Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 11 de febrero de 2021

RESUMO PLENO 20 DE NOVEMBRO DE 2020

Cumprindo escrupulosamente o noso compromiso coa información de todo canto acontece e afecta ao noso Concello da Peroxa, pasamos a resumir o que segundo o noso punto de vista foi o que se tratou, debateu e acordou no pasado pleno de novembro.


A orde do día foi a seguinte:


No punto 1, votamos EN CONTRA, xa que tal e como expuxemos no pleno, asistimos a esas dúas sesións plenarias e como sempre presentamos propostas e debatemos en todos os puntos das mesmas, pero unha vez máis o secretario do concello "NON DEBEU CONSIDERAR IMPORTANTE" as nosas intervencións e non fixo nin unha soa referencia nas actas redactadas.

No punto 2, logo de varias preguntas sobre as cantidades orzamentadas e comentando que unha vez máis, a pesar de que facía unhas poucas semanas se aprobaran os novos orzamentos do concello, por certo con máis de 9 meses de retraso, xa se traía e este pleno unha segunda modificación do propio orzamento, o noso voto foi abstención como sempre fixemos neste tipo de cuestións económicas onde a información e os datos que nos facilitan son escasos e insuficientes.

No punto 3, aprobouse a conta xeral 2019 onde votamos abstención, ao igual que en anos anteriores por ser unha cuestión meramente económica do grupo de goberno, e onde a información detallada e os datos concretos que nos facilitan tamén son insuficientes.

No punto 4, aprobouse por unanimidade a modificación da ordenanza do PAI para adaptalo as novas instruccións marcadas pola Xunta de Galicia en canto a gratuidade do segundo irmán.

No punto 5, aprobouse por unanimidade pasar o servizo de redación municipal, ata o de agora delegado na Mancomunidade Santa Águeda, a Deputación de Ourense.

Aquí neste punto foi onde a pesar do acordo de tódolos asistentes, houbo máis debate, xa que dende o noso grupo recordamos que esta era unha petición que xa tiñamos feito en varias ocasións, e incluso onde o propio alcalde xa trouxera a pleno e se aprobara sair da mancomunidade, pero logo, "sospeitosamente" varias semanas despois rectificaba o acordo plenario e volvíamos ao servizo de recadación da Mancomunidade.

Preguntamos sobre que persoal había actualmente no servizo de recadación, que funcions asumirían agora, tendo en conta que tamén o concello de Vilamarin no pasado mes de outubro tamén abandoaba este servizo, cando xa facía anos o tiñan feito previamente os de Coles e Amoeiro, nestes dous casos levando directamente dende os propios concellos o servizo, con rotundo éxito por certo.

A duración da delegación será de 4 anos prorrogables, cun custe anual que pagaremos a Deputación será o 5% de cada recibo, onde agardemos se incremente a recadación recollida para o noso concello e que nos últimos anos estaba nunha situación, digamos que "precaria" a pesar de ter algúns férreos defensores (cando os datos decían xusto o contrario), ainda que creemos que en algúns casos obedecían únicamente a intereses persoais po riba dos xerais de toda a cidadanía.

A continuación publicamos un breve resumo que fixemos xa no seu día (ano 2018) sobre esta situación:

No pleno do concello da Peroxa do 25 de setembro de 2017 levouse a pleno a opción de recuperar para o Concello da Peroxa as competencias en materia de recadación que ata o de agora tiña a Mancomunidade Santa Agueda, formada polos concellos de Coles, Amoeiro, A Peroxa e Vilamarin, tal e como se recolle na acta do citado pleno “para así lograr unha maior eficacia no servizo de recadación tanto en periodo voluntario como na vía executiva”.

Este acordo plenario tería efectos dende o 31 de decembro de 2017 e foi aprobado por unanimidade.

Neste pleno o portavoz do grupo popular na súa argumentación indicaba “que os concellos da Mancomunidade non estaban satisfeitos co traballo que estaba a realizar o servizo de recadación”, e polo tanto o concello da Peroxa quería recuperar esas competencias, para posteriormente valorar si se pasaban a Deputación Provincial ou mesmo a algunha empresa privada.

Nese mesmo pleno o portavoz socialista Antonio Gonzalez Fiuza, preguntaba pola cantidade exacta que está sin cobrar durante os últimos 5 anos, non sendo capaces ninguén do grupo de goberno de dar ese dato, pero o que si indicamos e que é unha cantidade moi elevada, xa que están pendentes de cobro centos e centos de recibos tanto de Ibi, de recollida de lixo, de actividades económicas e do imposto municipal de vehículos, tal e como se publicou por última vez no BOP do 21 de xullo de 2014, onde se recollen en máis de 20 pàxinas un interminable listado de deudores.

Sorprendentemente, con posterioridade a este pleno, no BOP do 25 de novembro  convocase para a propia Mancomunidade a praza de Auxiliar Administrativo laboral para o Servizo de Recadación ¡¡¡

No pleno municipal do pasado 21 de decembro, volve a traerse na orde do día da convocatoria o asunto da Recadación municipal, que ante a incredulidade deste grupo municipal socialista, o Alcalde Manuel Seoane propón volver a adxudicalo a Mancomunidade, rectificando varias semanas despois o acordo inicial polos motivos anteriormente expostos.

O grupo socialista pregunta si nesta decisión, que lóxicamente votamos en contra, están  por diante os intereses dos veciños e veciñas da Peroxa e a propia economía do Concello ou algún pola contra, outro interés particular relacionado coa permanencia no posto de traballo na Mancomunidade de algún traballador recentemente contratado coa convocatoria anteriormente citada.

O Alcalde indica, como xustificación a esta incomprensible decisión que perxudica claramente a economía do seu propio concello, que “as cousas cambiaron e agora van a funcionar mellor”, sen ter actualmente ningún criterio de valoración para facer tal afirmación, comprometendose a voltar a recuperar esas competencias si rematado o ano 2018 ese servizo segue funcionando con deficiencias.

Unha promesa que lle pode costar ao seu Concello outro ano de cantidades millonarias incobradas, situación que outros concellos da Mancomunidade decidiron  xa abandoar este servizo mediante unha decisión de  responsabilidade e na búsqueda da mellora dos seus servizos e sobre todo para garantir os seus ingresos.

A prensa local recollía estes nosos argumentos:

https://www.farodevigo.es/ourense/2018/01/26/acusan-pp-peroxa-pasar-recaudacion-16099382.html


Como sempre facemos, argumentamos todo o exposto con datos reais, como son as imaxes das actas dos plenos onde se tratou este "asunto"....



NON ENTENDEMOS POLO TANTO, ESTES ANOS PERDIDOS, OU O QUE É PEOR.....OS CARTOS PERDIDOS PARA O NOSO CONCELLO POLOS "CAPRICHOS" DO SR. SEOANE, RESPONSABLE XUNTO CO RESTO DE CONCELLEIROS DO PP DE QUE O CONCELLO DA PEROXA DEIXASE DE INGRESAR UNHA GRANDE CANTIDADE DE CARTOS POR RECIBOS NON COBRADOS DURANTE MOITOS ANOS.

Agora xa nin se plantexa recuperar para o propio concello este servizo, senón que pretende pasalo directamente a Deputación de Ourense e asumir eses custes.

TAMÉN LLE RECORDAMOS TANTO A ÉL COMO O SECRETARIO QUE NOVAMENTE VAMOS TARDE NESTE TEMA, XA QUE TAL COMO INDICA A PROPOSTA DE ACORDO PRETENDEN QUE ESTE ACORDO SE FAGA EFECTIVO DENDE O 1 DE XANEIRO DE 2021, PERO POLA SÚA NEGLIXENCIA NON DARÁ TEMPO POLOS PRAZOS QUE MARCAN OS ÓRGANOS COLEXIADOS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE ENCARGADOS DE VALIDAR ESTE ACORDO PLENARIO.....POLO TANTO ATA O MES DE MARZO POLO MENOS NON SE FARÁN ESTA TRANSFERENCIA 

LAMENTABLE COMO SE XESTIONA ESTE NOSO CONCELLO......TARDE E A GOLPE DE OCORRENCIAS¡¡¡

Logo de aprobar, entre outros asuntos do pleno, este tema importante a prensa local recollía a noticia:

https://www.laregion.es/content/print/peroxa-cede-competencias-recaudacion-diputacion/20201120225119986603

No punto 6, aprobamos por unanimidade modificar o PXOUM para as parcelas onde se construirán as novas vivendas protexidas da Consellería de Vivenda.

No punto 7, como sempre revisamos os decretos da alcaldía dende o último pleno ata o dia deste pleno.

No punto 8, en escritos e comunicacións non había temas a tratar.

No punto 9, en mocións tampouco se presentou ningunha.

Finalmente no punto 10, en rogos e preguntas presentamos, como sempre facemos, neste caso os seguintes ROGOS:



En canto ao rogo 1, outra vez a resposta do alcalde volta a ser a mesma...."naide lle solicitou este servizo"....VOLTA A EQUIVOCARSE NA INTERPRETACIÓN DA LEI SR. SEOANE.....OS CONCELLOS TEÑEN A OBRIGA DE DOTAR AOS NÚCLEOS DESTE SERVIZO OBRIGATORIO E DE COMPETENCIA ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE MUNICIPAL........o problema parece que en 40 anos esta situación a vostede non parece importarlle, xa que a día de hoxe todavía hai moitos pobos, e mesmo parroquias enteiras sen estes servizo BASICO E OBRIGATORIO¡¡¡

Logo dun intecambio de impresións veu a recoñecer que neste pobo de Outeiriño SÍ hai varias casas que dispoñen do servizo, entón a nosa pregunta foi....¿porqué non todas?.....AQUÍ A RESPOSTA FOI QUE POR CUESTIÓNS "TÉCNICAS" ¡¡ E CONFIRMOU QUE NON ESTÁ PREVISTO NADA.
POUCO MÁIS SE PODE ENGADIR......SACADE VÓS AS CONCLUSIÓNS¡¡



No punto 2, volveu a insistir que "VIÑERAMOS VER A DOCUMENTACIÓN CANDO NOS FOSE BEN".....pero curiosamente esta resposta choca bastante coas respostas "oficiais" que nos envía cada vez que solicitamos por escrito o acceso a calquer expediente ou documento, que entra dentro das nosas funcións como "MEMBROS DA CORPORACIÓN",  e así o recollen as leis vixentes¡¡

Unha vez máis....ou lle falla a memoria.....ou minte descaradamente (optamos máis por esta segunda opción).

Este é un exemplo das moitas respostas recibidas e polas cales seguimos agardando por esas "contestación"...



Fixemos, tamén algún rogo de xeito oral, como preguntar, relacionado co asunto anterior, para poder acceder a ver os CONTRATOS MENORES realizados ao longo do 2020 e a resposta foi a mesma.....MIRADE O QUE QUEIRADES E CANDO QUEIRADES¡¡¡¡......de novo resposta errónea que non concorda coa realidade¡¡




Fixemos outro importante que na súa redacción e exposición viña a decir o seguinte:

"Nesta triste e xa demasiado longa pandemia o noso grupo foi sempre respetuoso coas decisións e medidas tomadas polo concello e mesmo ofrecendo a nosa colaboración. Nunca trasladamos as discrepancias que poideramos ter o tema do COVID, máis ben todo o contrario, apoiando e compartindo as decisións tomadas.
Pero creemos que estamos nun momento esencial no que se refire a superviviencia das nosas empresas e negocios locais. Sabemos da escasa capacidade económica do concello para sacar para sacar adiante unha liña de axudas directas como están a facer outros concellos da provincia e de toda Galicia en xeral para complementar as xa existentes a nivel estatal, autonómico e provincial. Pero sí se pode ofrecer colaboración aos nosos negocios afectados directa ou indirectamente polas restriccións propias ou xerais, sobre todo o sector hosteleiro, pero tamén ampliable a outros sectores (alimentación, comercio, agricultura, gandería, vitivinícola.....).

Rogamos, polo tanto a exención das taxas anuais dos impostos municipais (LIXO, IAE, IBI...) e onde o noso concello ten competencias plenas para deixalos sin efecto".

A RESPOSTA DO ALCALDE POR CALIFICALA DUN XEITO SUAVE.....VAMOS A CALIFICALA COMO ....LAMENTABLE¡¡¡



COÑECEDES A MEDIDA QUE TOMOU O CONCELLO DE COLES??

POIS DEVOLVVER O 75% DA TAXA DO LIXO OS NEGOCIOS DO CONCELLO¡¡

AS COMPARATIVAS SON ODIOSAS¡¡¡....DI O REFRÁN¡¡¡¡



A continuación duas imaxes relacionadas e publicadas na prensa....

Unha que ben a demostrar a perda de emprego grave que sufríu no 2020 o noso concello....



E esta outra onde poñemos exemplo dun concello máis pequeno que o noso onde se crea unha liña de axudas importante....



Tamén un Concello como Boborás mira polos "seus"...¡¡



E que vos parece esta axuda de Petín?




Rematamos este apartado de Rogos con outra proposta oral moi xusta e necesaria neste momento...que transcribimos literalmente foi leída no pleno:

"Supoño que sodes coñecedores e tamén sufridores da atención que estamos a recibir dende fai xa moitos meses no Centro de Saúde, sendo a día de hoxe unha das maiores preocupacións da veciñanza, sobre todo a de maior idade.
Necesitamos recuperar a asistencia presencial, por a telefónica coa xente de maior idade está a ser un problema, tanto para diagnósticos como para tratamentos. É compricado para os profesionais do noso centro de saúde esta situación, xa que a pesar de que están a poñer todo o seu empeño e bó facer resulta moi compricado atender aos pacientes a través dunha ventá cara o exterior, por iso o noso concello debe poñerse en contacto cos responsables sanitarios para mellorar esta atención con unha mellora nos protocolos.
Tamén solicitamos que para facilitar a espera no exterior do centro, neste tempo invernal, con días de frío de tamén de choiva se mire a opción de instalar unha carpa no acceso ao centro para resgardar aos usuarios que agardan o seu turno."

O alcalde e algún outro concelleiro/a do grupo de goberno concordaban na necesidade de mellorar esta situación, pero no tema da atención presencial non estaba nas nosas mans. Cuestión que compartimos, pero como concello, xunto con outros que teñen a mesma problemática podemos solicitar melloras no protocolo de atención aos responsables de Atención Primaria.
En canto ao da carpa, non ve factible a solución a carón da entrada, pero comprometeuse a estudar esta proposta.



(temos que indicar que a día de hoxe, esta nosa petición xa foi atendida) tal e como amosamos na imaxe seguinte...



A realidade na espera no exterior queda de manifesto nesta imaxe...



A nosa petición foi recollida nun artigo da prensa local, entre outros asuntos demandados...




Como en tódolos plenos celebrados presentamos as correspondentes PREGUNTAS:




En resposta a Pregunta 1, poñemos directamente a que recolle a acta do pleno para que non queden dúbidas¡¡....SEMPRE É CULPA DE ALGUÉN.....¡¡ 


As noticias da prensa local, que anunciaron esta situación foron as seguintes...

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2019/10/29/ninos-plantan-castanos-entorno-castillo-peroxa/00031572370871876297202.htm



Moi bonitas as fotos e a actividade.....pero o ¿mantemento? señor alcalde e señores concelleiros que saen nas fotos (pero seguramente non volveron ainda hoxe o lugar para comprobar o seu estado) 








A resposta a Pregunta 2, foi "que se están a realizar xestións para poder facer o mantemento xa que a brigada propia de obras non da feito".


As imaxes son desoladoras e moi tristes si o que queremos e presumir de concello e das nosas paraxes e patrimonio...







Algunhas destas imaxes xa estaban así no ano 2016¡¡¡¡ onde xa solicitamos o seu arranxo (ROGO 3)que foi posteriormente reiterado en plenos de anos posteriores.....NON PODE SER¡¡




En resposta a Pregunta 3, explicouse o percorrido polo concello e tamén o servizo de lavado a carón do polideportivo que xa está operativo.



Publicamos un enlace a información sobre esta ruta:



A resposta a Pregunta 4 resultou ben curiosa¡¡¡ xa que o alcalde e ademáis neste caso presidente da Asociación ADERCOU non revela o nome do promotor.


Información que podemos atopar nos proxectos aprobados e publicados na propia web de Adercou, pero a nosa pregunta tiña a intención de saber si hai "novos promotores" logo da renuncia do que inicialmente solicitou a subvención, e o señor alcalde non quixo responder a esta cuestión.


Agardemos que tanto secretismo non sexa un inconvinte para que esta obra siga o seu curso e se vexa por fin materializada o antes posible.


A prensa local recollía noticias relacionadas con este asunto.....

https://www.laregion.es/articulo/ourense/crece-interes-ourense-emprender-rural-pide-fondos/20200904203413970248.html

https://www.farodevigo.es/ourense/2020/09/05/adercou-subvenciona-400-000-euros-14778161.html


En canto a Pregunta 5 o Alcalde explicou algúns puntos desa subvención e as actuacións que se levaron a cabo, concordando con boa parte delas, pero con grandes dúbidas sobre o "fin final" adicado a outras...

Sirva como exemplo que aquí se incluiron as sesións de cine ao aire libre que se celebraron en algúns dos nosos pobos, nunhas con máis éxito que outras e en algún caso concreto con asistencia e participación dalgún dos nosos concelleiros que podemos, como no caso da sesion fixada para o pobo de Villarubin que foi un rotundo fracaso, xa que a hora que estaba prevista a sesión de cine (as 21:00) non había ninguén no lugar máis que as 9 persoas que o portavoz do noso grupo convidou a asistir....TRISTE...MOI TRISTE QUE NAIDE DO CONCELLO SE PRESENTASE NO LUGAR¡¡... Engadir que as 21:30 hora na que cansos de agardar marchamos todavía non empezara a "actividade".




Na resposta a Pregunta 6, o alcalde logo de "descoñecer" a nosa petición, convídanos a pasar polas oficinas municipais a ver o documento.


Unha petición que fixemos a raíz da noticia publicada sobre este asunto na prensa......e logo de ter sido durante moitos anos unha demanda feita polo noso grupo municipal socialista.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/forestal/2019/06/25/xunta-enviado-planes-antiincendios-97-concellos/0003_201906G25P6993.htm


Fixemos tamén para rematar unhas preguntas de xeito oral sobre asuntos de actualidade...

Solicitamos información sobre que melloras se realizaron no interior do polideportivo da Peroxa, dando resposta detallada o Alcalde. 

Neste punto interesamonos como foi posible que se adxudicase esta obra nunha Xunta de Goberno Local como     "CONTRATO MENOR" por un importe de 47.983,87€ cando a Lei indica claramente que os contratos menores non poden superar os 40.000€. DESTA VEZ A RESPOSTA VEU DA MAN DO SR. SECRETARIO E ONDE TODAVÍA A DÍA DE HOXE NON ENTENDEMOS A SÚA VAGA EXPLICACIÓN E CURIOSAMENTE TAMPOUCO NA ACTA DO PLENO RECOLLE NADA SOBRE ESTA CUESTIÓN¡¡¡¡¡ Seguiremos indagando¡¡

Tamén convidamos ao grupo de goberno agora que por fin, logo de moitos anos sen unha necesaria mellora das instalacións lle deran VIDA  a esta instalación coa organización de eventos e actividades para a veciñanza, como tamén valorar a opción de publicar unha ordenanza de uso desta instalación para podela ofrecer a equipos ou actividades de clubes mesmo da cidade que teñen un gran déficit de instalacións previo pago da taxa estipulada e así poder sacarlle certo rendemento a esta instalación municipal.


Preguntamos tamén polo remate e polas certificaciòns e plazos xustificativos das obras que se están a realizar de rehabilitación das dúas vivendas no núcleo da Peroxa nos números 10 e 27 onde o alcalde deu a súa versión da "situación"¡¡


Propuxemos ao grupo de goberno, xa que sempre se están a queixar da falta de cartos e de financiación para algunhas actividades a que solicitasen da Deputación a opción, que gracias a unha proposta do grupo provincial socialista nesa institución provincial, se podían agora pedir o ingreso íntegro da contía de 51.000€ que se adicaban a obras, e agora, gracias a esta modificación puntual, se podían adicar a gastos xerais, por exemplo para gastos derivados contra a loita contra a Covid. O alcalde dixo que o concello precisaba seguir realizando obras e que esa foi a opción prioritaria.

Aquí unha mezcla das respostas según a redacción da acta do pleno, onde queda unha vez demostrada que a redacción que fai da mesma o secretaria é moi mellorable¡¡



Como remate a o pleno preguntamos polos motivos e criterios para o cambio de empresa que xestionaba o Servizo de conciliación familiar do Concello da Peroxa A PEROXA CONCILIA, dando o alcalde a súa versión deste cambio de empresa que segundo indicou agora é realizado este "servizo" por unha empresa da Peroxa.

Ata aquí o que aconteceu neste pleno.

AGORA TÓCACHE A TÍ ANALIZAR O QUE CHE EXPUXEMOS E SACAR AS TÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS ¡¡

UN PLACER PODER SEGUIR INFORMANDO DE TODO O QUE ACONTECE NO NOSO CONCELLO¡¡

TRABALLAMOS POLA SÚA MELLORA EN PROL DOS VECIÑOS E VECIÑAS ¡¡