Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 31 de agosto de 2018

Actividade no concello na fin de semana do 1 e 2 de setembro de 2018

No apartado deportivo, comenza xa algunha competición oficial para os nosos equipos representativos do Concello:

C.D. SEIXALVO - A PEROXA C.F.: domingo 2 as 18:00 no Campo de Seixalvo.

Tamén seguen con diversas e diferentes probas os compoñentes do PEROXA RUNNING, participando en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana:


Segue a oferta festiva no concello, e tamén con caràcter gastronómico, desta vez na parroquia de Toubes:





Lembrade, que por aviso da comisión organizadora o lugar da cea comida pasa ao Campo da Festa.

Voltando a actividade deportiva, informar dun novo evento no veciño concello de Coles, de deportes de auga en Barra de Miño.



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡


viernes, 10 de agosto de 2018

Actifidade no concello na fin de semana do 11 e 12 de Agosto de 2018

No apartado deportivo, seguen alguns eventos de caracter amigable ou preparatorio por parte dos equipos representativos do concello.

Neste caso, segue a ser o equipo do A PEROXA CF, que organiza para a vindeira fin de semana, e que xa anunciamos para que vaiades facendo os vososo plans, un torneo interesante anunciado a través deste cartel...



Neste mesmo clube, están xa a piques de comenzar unha nova tempada cos seus equipos de base e seguen anunciando os seus equipos para acadar novos xogadores interesados en unirse a este sólido e consolidade proxecto deportivo....


Tamén os representantes do PEROXA RUNNING seguirán a súa participación en algunha das probas que marca o calendario...

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Unha semana máis temos que falar dun novo éxito neste deporte, e de novo repite victoria ADRIAN RODRÍGUEZ, desta vez en terras de Bande ¡¡¡


Recollida tamén a noticia pola prensa local...

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/bande/2018/08/06/adrian-rodriguez-gana-desafio-24-kilometros-bande-dos-horas/0003_201808O6C7991.htm


Noutros deportes destaca unha boa proba no veciño pobo de Barra de Miño...



Para rematar coa fase deportiva, e ainda non tendo relación directa sí queríamos FACER UNHA PETICIÓN AOS RESPONSABLES DO NOSO CONCELLO DA PEROXA PARA QUE MANTEÑAN AS INSTALACIÓNS DA PISCINA MUNICIPAL DE XEITO CORRECTO, XA QUE SON MOITOS OS USUARIOS QUE TEÑEN TRASLADADO AS SÚAS QUEIXAS EN ASPECTOS COMO SON O DETERIORO DAS REIXAS QUE A RODEAN, OCASIONANDO XA ALGÚN PEQUENO DANO, E TAMÉN A ALTURA DA AUGA CORRECTA PARA QUE FUNCIONE DE XEITO CORRECTO A DEPURACIÓN, QUE UNIDO A UNHA MÁIS QUE NECESARIA LIMPEZA DAS CANLES DE DESAUGUE DARÍAN OUTRO ASPECTO MELLOR E UNHA MAIOR SEGURIDADE OS USUARIOS.

As imases do deterioro e perigoso das reixas plásticas vese nas imaxes seguintes que nos fixeron chegar...




NO APARTADO CULTURAL, E PARECE QUE ATENDENDO AS NOSAS DEMANDAS, ONDE RECLAMAMOS QUE LEVAVAMOS MOITOS MESES SEN ACTIVIDADE CULTURAL NO AUDITORIO, NO DÍA DE HOXE TEREMOS ESTA INTERESANTE OBRA PARA OS CATIVOS...



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

viernes, 3 de agosto de 2018

Actividade no concello na fin de semana do 4 e 5 de Agosto de 2018

Comenzan xa, coa chegada do mes de Agosto, a celebrarse algún dos amigables dos nosos equipos representativos do concello, neste caso no fútbol, con un máis que interesante partido o cal vos convidamos a asistir...



Dende este mesmo clube compartimos a súa publicación dun anuncio que fai o equipo A PEROXA C.F. onde abre o periodo de inscripción para todos aqueles xogadores e xogadoras que estén interesados na práctica do fútbol en calquera dos seus equipos...


No atletismo, destacamos de novo a participación dalgúns dos compoñentes do PEROXA RUNINNG en algunhas das moitas e diversas probas que marca o calendario...

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



Seguimos co anuncio dos eventos festivos e desta vez toca anunciar a festa da parroquia de Graíces, as Festas das Neves, unha das máis tradicionais e senlleiras do concello, onde se anuncian a través do seguinte cartel....





LEMBRAMOS QUE HOXE DÍA 3 CELEBRASE A FEIRA MENSUAL EN SAN CIPRIÁN ¡¡


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A TÚA UNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡