Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 27 de abril de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 28 e 29 de abril e 1 de maio de 2018

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:


No fútbol rexional:

A PEROXA C.F.- C.D. VIANA: Domingo 29 as 16:30 no Campo do Marco.


No fùtbol dos equipos de base:

U.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F. CADETE: Sàbado 28 as 16:00 no Campo de Miraflores.

A PEROXA C.F. ALEVIN - PABELLÓN C.F. "C": Sàbado 28 as 10:15 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN:- E.D.C. BARBADAS "B":  Sàbado 28 as 11:30 no Campo do Marco.

A.D. BOSCO - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN:  Domingo 29 as 11:00 no Campo de Salesianos.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.P. CALASANCIO: Martes 1 as 12:00 no Campo do Marco.


No fútbol de veteráns:

LLOVIZNA - CALVOS DE RANDIN:  Sàbado 28 as 18:00 no Campo do Marco.

ATLETICPEROX- ATL. GRESANDE:  Domingo 29 as 11:15 no Campo do Marco.


No fútbol sala:

OPTICA PRIETO - OS PEARES F.S.: Sàbado 28 as 19:30 no Pabellòn de Xinzo.


No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:


ANÓTATE PARA A NOSA ANDAINA ¡¡¡

 XA TEMOS DATOS CONCRETOS TANTO DO SEU PERCORRIDO COMO DO SEU DESNIVEL ¡¡




SEGUIMOS ANUNCIANDO AS NOSAS FESTAS TRADICIONAIS, E NESTA FIN DE SEMANA SERÁN DÚAS AS CITAS AS QUE NON PODEMOS FALTAR ¡¡




APROVEITAMOS TAMÉN A OCASIÓN PARA ANUNCIAR E ANIMAR A TODOS OS INTERESADOS A PARTICIPAR NO NOVO SERVIZO QUE PON O CONCELLO DA PEROXA, RECORDEMOS, A PROPOSTA DO NOSO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA, NO COLEXIO PÚBLICO DO NOSO CONCELLO, PARA FACILITAR AS CONDICIÓNS AOS PÁIS E NAIS DOS CATIVOS DO MESMO, ASÍ COMO, PROMOCIONAR ESTE SERVIZO PARA O VINDEIRO CURSO E QUE SIRVA COMO MOTIVACIÓN PARA SEGUIR MATRICULANDO NOVOS ALUMNOS.



ASÍ RECOLLE A PRENSA LOCAL ESTE NOVO E NECESARIO SERVIZO...


Para os incrédulos, e sobre todo para os que todavía se deixan enganar logo de tantos anos.....volvemos a publicar a nosa proposta presentada nas oficinas municipais e que foi intelixentemente aceptada e posta en funcionamento por parte dos mandatarios do concello ¡¡



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡


viernes, 20 de abril de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 21 e 22 de abril de 2018

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:


No fútbol rexional:


SP. CELANOVA - A PEROXA C.F.: Domingo 22 as 17:15 no Campo de Celanova.


No fùtbol dos equipos de base:

A PEROXA C.F. CADETE - C.D. LA PURISIMA: Sàbado 21 as 16:30 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. INFANTIL - MONFORTE C.F. "B": Sàbado 21  as 10:30  no Campo do Marco.

E.D.C. CELANOVA "B" - A PEROXA C.F. ALEVIN: Venres 20 as 18:30 no Campo de Celanova.

E.D.C. CELANOVA "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 21 as 16:00 no Campo de Celanova.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - PABELLON C.F.:  Sàbado 21 as 12:15 no Campo do Marco.


No fútbol de veteráns:

A RABAZA - LLOVIZNA:  Sàbado 21 as 16:30 no Campo da Universidade.

AXOUXERIÑOS - ATLETICPEROXA:  Sàbado 21 as 17:30 no Campo dos Salesianos.


No fútbol sala:

OS PEARES F.S. - SP. MANZANEDA F.S.: Sàbado 21 as 20:00 no Pabellòn dos Peares.


No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:



A PASADA SEMANA INFORMÁMOS DUN EVENTO DEPORTIVO DE INTERÉS ONDE O NOSO CONCELLO TERÍA REPRESENTACIÓN....


POIS BEN, HOXE TOCA FELICITAR DE NOVO O NOSO CAMPIÓN DE HALTEROFILIA MANU GONZALEZ POLO SEU ÉXITO, XA QUE FOI QUEN DE ACADAR UNS ESPECTACULARES RESULTADOS NA CATEGORÍA JUNIO DE 105 KG TAL E COMO PODEDES VER NA NOTICIA QUE PUBLICA OS RESULTADOS.

PARABENS ¡¡



SEGUIMOS AGARDANDO POLA ACTIVIDADE CULTURAL QUE NOS POIDA OFRECER O NOSO CONCELLO DA PEROXA, XA QUE ESTAMOS A PIQUES DE COMPLETAR O CUARTO MES DO ANO E TODAVÍA NON FORON QUEN DE ORGANIZAR NINGÚN EVENTO, TENDO POLO TANTO O MILLONARIO AUDITORIO SEN ACTIVIDADE¡¡¡

XA SE PUBLICOU O CARTEL E SE ABRIU O PLAZO PARA ANOTARSE PARA A ANDAINA NO NOSO CONCELLO O DOMINGO 13 DE MAIO ¡¡



INFORMAMOS DUNHA INTERESANTE CHARLA SOBRE A PREVENCIÓN DE INCENDIOS E AS NORMAS SOBRE A LIMPEZA DE MONTES E FRANXAS DE SEGURIDADE NOS NOSOS POBOS E ESTRADAS.
SERÁ MAÑÀ SÁBADO AS 20:00 NO AUDITORIO DA PEROXA.

Así o anunciou o Concello a través do seu perfil de Facebook o pasado 14 de abril....



Lembramos, que con anterioridade foi feita unha petición polos nosos concelleiros socialistas para realizar este tipo de charlas informativas, que desta vez foi aceptada, e o que é máis importante.....realizada ¡¡¡



SOLICITADA, PRECISAMENTE, PARA QUE SE NOS INFORME DE COMO PROCEDER PARA CUMPLIR CON QUE INDICAN ESTES BANDOS INFORMATIVOS QUE COLOCOU O CONCELLO NOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS...



OS NOSO VECIÑOS E VECIÑAS DA RONDALLA "XUNTANZA DOS POBOS" TERÁN UNHA INTERESANTE ACTUACIÓN MAÑA SABADO EN MOREIRAS EN COMPAÑÍA DE OUTRAS RONDALLAS...



Seguimos anunciando actividades de interés que se celebrarán nas vindeiras datas no veciño Concllo de Coles pero que serán seguidas por moitos dos veciños e veciñas do noso Concello:








APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS, E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

viernes, 13 de abril de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 14 e 15 de abril de 2018

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:


No fútbol rexional:


CORTEGADA .C.F. - A PEROXA C.F.: Domingo 15 as 17:00 no Campo de Cortegada.


No fùtbol dos equipos de base:

C.D. VELLE "B" - A PEROXA C.F. CADETE: Sàbado 14 as 12:00 no Campo de Velle.

U.D. OURENSE "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Domingo 15  as 12:00  no Campo do  Colexio Miraflores no Pereiro de Aguiar.

A PEROXA C.F. ALEVIN - E.D.C. XINZO "B": Sàbado 14 as 11:30 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - C.D. VELLE "B": Domingo 15 as 10:30 no Campo do Marco.

E.D.C. XINZO - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN:  Sàbado 14 as 11:30 no Campo de Xinzo de Limia.


No fútbol de veteráns:

CALDARIA - LLOVIZNA:  Sàbado 14 as 19:45 no Campo de Santa Cruz de Arrabaldo.

ATLETICPEROXA - IRIXO:  Sàbado 14 as 19:00 no Campo do Marco.


No fútbol sala:

O EQUIPO DOS PEARES F.S. SEGUE A ESPERA DO INICIO DA COPA DEPUTACIÓN UNHA VEZ PUBLICADOS OS RIVAIS E CALENDARIOS E ONDE A PESAR DE INICIARSE NESTA FIN DE SEMANA, O NOSO EQUIPO TOCALLE DESCANSAR E NON TERÁ COMPETICIÓN ATA O SÁBADO 21 QUE XOGARÁ COMO LOCAL NA SÚA CANCHA DOS PEARES.

Acceso ao calendario desta competición:


No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:


INDICAR PARA TÓDOLOS AFICIONADOS A ESTE DEPORTE NO NOSO CONCELLO QUE XA ESTÁ A ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓNS PARA O CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES "CORRENDO POR OURENSE 2018" E ONDE A SÚA PRIMEIRA CITA SERÁ O DOMINGO 22 NO BARRIO DO VINTEÚN.

TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE SEGUINTE:


Hoxe tamén temos que anunciavos un interesante evento que se celebrará esta fin de semana en Ourense e onde o noso Concello terá unha representación de nivel, tal e como se recolle no seguinte artigo de prensa:


Nula actividade cultural segue a ofrecer o noso Concello, onde o único destacable para estas vindeiras datas é unha charla informativa que vos anunciamos a continuación e para a cal podedes anotarvos hoxe como último día.


Ide anotando nas vosas axendas o seguinte e importante evento....ANDAINA NO NOSO CONCELLO O DOMINGO 13 DE MAIO ¡¡


LEMBRA QUE HOXE VENRES DÍA 13 CELEBRASE UNHA DAS NOSAS FEIRAS MENSUAIS NA PEROXA ¡¡


Seguimos anunciando actividades de interés que se celebrarán nas vindeiras datas no veciño Concllo de Coles pero que serán seguidas por moitos dos veciños e veciñas do noso Concello:









APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS, E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

jueves, 12 de abril de 2018

UN VELLO PROBLEMA QUE VOLVE A SER ACTUALIDADE ¡¡¡

Desta vez foi a propia veciñanza, quen xa farta destas situacións, denunciou publicamente o deterioro das nosas estradas e camiños públicos que sufren por parte das empresas que retiran a madeira dos montes do noso Concello.

Foron os veciños dos pobos de Gueral e Corbelle quen ante a pasividade e a falta de actuacións por parte dos nosos gobernantes, reclamaron a presencia da Televisión de Galicia para que informara deste grave problema, que ano tras ano, acontece con frecuencia, e que dende o goberno municipal non se exixen as medidas necesarias.

A reportaxe publicada foi a seguinte....

http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-da-peroxa-queixanse-polos-danos-que-os-camions-provocan-nas-estradas

Unha publicación que non debería deixar indiferente a naide, e sobre todo a algún "actor" que de xeito involuntario aparece na reportaxe na súa dobre función de "empresario da madeira" e o mesmo tempo Alcalde, e polo tanto, responsable de garantir uns servizos e accesos dignos aos veciños e veciñas destes e doutros pobos "afectados".

Esa sería a persoa axeitada para entrevistar e que dera a súa versión da situación....unha situación da que vos publicamos algunha imaxe das zonas afectadas....







Reiteramos no titular do artigo o calificativo de "VELLO" xa que é un problema recurrente durante moitos anos, e SIRVA COMO EXEMPLO PARA SOLICITAR UNHA MELLORA A ESTA PROBLEMÁTICA A NOSA PETICIÓN FEITA NO XA LONXANO ANO 2014......



Como sempre facemos, antes de calquer proposta e petición de mellora e comprobar de primeira mán a problemática para poder levar aos plenos correspondentes estas solicitudes de actuación para os problemas que afectan a veciñanza do noso Concello......neste caso as imaxes publicadas no seu día e amosadas no pleno correspondente foron as seguintes....







COMO XA NOS TEN ACOSTUMANDOS O SR. ALCALDE.....NAS SÚAS RESPOSTAS AS PETICIÓNS QUE OS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS TRASLADAN DOS PROBLEMAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO È TRATAR DE BUSCAR CULPABLES NA PROPIA VECIÑANZA, SEN ASUMIR NINGÚN TIPO DE RESPONSABILIDADES, E O QUE É PEOR......SEN OFRECER NIN BUSCAR SOLUCIÓNS ¡¡¡


LAMENTABLE ¡¡¡¡

ESTA FOI A RESPOSTA A NOSA PETICIÓN PRESENTADA E DEBATIDA NO PLENO DE NOVEMBRO DE 2014....



ANTE ESTA SITUACIÓN, OS NOSOS CONCELLEIROS SEGUIRON A TRABALLAR NESTE PROBLEMA, PARA TRATAR DE BUSCAR NO CONCELLO UNHA SOLUCIÓN A ESTE PROBLEMA QUE AFECTA A BOA PARTE DAS NOSAS ESTRADAS E CAMIÑOS PÚBLICOS.

CURIOSAMENTE, NESA LABOR, MESES DESPOIS ATOPAMOS DE NOVO ESTA SITUACIÓN NA ZONA DE BEACÀN E VALDOMAR E DESTA VEZ CREADA POLA PROPIA EMPRESA DA QUE É DONO O SR. ALCALDE, E ASÍ O TRASLADAMOS DE NOVO AO PLENO PARA QUE SE TOMARAN MEDIDAS AO RESPECTO.

FIXEMOLO DE NOVO A TRAVÉS DO SEGUINTE ROGO Nº 4 DO DOCUMENTO SEGUINTE....



NOVAMENTE, A NOSA PETICIÓN ESTIVO FUNDAMENTADA NO ESTADO QUE OS CAMIÑOS PÚBLICOS QUEDARON E QUE SE REFLEXAN NAS IMAXES SEGUINTES.....





E TRISTEMENTE, COMO POR CERTO, ERA DE AGARDAR......A RESPOSTA DO ALCALDE A ESTE PROBLEMA È XUSTIFICARSE DOS SEUS COMENTARIOS NO PLENO ANTERIOR, ONDE AGORA QUERE MATIZAR A SÚA "BÚSQUEDA DE CULPABLES", PERO QUE TODOS E TODAS TEDES A OCASIÓN DE LEER ÀMBALAS DÚAS RESPOSTAS PARA SACAR AS VOSAS PROPIAS CONCLUSIÓNS E PARA QUE TEÑADES UNHA CLARA IDEA DE COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO CO SEU ALCALDE A FRONTE E A COA COMPLICIDADE DOS SEUS CONCELLEIROS.

ESTA FOI A RESPOSTA DADA NO PLENO DE FEBREIRO DE 2015 AO PROBLEMA DA ZONA DE BEACÁN E VALDOMAR....


PENOSO E MOI TRISTE...... QUE SE TENTE CULPAR A VECIÑANZA DUNS PROBLEMAS QUE NON OCASIONA PERO SI SUFRIMOS ¡¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E A SER O TEU ÚNICO LUGAR DE TODA A INFORMACIÓN QUE AFECTA AO NOSO CONCELLO ¡¡



viernes, 6 de abril de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 7 e 8 de Abril de 2018

No eido deportivo, os equipos representativos do Concello terán os seguintes encontros:


No fútbol rexional:


A PEROXA C.F. - POLIGONO C.F.: Domingo 8 as 17:00 no Campo do Marco.


No fùtbol dos equipos de base:

A PEROXA C.F. CADETE- C.D. ARENTEIRO "B": Sàbado 7 as 10:00 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. INFANTIL - OURENSE C.F. "C": Sàbado 7  as 12:00  no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - PABELLON PROMESAS "B":  Sàbado 7 as 16:00 no Campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN:- OURENSE C.F.:  Domingo 8 as 10:30 no Campo do Marco.


No fútbol de veteráns:

A BARRELA - LLOVIZNA:  Sàbado 7 as 19:00 no Campo de Vilamarin.

VILAR DE ASTRÉS - ATLETICPEROXA: Domingo 8 as 11:00 no Campo de Vilar.


No fútbol sala:

O EQUIPO DOS PEARES F.S. SEGUEN A ESPERA DO INICIA DA COPA DEPUTACIÓN UNHA VEZ PUBLICADOS OS RIVAIS E CALENDARIOS E ONDE A PESAR DE INICIARSE NA FIN DE SEMANA VINDEIRA, O NOSO EQUIPO TOCALLE DESCANSAR E NON TERÁ COMPETICIÓN ATA O SÁBADO 21 QUE XOGARÁ COMO LOCAL NA SÚA CANCHA DOS PEARES.

No deporte do atletismo, os nosos representantes do PEROXA RUNNING, seguen a ter variedade de probas onde partipar, tal e como indica o calendario:


INDICAR PARA TÓDOLOS AFICIONADOS A ESTE DEPORTE NO NOSO CONCELLO QUE XA ESTÁ A ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓNS PARA O CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES "CORRENDO POR OURENSE 2018" E ONDE A SÚA PRIMEIRA CITA SERÁ O DOMINGO 22 NO BARRIO DO VINTEÚN.

TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE SEGUINTE:



Pouca actividade cultural segue a ofrecer o noso Concello, onde o único destacable para estas vindeiras datas é unha charla informativa que vos anunciamos a continuación....




Seguimos anunciando actividades de interés que se celebrarán nas vindeiras datas no veciño Concllo de Coles pero que serán seguidas por moitos dos veciños e veciñas do noso Concello:







APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS, E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

lunes, 2 de abril de 2018

Resumo do Pleno do 21 decembro de 2017

Con evidente retraso na publicación deste artigo, como sempre axeno a nosa vontade, xa que estivemos agardando durante moitas semanas pola redacciòn e publicación da acta do mesmo, e agora facemos o que foi o resumo deste INTENSO pleno onde se debateron e decidiron cuestións de màximo interès para a veciñanza, e que a continuación vos informamos con detalle.

Esta era a convocatoria e a orde do día da sesión....


No punto 1, aprobouse por unanimidade a declaración deste pleno como ordinario.

Aproveitou o noso portavoz para indicar que a pesar de ter xa sido advertido incluso ata polo Valedor do Pobo da obrigatoriedade que marcan as leis vixentes da celebración das sesións plenarias cada dous meses, e a pesar de ter o Sr. Alcalde, coa complicidade dos seus concelleiros, de ter modificado os acordos previos e deixar sen data previa bimensual para a súa celebración, obtando por un acordo máis que de dudosa legalidade onde o Sr. Alcalde propón a data e hora dos mesmos, segue a incumplir estes acordos e lexislación.

Mesmo chegou a garantizar e comprometerse por escrito nas alegacións feitas polo Concello da Peroxa a raíz da denuncia feita polo noso Grupo Municipal diante do Valedor do Pobo xa fai un par de anos polo contínuos incumplimentos e as trabas que poñía e segue a poñer ao traballo de control do grupo da oposición "que no seu concello se "cumplirían" as leis e se celebrarìan os 6 plenos obrigatorios".

Lembroulle o noso portavoz que por segundo ano consecutivo de novo volve a incumprir as leis e os seus propios acordos, xa que no pasado ano 2016 tivo tan só 4 plenos e neste 2017 que remata tivo tan só 5 ¡¡¡

Unha vez màis a resposta do Sr. Alcalde, e tamén do Sr. Secretario, responsable màximo do Concello para que se cumplan e fagan cumprir as normas foi.......O SILENCIO ¡¡¡

No punto2, tamén se aprobou por unanimidade a Acta do pleno anterior.

Tamén aquí tivemos a ocasión, de preguntar porquè, unha vez máis, non foron remitidas, como marcan as leis, xunto coa convocatoria para este pleno, tódalas Actas das Xuntas de Goberno Local celebradas dende o pleno anterior, faltando a da sesión 29/112017.

O Alcalde manifestou que descoñecía os motivos, pero que pronto nos será remitida.....¿?......POIS INDICAR QUE TODAVÍA SEGUIMOS A ESPERA DE QUE NOS SEXA FACILITADA ¡¡¡¡ noutro exemplo máis de trabas e falta total de respecto polo noso traballo.

En comparativa coa situación exposta no punto anterior, indicar que as Xuntas de Goberno Local sí se celebran coa periodicidade prevista, xa que no ano 2016 se celebraron 7 e no pasado 2017 as 6 que corresponden.......CURIOSO ¡¡¡

No punto 3, aprobaronse cos votos favorables dos concelleiros do grupo de goberno e a nosa abstención a modificación das ordenanzas municipais para adaptalas co proxecto "CONCELLOS DOING BUSINES GALICIA", que a pesar deste nome raro, veñen a ser medidas que favorezan e fomenten a implantación e fixación de empresas neste Concello.

Neste punto indicamos que están moi ben este beneficios para as empresas, pero SERÍA MELLOR OFRECERLLES SOLO INDUSTRIAL PARA PODER ASENTARSE, E POLO TANTO REITERAMOS A POSTA EN MARCHA DO PROXECTO PARALIZADO DO PARQUE EMPRESARIAL, por parte dun Alcalde que non foi quen todavía de poñelo a funcionar con case 40 anos ao fronte dun concello que esmorece en canto a poboación se refire, xa que teñen que marchar na búsqueda de traballo....

Tan só hai que botar a vista atrás, por exemplo a esta noticia de fai xa máis de 14 anos.....

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2004/09/10/parque-empresarial-ofrece-metro-cuadrado-modico-precio-cinco-euros/0003_3011906.htm

No punto 4, aprobase por unanimidade a consideración de Camiño Pùblico un ben que foi investigado entre as Paraxas e Corneda logo da consulta e declaración dos veciños e veciñas de máis de 60 anos onde indicaban que "sempre houbo un camiño público".

No punto 5, aprobasen por unanimidade as "Bases reguladoras do programa de vivendas baleiras do Concello da Peroxa".

Neste punto do pleno, o noso portavoz, unha vez máis, volve a confesar que ten "o sano vicio" de leer todas as publicacións e documentos que afectan ao noso concello, e de novo nos atopamos con múltiples erros nestes bases, PORQUE NINGUÉN SE TOMA NO CONCELLO ESA MESMA MOLESTIA ¡¡¡

Unha vez indicados e recoñecidos, tamén pregunta por algunha das cuestións que recollen estas bases....¿quen serán os integrantes da Comisión de Seguimento prevista neste convenio?
.....non tivemos resposta por parte da Alcaldía
.......e esto nos recorda tamén a do Convenio do Servizo Municipal de Augas onde levamos moitos anos sen esa Comisión, que lembremos, segundo indica o propio convenio è de existencia obrigatoria ¡¡¡¡

Tampouco foron quen de presentarnos nestas bases o Anexo II que será a solicitude, e así outras cuestións que rogamos se subsanen dun xeito áxil.

No punto 6, CHEGOU A SORPRESA DA TARDE ¡¡¡

O ALCALDE EXPÓN QUE DEBIDO "AS DIFICULTADES TÉCNICAS" PARA RECUPERAR AS COMPETENCIAS PARA O CONCELLO EN MATERIA DE RECADACIÓN, (DIFICULTADES QUE CURIOSAMENTE OS CONCELLOS DE COLES E AMOEIRO NON TIVERON), PROPÓN SEGUIR CON ESTE SERVIZO NA MANCOMUNIDADE ¡¡¡

VERGOÑENTO E HUMILLANTE QUE SE VEÑA AO PLENO A MENTIR CON TANTO DESCARO, XA QUE FACÍA POUCO MÁIS DE DOUS MESES ESE MESMO ALCALDE INDICABA "QUE NON ESTABAN SATISFEITOS CO TRABALLO DESTE SERVIZO NA MANCOMUNIDADE" ¡¡¡

Neste asunto remitimosvos ao artigo publicado sobre o resumo do anterior pleno neste mesmo blog, onde no seu punto 2 explicamos cal era a situación real.

Acceso no seguinte enlace:

http://socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2017/11/resumo-do-pleno-celebrado-o-25-de.html

Voltamos a preguntar neste punto se alguén do grupo de goberno era quen de darnos unha cifra dos ingresos que o noso Concello deixou de cobrar nos últimos 5 anos tal e como xa preguntamos no pleno anterior.......NON TIVEMOS RESPOSTA ALGÚNHA ¡¡¡

MANIFESTAMOS QUE NOS PARECÍA "SOSPEITOSO" QUE XUSTAMENTE DESPOIS DE TER ACORDADO ABANDOAR ESTE SERVIZO DA MANCOMUNIDADE EN SETEMBRO, EN NOVEMBRO SE CONVOCARA PARA ESE SERVIZO UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE RECADACIÓN, QUE TAL E COMO ADIANTAMOS SEMANAS ANTES DA SÚA RESOLUCIÓN ESTABAN BEN CLARO QUEN ÌA SER O "ESCOLLIDO" ¡¡¡

POR PARTE DA ALCALDÍA SE NEGABAN ESTAS "EVIDENCIAS", PERO CREEMOS QUE ESTÁN BEN CLARAS E BEN ARGUMENTADAS, E LAMENTAMOS QUE SE ANTEPOÑAN INTERESES PERSOAIS NESTA DECISIÓN AOS INTERESES XERAIS DO CONCELLO DA PEROXA ¡¡¡

O ALCALDE REMATABA ESTE DEBATE "COMPROMETENDOSE" A QUE SE ESTE SERVIZO NON REALIZABA A SÚA LABOR CORRECTAMENTE DENTRO DUN ANO SE LLE DABA "CARRETERA"(palabras textuais que aparecen na acta do pleno).

POLO TANTO VOLVEMOS A POÑER DURANTE UN ANO EN RISCO MOITOS MILES DE EUROS QUE O NOSO CONCELLO PODERÍA DEIXAR DE INGRESAR E TODO ESTO COA COMPLICIDADE DO ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS ¡¡¡

No punto 7, os nosos concelleiros socialistas, revisaron a publicación dos Decretos da Alcaldía.

No punto 8, dentro do apartado de ROGOS, presentamos o seguinte:



Aprobouse por unanimidade, indicando o Alcalde "que se está a traballar nesta demanda".

Argumentamos esta petición coa precariedade e falta de actualización dunha web municipal obsoleta e non acorde aos tempos que corren, onde a información online vai cada día a mais ¡¡

http://www.aperoxa.es/

A do Colexio, por exemplo, está todavía máis desactualizada, sendo agora mesmo unha posible ferramenta para fomentar as actividades e servizos deste centro para captar novos alumnos de cara o vindeiro curso....

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprobertoblanco/

Rematamos este argumentario indicando que xa nos orzamentos 2017 do concello se contemplaba a contratación dun Informático que todavía a día hoxe non se executou, onde o concello aportaba 2.000€ que se pretendìan completar con algunha subvención doutra administración, e onde neses mesmos orzamentos se destina anualmente unha partida económica de 5.000€ para "Programas informáticos nuevos".

Agardemos por fin ver pronto estas actuacións de mellora que coloquen ao noso Concello no eido da Información ONLINE ¡¡

No apartado de PREGUNTAS, presentamos por escrito as seguintes....





En resposta a PREGUNTA 1, o alcalde manifesta "que se nos dará información cando este o proxecto redactado, pero adianta que o saneamento do pobo do Amido é unha delas".

Tamén segundo a publicación posterior no Boletín Oficial da Provincia, tal e como podedes comprobar na paxina 10 se acometerá o servizo obrigatorio de saneamento en Corneda.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=26&fecha=20180201

En resposta a PREGUNTA 2, contesta o Alcalde, noutra das súas típicas respostas evasivas e botando "balóns fora" cando o concello non está a altura das actuacións necesarias.....indicando "que o concello non está por detrás do 80% dos concellos e que non ian a poñer o carro antes que os bois".

Despois de escoitar esta resposta pouco máis podemos engadir, xa que eles mesmos amosan o seu completo pasotismo e desinterès por poñer o noso concello ao día en canto ao cumplimento e posta en marcha das novas leis vixentes¡¡¡

Con respecto a PREGUNTA 3, pouca gracia lle fixo ao grupo de goberno municipal, xa que demostramos que o Concello non tramitou correctamente a xustificación desta subvención, nin en canto a prazos nin a xustificación dos traballos realizados, e posteriormente a este pleno, se fixo unha modificación deste puntos, para non ter que devolver os cartos desta subvención de 10.000€, noutro exemplo máis do descoñecemento dos mandatarios municipais en canto a lectura e interpretación das bases desta e doutras subvencións, a pesar, de terllo advertido con anterioridade dende o noso grupo municipal.

Non permitiremos que os "caprichos" do alcalde en canto aos procesos selectivos e xestión das subvencións poidan ocasionar perxuizos economicos ao concello.

Lamentamos tamén, que nun acto pouco loable, o alcalde manifesta tamén en resposta a esta pregunta que se TOMARÁN AS MEDIDAS OPORTUNAS RESPECTO DA PERSOA QUE TEN A "RESPONSABILIDADE" DE TRAMITAR AS SUBVENCIÓNS, discrepando nos deste punto, xa que a firma è do propio alcalde, que ben podería esforzarse en asuntos de interès no seu concello e sobre todo do secretario que lle vai no elevadísimo soldo estas responsabilidades.

En resposta a PREGUNTA 4, indicase por parte da alcaldía que "recentemente se rematou a ampliación desta ruta para facela circular e tamén a nova sinalización que foi subvencionada", e en canto a non publicación nos libros e aplicacións especializadas sinala que "agarda que sexa efectiva para o vindeiro ano".

Este foi o cartel da subvención concedida....


A ruta do noso concello está anunciada en algún cartel indicador como o seguinte...QUE SEGUNDO A AMPLIACIÓN REALIZADA DEBERÁ SER MODIFICADA COS NOVOS DATOS ¡¡



A nova revista publicada pola Xunta de Galicia non reflexa a Ruta do noso Concello, nin a amplicación recente, nin a ruta xa instaurada fai varios anos....POÑAMOS AS MEDIDAS PARA QUE O NOSO CONCELLO ESTÉ PRESENTE COMO CALQUER OUTRO ¡¡




No caso da revista editada polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra si se recolle a nosa Ruta, PERO SOLICITAMOS QUE NA VINDEIRA PUBLICACIÓN APAREZAN OS CAMBIOS REALIZADOS NA MESMA...





Nesta pregunta quedou de novo demostrado o noso interès por poñer ao noso Concello no lugar que se merece e promocionar o noso patrimonio e lugares senlleiros.....agardemos que dende as oficinas municipais se poña, cando menos, o mesmo interés ¡¡


Finalizamos o pleno con unha pregunta de xeito oral, onde preguntamos sobre a concesión dunha subvención para a mocidade do noso Concello para o exercicio 2017 e sobre cales foran as actividades desarroladas para ese fin con eses cartos, xa que segundo a comprobación que fixemos na tramitación desa subvención se xustificou como "actividade para a mocidade" unha excursión ao San Froilàn en Lugo onde, a pesar da moita asistencia de veciños e veciñas do Concello as idades dos participantes estaban "moi lonxanas da idade moza", solicitando que este tipo de "excursións" se encadrasen noutras subvencións que existen e os cartos que se conceden para actividades xuvenís se empreguen en actividades reais para as franxas de idade indicadas ¡¡¡


ASÍ REMATOU ESTE INTENSO PLENO ONDE OS ASUNTOS TRATADOS FORON DE INTERÉS PARA A VECIÑANZA, E ONDE DE NOVO, A INFORMACIÓN DE TODO O QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO TAN SÓ A PODES ATOPAR NESTE LUGAR.

SEGUIMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡