporta-41-mangueras/1905707.html

Unha mínima inversión en seguridade de escasos 40.000€ que no caso do noso Concello lles parece un gasto excesivo¡¡¡¡¡j......casualmente os cartos que cobran do Concello o Sr. Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo anualmente ¡¡.....CUESTIÓN DE PRIORIDADES¡¡¡¡

No caso do noso Alcalde prefire "sair nas fotos" de convenios ou acordos conxuntos con outros concellos para a creaciòn dun SERVIZO COMARCAL DE BOMBEIROS, onde tal e como indica noticia seguinte o noso concello da Peroxa estará incluìdo e onde se publica, cando menos, dende a nosa opinión, o dubidoso dato de que se GARANTE UN TEMPO DE RESPOSTA MEDIA DE 20' ¡¡¡, que tal e como é o noso territorio resultará totalmente imposible de poder cumplir, e onde nestes casos de emerxencia o tempo de resposta é a cuestión primordial ¡¡¡

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/04/12/xunta-quiere-activar-servicio-comarcal/1871272.html

A foto de rigor, onde o noso Alcalde e quen de posar, sen aportar a esta situación unha soa medida propia no seu termo municipal, deixando o noso Concello únicamente a boa actuación deste servizo, que lembramos, tal e como se indica na propia noticia.....ESTÁ TODAVÍA SEN CREAR, E POLO TANTO SEN FUNCIONAR¡¡¡



POLO TANTO, E RESUMINDO.....ESTA ÚLTIMA É A ÚNICA "MEDIDA" QUE O NOSO CONCELLO OFRECE EN CUESTIÓN DE SEGURIDADE ANTE A PERIGOSA LACRA DOS INCENDIOS ¡¡¡

CON ESTA PUBLICACIÓN, VOLTAMOS A FACER UNHA PETICIÓN PÚBLICA, E DE SER O CASO, TAMÉN NO CONCELLO, PARA QUE ESTAS MEDIDAS SOLICITADAS NO SEU DÍA SE ACEPTEN E SE LEVEN A CABO NO CONCELLO DA PEROXA NA BÚSQUEDA E MELLORA DAS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE DOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS¡¡¡

TAN SÓ FALTA QUE OS RESPONSABLES MUNICIPAIS DUNHA VEZ POR TODAS, TRABALLEN NUNHA LIÑA POSITIVA DE ACEPTAR PROPOSTAS, QUE TAL E COMO SE TEN DEMOSTRADO NESTE ARTIGO, TANTO CON ARGUMENTOS DE PRENSA COMO COAS IMAXES PUBLICADAS, QUE OS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS SE ANTICIPABAN XA FAI VARIOS ANOS A MEDIDAS QUE HOXE SE PUBLICAN COMO "ESTRELA" POR PARTE DALGÚNHAS ADMINISTRACIÓNS¡¡¡

SEGUIMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

GRACIAS POR LEER.......ANALIZA, REFLEXIONA.....PERO SOBRE TODO......SACA CONCLUSIÓNS ¡¡¡¡

viernes, 22 de junio de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 23 e 24 de xuño de 2018

Os nosos equipos representativos teñen unha última "actuación" que será a cargo do equipo Alevin do A PEROXA CF  no Torneo de Maceda este domingo día 24.

Tamén vos anunciamos o que será o derradeiro evento organizado por este mesmo clube antes do merecido descanso vacacional, que non será outro, que o xa tradicional TORNEO DA AMISTADE de fútbol 7 no Campo do Marco a vindeira fin de semana, e que chega xa a súa quinta edición.

Anunciado a través deste cartel......ANÍMATE E PARTICIPA ¡¡


Os rivais e horarios do torneo de Maceda serán os seguintes...


Os representantes do PEROXA RUNNING de Atletismo disputarán algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana...

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Tamén toca anunciar un clàsico evento, que se celebra dende fai anos dentro do programa das festas de Ourense, e que neste ano alcanza xa os 50 anos ¡¡

¡¡ O DESCENSO DO MIÑO EN PIRAGUA ¡¡

Este é o seu cartel...



Tamén a prensa local recolle este aniversario da proba...

http://ourensedeportivo.com/piraguismo/o-descenso-do-mino-en-piragua-celebra-as-vodas-de-ouro-coa-participacion-de-500-palistas/

Para os moitos aficionados ao mundo do cabalo, unha cita interesante no veciño Concello de Coles mañá sábado...



No apartado festivo, anunciamos para a vindeira fin de semana as Festas da Peroxa 2018, con un máis que interesante cartel....



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡


viernes, 15 de junio de 2018

Actividades no concello na fin de semana do 16 e 17 de xuño de 2018

Rematadas as competicións oficiais dos equipos representativos do noso Concello no fútbol quedan tan só a participación en torneos de futbol base, que neste fin de semana de novo, o A PEROXA CF organiza un de futbol 8 para as categorías Alevin, Benxamin e Prebenxamin, anunciados e promocionados a través do seguinte cartel, e que de novo é outra ocasión onde o noso pobo será a referencia do fùtbol base coa asistencia de numerosas persoas que visitaran o noso concello¡¡

Cos seguintes horarios....

E tamén, como en anos anteriores, dende o clube queren destacar a actividade deportiva noutros deportes onde algúns dos nosos veciños e veciñas teñen unha presencia relevante, e neste ano serán os seguintes os que teñen eses recoñecemento....


Os representantes no atletismo do equipo PEROXA RUNNING, participarán en algunha das probas que marca o calendario...

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Seguen tamén as nosas festas patronais, desta vez toca na parroquia de Mirallos.



Tamén seguen con iniciativas os locais de hostelería do concello..




Destacada proposta para os màis cativos a que se fai dende o concello para este verán coa denominación de "concilia verán"....


Recoñecemos que é unha moi boa inicitativa, pero tamén temos que indicar que dificilmente se pode CONCILIAR a vida laboral e familiar con eses horarios, sobre todo co comenzo as 10:30 da maña.

Tamén lembramos que os nosos peques estarán de vacacións dende o venres 22 de xuño ata o venres 7 de setembro, e polo tanto quedan días onde os pais e nais terán dificultades para realmente ter unha xusta e necesaria CONCILIACIÓN.

SIRVA COMO EXEMPLO DUNHA BOA PLANIFICACIÓN DESTA ACTIVIDADE A QUE SE FAI NO CONCELLO DE BOBORAS, ONDE A MESMA EMPRESA TERA ESTA ACTIVIDADE DE VERAN NAS DATAS NECESARIAS E CUN AMPLO E NECESARIO HORARIO DE 08:00 A 14:30

Polo tanto, preguntámonos porque o noso Concello non asume esa mesma programación???

Sempre a remolque das situacións ¡¡


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

lunes, 11 de junio de 2018

Predicar co exemplo...¡¡¡

A Xunta de Galicia e os concellos este ano inundaron a prensa con noticias relacionadas coa limpeza das fincas dos propietarios preto dos núcleos urbans, para "recordar" que había que cumplir coa Lei de Montes, que xa leva moitos anos en vigor, pero que dende as administracións se miraba cara outro lado, chegando a graves consecuencias como os perigosos incendios do pasado ano que se cobrou a vida de persoas.

Algún dos exemplos das noticias publicadas na prensa, sobre a data límite para executar as limpas....

www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/multas-propietarios-no-limpien-sus-fincas-antes-31-mayo/idEdicion-2018-04-19/idNoticia-1111017/

Foron varias as "advertencias" que dende a Xunta de Galicia se fixo sobre este necesario asunto...

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/04/20/medio-rural-aprieta-propietarios-concellos-evitar-catastrofes/0003_201804G20P7992.htm

Mesmo, por parte da Xunta se cuantificaban as posibles sancións en caso de non cumplir coa normativa vixente...

https://www.farodevigo.es/galicia/2018/04/20/duenos-fincas-desbrocen-junio-afrontan/1876143.html

Pola complexidade no noso rural en cando a localización de propietarios, e pola dificultade de executar todas as limpas que a lei marca, a propia Xunta "aflouxaba" a exixencia....

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/06/01/propietarios-fincas-recibiran-aviso-multados/0003_201806G1P20991.htm

A propia Xunta tamén indica a posibilidade da "denuncia" por parte da veciñanza como medida de presión para actuar con dilixencia nos casos máis graves, e seguen coas súas advertencias de multas económicas...

http://www.radiolider.com/noticia/medio-rural-advierte-que-a-partir-del-viernes-apercibira-y-multara-por-no-tener-limpios-los-montes

Lembramos que esta normativa obriga ao seu cumprimento tanto a particulares como administracións, tal e como se recolle na mesma, e que no caso que nos afecta no Concello da Peroxa, así o trasladaron a veciñanza coa colocación dos Bandos Informativos seguintes...



Para unha correcta información aos veciños e veciñas sobre este asunto, a nosa Agrupación Municipal Socialista solicitou no correspondente pleno a través do Rogo seguinte a realización de charlas sobre este asunto de máximo interès.


Esta proposta foi aceptada e convocouse a veciñanza a unha xuntanza no Auditorio da Peroxa para informar desta situación, que se anunciou do seguinte xeito...



Lamentablemente a asistencia non foi a agardada, xa que tampouco a información foi a correcta, faltando unha colocación de Bandos Informativos en cada pobo....

Logo de todas estas publicacións, advertencias, etc.....non entendemos como o noso Concello da Peroxa segue, como cada ano, a incumplir os plazos, e sobre todo PREDICAR CO EXEMPLO  de ser a tamén a administración responsable de ter as nosas estradas en condicións dignas de limpeza de maleza, xa non só polo perigo para os incendios, senón como MEDIDA DE SEGURIDADE VIAL, tanto para vehículos como para peòns.

SOLICITAMOS UNHA ACTUACIÓN URXENTE E AXEITADA AS NECESIDADES DA POBOACIÓN E TAMÉN PARA CUMPLIR COA NORMATIVA VIXENTE XA QUE A MAIOR PARTE DAS NOSAS ESTRADAS ESTÁN NO LAMENTABLE ESTADO TAL E COMO SE COMPROBA NAS IMAXES SEGUINTES....







SEGUIMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡


jueves, 7 de junio de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 9 e 10 de xuño de 2018

Escasa actividade competitiva queda para os equipos representativos do Concello, tan so na Copa de veteráns co seguinte partido "oficial":


LLOVIZNA - ANTELA: Sàbado 9 as 17:00 no Campo do Marco.


Volve a ser tamén protagonista este sábado 9 pola maña o Campo do Marco nun novo evento organizado pola Delegación de Fútbol de Ourense e coa colaboración do A PEROXA CF, onde se celebrarán as fases finais da Copa Deputación nas categorías Infantil e Prebenxamin.


Este e o seu cartel e horarios dos encontros:



Tamén os equipos Alevin e Prebenxamin do A PEROXA CF terán participación en torneos e e amigables, como son para os Alevins o Torneo de Barbadas cos equipos e horarios seguintes, así como un interesante amigable que disputará o equipo Prebenxamin nos Peares, diante do equipo local, dentro do programa das Festas da Granxa.

O partido do equipo Prebenxamin será as 17:00 no Pabellón dos Peares.



Segue a actividade para os practicantes do atletismo con diversas probas tal e como marca o calendario:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Recordade que mañà venres pola tarde, teremos polas nosas estradas o paso do Ralli de Ourense 2018, disfrútao pero con precaución ¡¡





A continuación outros eventos relacionados co deporte en Concellos veciños:





Esta proba de natación tamén tivo a súa presentación na prensa local:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2018/05/23/os-peares-inicia-calendario-circuito-aguas-abiertas/0003_201805O23C10993.htm

Agora toca facer repaso as celebracións festivas, que neste caso serán na zona dos Peares, concretamente no Granxa, con este cartel:





Tamén informamos dun campamento que se celebrará a principios de xullo nos Peares, e que estará subvencionado con 100€ para os nenos e nenas empadroadas no noso Concello ¡¡


Supoñemos que xa terás feitas as túas reservas para un dos eventos anuais máis destacados que se celebran no Concello da Peroxa.....A FESTA DA CARNE ¡¡¡



Neste evento tamén haberá unha acto formativo...






APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

viernes, 1 de junio de 2018

Actividade no concello na fin de semana do 2 e 3 de xuño de 2018

Pouca actividade competitiva queda para os equipos representativos do Concello, tan na liga de veteráns e na copa de futbol sala onde teremos os seguintes partidos "oficiais":

No fútbol de veteráns:

ATL. PEROXA - BARBANTES: Sàbado 2 as 16:45 no Campo do Marco.

AA CLINIC - LLOVIZNA: Sàbado 2 as 17:30 no Campo do Poligono.


No fútbol-sala:

KARLASCA/VIVIAN FS - OS PEARES FS: Sàbado 2 as 18:00 no pabellón da Carballeira.


Volve a ser tamén protagonista este sábado 2 pola maña o Campo do Marco nun novo evento organizado polo A PEROXA CF, onde se celebrará un interesante Triangular de categoría Infantil para disfrutar do mellor fútbol de base.

Estes son o seu cartel e horarios dos encontros:



Tamén os equipos Alevin e Prebenxamin do A PEROXA CF participarán nun Torneo de futbol sala organizado polos veciños do equipo de futbol sala do Concello de Coles, con este cartel de partidos:



Segue a actividade para os practicantes do atletismo con diversas probas tal e como marca o calendario:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Aquí neste punto, toca de novo, facer unha reseña e unha nova felicitación ao noso atleta Javier Rodriguez que de novo acada un exito destacado, e nada máis e nada menos que de caracter internacional como foi en terra de Portugal, en Melgaço....PARABÉNS ¡¡




A continuación outros eventos relacionados co deporte:

Tamén vos vamos anunciando algúns eventos para as vindeiras semanas, tanto no noso concello como nos limítrofes para que vaides facendo os vosos plans, ou mesmo xa as vosas inscripcións ¡¡




Esta proba de natación tamén tivo a súa presentación na prensa local:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2018/05/23/os-peares-inicia-calendario-circuito-aguas-abiertas/0003_201805O23C10993.htm

Agora toca facer repaso as celebracións festivas, que neste caso serán na zona dos Peares, concretamente no Granxa, con este cartel:



Dentro do eido cultural, e ante a nula oferta do noso Concello, que pareceu esquecerse deste importante apartado para a nosa poboación, e todo isto, tendo en conta que agora contamos con un Auditorio recentemente estreado, pero que segue pechado a cal e canto, ausente totalmente de actividades para a veciñanza, e a pesar de ter no Concello, según ten indicado o señor alcalde dous concelleiros denominados como "de cultura" e outro "de actividade e eventos" ¡¡¡....CURIOSA SITUACIÓN ¡¡¡

Polo tanto, seguimos a informar de actividades que propón o veciño concello de Coles no seu Auditorio que sí ten programación cada fin de semana, sendo unha referencia cultural da comarca....




Tamén informamos dun campamento que se celebrará a principios de xullo nos Peares, e que estará subvencionado con 100€ para os nenos e nenas empadroadas no noso Concello ¡¡


Podes ir xa facendo as túas reservas para un dos eventos anuais máis destacados que se celebran no Concello da Peroxa.....A FESTA DA CARNE ¡¡¡



Finalizamos indicando que domingo día 3 celebraremos en San Ciprián a tradicional feira mensual ¡¡



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡