Unha petición que foi tamén reclamada polos nosos concelleiros socialistas no Concello da Peroxa con data do mes de marzo deste mesmo ano 2013 a través dunha pregunta feita no Pleno o Sr. Alcalde onde reclamabamos o remate deste tramo, así como tamén a subsanación e melloras nos tramos xa executados como podedes comprobar no seguinte documento que se presentou no concello.
A cuestión trátase na pregunta nª 4:
A licitación da obra anterior foi a seguinte....
As imaxes que xustificaban as nosas demandas diante do Concello eran as seguintes...
A RESPOSTA AS NOSAS PREGUNTAS NO PLENO DE MARZO DE 2013 O SR. ALCALDE COMPROMETÍASE A FACER AS XESTIÓN OPORTUNAS PARA A SUBSANACIÓN DESTAS MELLORA DIANTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE.
Lòxicamente, a situación actual empeorou, sobre todo no tramo onde verteron e verten a cuneta e a propia carretera lodos e augas residuais da fosa séptica situada baixo a gasolinera e da que agardamos se inclua nesta obra un arranxo definitivo con unha correcta entuvaxe.
A principios do pasado mes de outubro a Deputación licitaba a execución desta obra a empresa CONSTRUCCIÓNES BENIGNO ALVAREZ SL. por un importe de 58.000€ e un prazo de execución de 4 meses, como podedes ver na seguinte imaxe da publicación oficial.
Polo tanto, reiteramos a nosa ledicia por esta boa nova e agardemos que as obras incluan a nosa petición de pintado da estrada no novo treito, así como o repintado do treito xa existente para mellorar a seguridade vial deste tramo que facilitaría a circulación máis segura dos moitos vehículos que fan uso dela.
SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario