O titular da noticia é esperanzador para moitos veciños e veciñas, pero coma sempre se lemos a "letra pequena" deducimos que unha vez máis é un requisito legal que hai que pasar para a concesión dunha praza no Xulgado de Paz do noso concello a persoas moi concretas.
Entre os requisitos ou méritos que se piden está un moi particular e totalmente excluínte: "desempeño da secretaría do Xulgado de Paz do Concello da Peroxa....e se acredite un tempo de desempeño superior os cinco anos e que non exceda de seis"....¿?
E digo eu....
Elogo se traballache máis de 6 xa non valería? supoño que tería demasiada experiencia?
e se é menos de 5? tería pouca experiencia?
En fin, o que hai que ver ¡¡
Aínda que poucas experanzas nos deixan, se alguén cumpre eses requisitos aquí lle deixo o enlace o BOP do martes 22/02/2011 onde na súa páxina 19 atoparedes a convocatoria completa.
Atención o prazo ¡¡ so tedes para botar a solicitude ata o sábado.
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=43&fecha=20110222
Este punto da convocatoria poderíamolo relacionar co artigo anterior que publiquei neste blog onde falaba do tema dos procesos selectivos que fai o PP. Se o lestes veríades que un dos puntos que a Xunta reclama nas oposición no concello de Allariz e o tema de que só puntúan servizos prestados nese concello.....que hipocresìa, botadelle un ollo a calquer oposición convocada pola Deputación ou outro concello con políticas semellantes do PP e veredes que é un "mérito" que indican en todas.
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario