Desta vez outro incremento de orzamento e nova licitación a empresa constructora para a execución de actuacións non previstas inicialmente.
Esto lamentablemente como indica a publicación seguinte feita pola Deputación de Ourense ocasionará un novo retraso na execucion desta agardada obra que parece non vai estar rematada no que queda de 2013 xa que se prevé un prazo de execución de outros 4 meses màis.
Aproveitamos a publicar tamèn neste artigo outra neglixencia que alguén cometeu coas normas básicas de circulación, xa que se anulou un cambio de sentido que dispoñían os conductores para non facer directamente o xiro cara o pobo do Souto, atravesando unha liña contínua.
Gustaríanos saber quen autorizou e se fixo responsable desta actuación de descarga de material nunha estrada provocando o obrigado incumprimento da sinalización.
Agardemos non teñamos que lamentar ningún incidente de gravidade nese punto xa que a responsabilidade recaería na persoa que autorizou a citada descarga das que deixamos as imaxes ilustrativas.
IMAXES QUE UNHA VEZ MÁIS AMOSAN QUE NESTE NOSO CONCELLO.......VALE TODO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario