Como si dunha premonición se tratase, hai uns días tratamos o tema da ubicación da INCINERADORA de lixo co seu correspondente vertedoiro.....pois ben, non día de hoxe levántamonos cunha noticia que parecía un pesadelo dun sono do que teríamos que espertar pronto, pero por desgracia para nos é unha realidade latente.
http://www.laregion.es/noticia/141935/peroxa/xinzo/planta/residuos/sur/galicia/
Somos un concello con moitas posibilidades de arruinar o noso futuro grazas a xestión do noso alcalde que nos pretende traer para as nosas terras toneladas de LIXO e BASURA. O que ninguén quere para a súa terra aquí ofrecémonos voluntarios.
Logo dun día moi longo informándonos desta nova e traballando para facer todo o posible pola nosa banda para evitar que esto sexa realidade, e a espera de noticias máis concretas que vos irei contando tan só quixen aproveitar estas últimas horas do día para informarvos do que se nos ven enriba.
Nos próximos días teredes información real e verídica da noticia, e non eses datos falsos e fora de toda credibilidade que aporta o PP queréndonos vender un proxecto peligroso para a saude e o futuro dos nosos veciños e veciñas.
Tan só animarvos a todos os que nos importa o futuro do noso concello a decir ben claro e alto.....
LIXO E VERTEDOIRO NA PEROXA NON ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario