Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 5 de octubre de 2020

RESUMO PLENO DO CONCELLO DO 3 DE AGOSTO DE 2020

 Recuperamos a "boa costume" de informar de todo o que acontece no noso concello a través desta web onde como sempre, atoparás información de todo e para TOD@S¡¡¡ Queda nas túas máns a súa analise e conclusións.

A continuación un novo resumo do que foi o pleno de Agosto¡¡¡....onde tan só nos queda "agradecer" aos mandatarios municipais, encabezados polo Alcalde que logo de 9 meses nos dera a oportunidade de presentar as nosas propostas e poder preguntar sobre asuntos de interés¡¡¡....unha vez máis incumplindo as normas vixentes, xa que os plenos no noso concello obrigan a celebralo cada dous meses¡¡¡¡

Os asuntos da orde do día foron os seguintes...


No punto 1, votamos a favor da acta da sesión anterior e todo esto a pesar de unha vez máis, ver como a redacción do Secretario è totalmente partidista e de novo "olvida" transcribir a nosa intervención onde manifestamos, no punto que se incorporan a acta do pleno os REPAROS que o propio fai o secretario ao sistema "irregular" de contratación dalgúns servizos existentes no noso concello, que esta situacion de IRREGULARIDADE xa fora advertida en plenos anteriores polo noso grupo, pero como sempre, non escoitados polo Alcalde que agora leva esta "lavazada" do seu propio secretario.

No punto 2, por unanimidade acordase incorporar a titularidade municipal, por considerarse según a investigación inicial e os informes tanto do secretario como do arquitecto un camiño público no pobo de Gueral e que esta a ser motivo de litixio entre dous particulares.

No punto 3, traense a pleno os Orzamentos 2020 do concello con máis de 8 meses de retraso e aquí neste punto comenzamos a intervención preguntando si deberíamos darlle a noraboa ao secretario por ter colgada no Portal de Transparencia toda a documentacion dos mesmos, ou rexeitar que estèn xa publicados sin ser tido aprobados, nin expostos a exposición publica, nin publicados no BOP, trámites todos eles previos a súa aprobación, pero bueno, nada novo para nós, xa que o cumplimento estricto das normas neste noso concello non é unha das súas virtudes....

https://aperoxa.sedelectronica.es/transparency/64c95b62-6fcf-4e25-8cfd-253798dcb889/

En canto a nosa intervención sobre os mesmos, foron moi concretas, destacando que hai un incremento notable con respecto aos de 2019 (370.000€ máis), que van directamente a inversións reais, xa que se trata de subvencións que presumiblemente o noso concello vai a recibir tanto da Xunta como da Deputación para rehabilitación de vivendas, outra vez con serias dúbidas de que esta situación se poida recoller legalmente no Capitulo 7, por certo, subvencións e cantidades que non coinciden nin coas recollidas nos decretos nin nos proxectos das obras previstas...¿?.

Non fomos quen de atopar na documentación presentada ningunha referencia ao posible empregamento do 20% de remanente de tesoureria para gasto social ou sanitario, por certo, remanente e cantidades nas contas bancarias que desta vez non reflexan en documento algún, ainda que supoñemos moi elevadas xa que o grupo de goberno municipal non foi quen de acadar unha elevada porcentaxe de execución do orzamento 2019, "sobrando" segun indica a liquidación 2019 máis de 376.000€ que según indica o Alcalde "se forraron", e nós nesta apreciación volvemos a discrepar, xa que non é un "aforro", é unha falta de planificación e falta de inversión nos nosos pobos e parroquias...."OS CARTOS TEÑEN QUE INVERTIRSE NA VECIÑANZA, NON GARDARSE NOS BANCOS¡¡"

Como facemos cada ano neste "debate" de orzamentos, propuxemos unha petición que neste caso, e a petición de cubrir a praza actualmente vacante de Monitor Deportivo existente no concello, e que normalmente se cubría con subvencións doutras administracións, Propuxemos que se contratara a alguén para recuperar as actividades de ximnasia nos pobos, e tamén poidese colaborar co equipo de fútbol do Peroxa CF na formación e adestramento semanal dalgún dos equipos da base, xa que se atopan con moitas dificultades tanto de persoal con titulacion necesaria como no tema económico, non podendo asumir eses gastos e sendo xa moitos os concellos da nosa provincia que nas súas escolas municipais dos diferentes deportes os monitores son persoal dos concellos, aliviando así as febles economías das entidades deportivas. O grupo de goberno quedou en valorar esta petición.

Finalmente, indicamos que neste proxecto de orzamentos hai tres claros indicadores e que se publican, onde se "recoñece" os estado de paràlise do concello:

-- nula actividade económica xa que tan só preven ingresar 12.000€ do imposto de actividades económicas.

-- previsión de ingreso de escasos 15.000€ de imposto de construcción e obras, que ven a recoller a nula actividade deste sector no concello.

-- máis do 80% dos ingresos que recibirá o concello son de Transferencias de outras administracións, tal e como se ven de publicar recentemente na prensa....


CON ESTES DATOS E COMO CADA ANO A PESAR DE QUE O ALCALDE INDICA QUE SON ORZAMENTOS "TECNICOS", NOS REITERAMOS QUE DESEXAMOS QUE ALGÚN ANO POIDAMOS DECIR QUE SON ORZAMENTOS "SOCIAIS" PENSADOS POR E PARA OS VECIÑOS E VECIÑAS¡¡¡

O noso voto foi de abstención, agardando que se cumpla a nosa petición de cubrir a vacante de monitor e sendo co-responsables e confiando no compromiso do Alcalde de "estudar" esta posibilidade.

No punto 4, deuse conta da liquidacion orzamento 2019

No punto 5, aprobouse por unanimidade modificar a ordenanza reguladora do prezo público do PAI para adaptarse as novas instruccións dictadas pola Xunta de Galicia.

No punto 6, nomeouse co voto favorable do grupo de goberno e a nosa abstencion, como xuiz de Paz sustituto a Alejandro Vazquez Munin.

No punto 7, puxeronse a nosa disposición os decretos da Alcaldía, que foron revisados nos días previos ao pleno.

No punto 8, non houbo escritos nin comunicacións alcaldía.

No punto 9, indicouse o número de habitantes do padron municipal, actualmente en 1.819

No punto 10, acordouse por unanimidade a modificación puntual nº 4 do PXOUM para o cambio de solo urbano para construccion de vivendas protexidas na Peroxa.

No punto 11 no apartado de ROGOS presentamos os seguintes:



A resposta o Rogo 1, foi que se "estudaria" esa posibilidade. Nos indicamoslle que son moitos os concellos que contemplaban xa esa opción.

No Rogo 2,  o Alcalde indicou que non era viable xa que o transporte "non era municipal". Son unhas liñas "interiores" que se chegou a un acordo a cambio de outras liñas da Xunta "modificadas".

Dificil de entender que para non haber, nin poder haber unha ordenanza reguladora nin de taxas se esté cobrando por este servizo 1.40€ tal e como se recolle na noticia seguinte. ¿Quen recauda esta taxa?

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2017/10/20/peroxa-pondra-marcha-noviembre-lineas-autobus-municipio/0003_201710O20C9992.htm

O Rogo 3, a resposta foi que "terá en conta a nosa petición", para consultar o asunto e valorar o de continuar do mesmo xeito ou modificar as bases dos procesos.

Lembramoslle que obtivemos o seu "compromiso" a cambio de "desbloquear" os proceso selectivo para a praza de Administrativo que se cubriu mediante unha subvención da Deputación do Plan de Empregabilidade.

Insistimos en que hai que cumplir os principios establecidos, e principalmente o de IGUALDADE.

Propuxemos que se tiveran en conta nos procesos selectivos a experiencia laboral, cursos de formación e outros conceptos valorables, pero SOLICITAMOS A SUPRESIÓN da entrevista persoal por considerala a parte de "ilegal", como inxusta e con un único obxetivo de "decidir" o candidato ou candidata "predeterminado"¡¡

Solicitamos a retirada do Rogo 4 por estar xa fora de tempo, ao non ter convocado o concello ningún pleno dende marzo ata agosto

No Rogo 5, aprobouse estudar a execución do proxecto de crear unha senda peonil entre A Peroxa e o pobo do Amido, xa que como indicamos non suporía unha gran inversión económica nin un problema grande facerse cos permisos das fincas afectadas.







Tamén algúns concelleiros do PP se manifestaron a favor da petición da creación deste paseo, por ser o lugar axeitado e un dos máis concurridos do concello.

En canto ao tema da mellora da estrada, expon o Alcalde o complicado da nosa petición, ainda que insistimos que sería unha mellora necesaria.






No Rogo 6, asegura o Alcalde que eses "muros sempre estiveron así e non se corre perigo ningún de derrumbe", cousa que dubidamos.




Ademáis dos Rogos por escrito, engadimos algún mais de xeito oral:

Rogamos a mellora do espazo a carón do Local Social de Casundila, para poder aumentar o espazo habilitandoo como zona de colocación mesmo dos contenedores do lixo para liberar máis espazo na contorna do local. Insistimos en que esta petición, xa estaría feita polo concelleiro do PP da zona, xa que é unha demanda da veciñanza e que o parecer, xa lle foi trasladada a él, pero polo visto no pleno naide parecía saber nada do tema.....CURIOSA FUNCIÒN A DE ALGÚNS CONCELLEIROS¡¡¡




Urxe un arranxo nunha canle de auga no pobo de Pacios en Toubes que dificulta o paso de vehìculos pola zona. O Alcalde quedou en visitar a zona e estudar o tema.


TAMÉN FIXEMOS AS SEGUINTES PREGUNTAS POR ESCRITO:


A resposta a Pregunta 1, foi que se empregarán para calquer contratación que se considere necesaria.

Na Pregunta 2, a resposta recibida foi que ese dato ten que ser erróneo, xa que sí que se recolleron litros de aceite.

Respostou o alcalde a Pregunta 3 que a obra está perfectamente realizada segundo indica o proxecto.



Na Pregunta 4 a resposta foi que "algunhas xa foron valoradas, outras están pendentes de realización e algunhas das sinaladas na pregunta non son realizables" polo de agora.


Tamén fixemos algunhas preguntas de xeito oral, sobre actualidade recente:

Preguntamos como se vai a subsanar o percance da desbrozadora e si o noso concello logo de moitos anos de espera e de promesas incumplidas do Alcalde vai a ter por fin unha desbrozadora nova?

En canto aos traballos "dividirase a outra desbrozadora en turnos de maña e tarde".

No que se refire a nova desbrozadora "seguimos esperando por ela".


Lembramos preguntas anteriores (nùmero 4) feitas sobre a adxudicacion pendente que ten o noso concello dunha nova e necesaria desbrozadora¡¡



Prguntamos a que fora debido o despropósito de anunciar no xornal La Region en febreiro unha corrección de erros dunha convocatoria de posto laboral a páxina enteira e que custe tivo para o concello?

A resposta foi que "esto nunca debeu ter acontecido".


Preguntamos e advertimos, que unha vez máis os nosos concelleiros parecen ser os únicos que leen e analizan os proxectos de obras a realizar no noso concello, xa que de novo atopamonos con un erro no proxecto de "Pavimentación en San Cristobal" correspondentes a plans provinciais, e onde na memoria de actuacións se fala dos "accesos a Lamiña e Caspicón", onde nada ten que ver co obxeto do proxecto, pero que pode resultar un erro de "copia y pega" de outros proxectos anteriores.....

O alcalde indica que él "lòxicamente non lee os proxectos, pero que advertirá desta situación".


Logo de ver a grata sorpresa de que o noso Concello "patrocinaba" o vehículo participante no Rallie de Ourense 2020 onde unha veciña do noso concello participaba, preguntamos pola contía da "axuda" e reiterando o noso apoio e desexo de que esta colaboración se prolongue no tempo, así como tamén se faga extensiva a outros deportistas do noso concello noutras disciplinas.

A resposta do Alcalde que "a axuda recibida foi de 150€".


Finalmente, preguntamos por cal foi o "sistema" de selección para o persoal de limpeza e desinfección nas mesas electorais do pasado mes de xullo, xa que nos atopamos que mesmo o anuncio se fixo en algúns lugares a través de terceiras persoas en grupos de wasap.....?

Tamén preguntamos cal foi a cantidade cobrada por este persoal?

En canto o sistema de contratación indicou que "o concello "delegara" este servizo nunha empresa de limpeza e polo tanto o pago tamén foi a cargo da empresa".

Indicamoslle que deberían informarse de como funcionan as cousas, xa que se podía contratar directamente dende o concello e pagar a través de transferencia (o mesmo que se fai cos membros das mesas), e que así se evitaría o que aconteceu, xa que o persoal que fixo a limpeza cobrou aproximadamente 70€ cando lle terían correspondido 181,50€ tal e como se amosa no documento oficial de instruccions da Xunta e que foron os cartos que o Concello da Peroxa recibiu para cada un dos 5 traballadores/as que realizaron esta labor....


ESTO FOI TODO O QUE DEU ESTE PLENO¡¡¡

AGARDEMOS E DESEXAMOS NON TER QUE ESPERAR OUTROS 9 MESES POLO SEGUINTE PARA PODER SEGUIR EXERCENDO A NOSA LABOR¡¡

COMO SEMPRE, FIEIS AO NOSO COMPROMISO COA INFORMACIÓN, POÑEMOS NAS TÚAS MANS A INFORMACIÓN E DATOS NECESARIOS PARA QUE ANALICES E SAQUES AS TÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS¡¡