Un dos puntos da orde do día era unha modificación de créditos, onde segundo a proposta feita polo Sr. Alcalde o Remanente de Tesourería, ou o que èl mal-chamaba superávit, pasa a empregarse básicamente en pagar o que o Concello adebeda.
Unha importante cantidade de màis de 443.000€ que existían no Remanente do Concello, ou como ben indicamos, según o Sr. Alcalde....."os aforros do Concello da Peroxa".
Aforros que dito sea de paso, sacados dos impostos dos veciños e veciñas da Peroxa, e conseguidos a base de negar ano tras ano inversións e obras importantes e demandadas pola veciñanza, coa sempre excusa de que non había cartos.....¡¡¡¡ POIS AGORA TOD@S PODEDES COMPROBAR QUE SÍ EXISTÍAN FONDOS, O QUE FALTABAN ERAN INICIATIVAS E INTERESE POR CUMPRIR COA VECIÑANZA ¡¡¡
¿Son estes datos unha boa xestión?.......a resposta está na analise da veciñanza ¡¡
Pois ben, agora decídese que eses "aforros" se destinen prácticamente na súa totalidade a amortizar a DÉBEDA existente no Concello, e que xa indicamos en innumerables ocasións que era de 350.000€ ¡¡, a pesar da constante negativa pùblica da súa existencia por parte do grupo de goberno do Concello.
No seguinte documento os datos da aprobación desta actuación:
SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario