Unha infraestructura pola que tivemos que agardar para o seu remate definitivo máis de 20 anos......e na que as opinións son moi diversas e variadas, unha vez analizados os seus pros e contras.
Certamente a melloría en canto a accesos o Concello é evidente se o comparamos coa precariedade que tiñamos anteriormente.....pero a duda é si realmente esta obra está a altura e se corresponde coas características que debería ter unha obra feita no século XXI, ainda que con proxecto do século pasado.
Temos visto estos días pasados multitude de artigos na prensa sobre reunións, manifestacións, propostas e tamén protestas sobre a seguridade do tramo da N-525 entre Ourense e Cambeo, que nos afecta a case todos os veciños e veciñas da Peroxa, pola súa extrema perigosidade e que xa nos ten deixado multitude de accidentes e víctimas entre as que se atopaban coñecidos, veciños, veciñas e mesmo familiares....e que lamentablemente ese perigo sigue existindo xa que as medidas lonxe de buscar solucións, parece van encamiñadas màis o afán recaudatorio que a propia seguridade dos usuarios.
Opinamos pois, e tomando como exemplo o exposto no párrafo anterior, que esa mesma situación se está a dar nesta "nova carretera", debido os xa múltiples accidentes, por sorte, de momento....sen víctimas mortais, ainda que con danos graves materiais nos vehículos afectados, e case todos centrados únicamente nun punto da vía, como é a perigosa curva de Mira.
No caso indicado da nacional dende Ourense podemos ter en conta os xa moitos anos da construcción e tamén das modificacións feitas no seu trazado, pero NESTA OBRA RECENTE DA "CARRETERA NOVA" FAISE MOI DIFÌCIL ENTENDER COMO OS RESPONSABLES DESTA VÍA PERMITEN ESTE PERIGOSO TRAZADO CON CURVAS QUE MÁIS BEN PARECEN PROPIAS DE CARRETERAS DO SÉCULO PASADO ¡¡¡....e que tristemente o tempo está a confirmar o tremendo erro no seu proxecto.
Unha carretera na que día sí e día tamén se producen todo tipo de accidentes, sobre todo en días con choiva, pero tamén en seco, a pesares dos moitos esforzos por sinalar a extrema perigosidade da curva antes indicada con carteis e sinais varias......O PROBLEMA NON É DE SINALIZACIÓN SENÓN DO SEU MAL TRAZADO ¡¡¡
Nas imaxes seguintes amosamos exemplos varios dos accidentes recentemente producidos....
Accidente producido este pasado domingo 10 de agosto...
Accidente producido o pasado sábado 2 de Agosto...
Restos dun grave accidente ocurrido a principios do verán...
E LAMENTABLE QUE MESES DESPOIS DA SÚA ESPERADA APERTURA SEXAN XA MOITAS AS VOCES QUE PIDEN A SÚA MELLORA PARA NON TER QUE LAMENTAR GRAVES CONSECUENCIAS PERSOAIS ¡¡¡¡
Unha estrada que como xa indicamos anteriormente ten zonas altamente perigosas no seu trazado, e na que nos podemos atopar no seu curto percorrido con infinidade de sinais que nos indican constantemente esa perigosidade e na que a velocidade está claramente limitada segundo indica a sinalizaciòn...
LIÑA CONTÍNUA QUE IMPIDE O ADIANTAMENTO EN CASE TODO O SEU RECORRIDO
LIMITES DE VELOCIDADE...
UNHA DAS CURVAS PERIGOSAS DO TRAZADO...
ESTA É DAS ÚNICAS ZONAS DE ADIANTAMENTO, E A VELOCIDADE MÁXIMA EN TODA A VÍA TAN SÓ NESTE CURTO TRAMO...
AQUÍ A CURVA CITADA E NA QUE SE PRODUCIRON XA MOITOS ACCIDENTES TANTO NUN SENTIDO COMA NOUTRO...
Unha carretera que xa tivo que ser reparada en varias ocasións por algunhas deficiencias importantes como as que amosan as imaxes seguintes, e que pon de manifesto a pouca calidade da súa execución...
Badenes que se aprecian claramente....
Zona onde xa se produciron diversos desprendemente sobre a vía...
"Reparacións"....feitas por derretirse o asfalto coa calor....(menos mal que o verán veu bastante fresquiño).
"Chapuza" de reparación con arena en lugares onde o asfalto se deteriorou coa calor...¡¡
MESMO NOS POIDEMOS ATOPAR IMAXES DE PASOS DE PEÓNS QUE SE ATOPABAN ENTRE DOUS GARDARAÍS POLO QUE OS PEÓNS TIÑAN QUE SALTAR PARA NON TER QUE CIRCULAR POLO SEU MINÚSCULO ARCÉN...
FINALIZAMOS CON UNHA PUBLICACIÓN QUE NOS FIXO CHEGAR UN DOS NOSOS CONCELLEIROS DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA NO CONCELLO DA PEROXA POUCOS DÍAS DESPOIS DA APERTURA DESTA VÍA E QUE COMPARTIMOS CON TODOS VOS, E NA QUE ESTAMOS TOTALMENTE DE ACORDO, SUSCRIBINDO CADA UN DOS PUNTOS TRATADOS, COMPARTINDO A SÚA OPINIÓN DE QUE ESTA NON É UNHA CARRETERA "DE PRIMEIRA", QUE NON PRETENDAN ENGANARNOS CON ESTA INFRAESTRUCTURA.....TOD@S TEMOS OLLOS É A VISTA ESTÁ QUE MERECÍAMOS ALGO MELLOR ¡¡¡
UNHA VEZ MÁIS MANIFESTANDO PÚBLICAMENTE A NOSA OPINIÓN E RESPETANDO OS QUE NON OPINAN COMA NÓS.
NESTE, COMO NOUTROS MOITOS ASUNTOS E PROBLEMÁTICAS, TRABALLAREMOS PARA BUSCAR SOLUCIÓNS DE MELLORA DOS NOSOS SERVIZOS.....E DESEXAMOS QUE OS ACADEMOS ANTES DE TER QUE LAMENTAR NOVOS ACCIDENTES E SOBRE TODO DESGRACIAS PERSOAIS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario