Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 9 de febrero de 2011

Historia dunha gran mentira ¡¡

O titulo do artigo xa o di todo....

Refírome o gran engano do PP co tema do VERTEDOIRO DE LIXO que valora "colocar" no noso concello, concretamente no límite coa provincia de Lugo, no Gulfar, tralo ofrecemento do alcalde da Peroxa.

Pretender traer lixo e basura vendendo un faraónico proxecto de "reciclaxe moderno" irreal totalmente. A concesión sería por 50 anos a unha empresa privada (recordemos os problemas de Sogama sendo pública...), co que eso conlevaría; canto máis lixo queime (que eso e o que vai facer), máis cartos gaña.

Como vos puxen en algún outro artigo, esto levaría consigo uns altos índices de contaminación no aire, nas terras e nos ríos. Cabe recordar que o noso concello abastécese nun 90% de captación de auga de ríos.

O "caramelo" dos 500 postos de traballo que ofrecen (que días despois o noso alcalde xa cifrou en 150) non son reais, tan só vos indico que nas 10 incineradoras de España hai tan só 568 persoas traballando.

A superficie mínima necesaria para esta instalación sería ó redor de 600.000m2.

Os danos serían irreparables e o futuro das nosas terras e xentes quedaría envenenado por moitos anos.

No concello carecemos de infraestructuras adecuadas a este tipo de instalacións, entre outras cousas pola terrible neglixencia política dos nosos gobernantes municipais que en todos estes anos non foron capaces de traer unha vía de acceso o noso concello digna para os tempos que corren. Este problema apreciase en que non hai unha sóa industria que veña para o noso territorio, e agora, inda poriba se nos colocan este VERTEDOIRO......que empresa credes que viría instalarse aquí ?? Reflexionade sobre o tema.

Acompaño outro artigo de opinión dos veciños do Ribeiro onde fan cronoloxía desta gran mentira. Poño o texto íntegro que podedes ver no seu blog (con acceso dende os enlaces da columna da esquerda):
http://www.incineranon.wordpress.com/

Resume…o camiño da Xunta para facer a Incineradora


Na primaveira de 2010 A Xunta acorda a aprobación INICIAL do Plan de Residuos Urbanos de Galicia que modifica o anterior introducindo a construcción dunha Incineradora no Sur, como aportación do PP á xestión dos Residuos, mediante concesión por 50 anos a unha empresa privada.


O 12 de Xaneiro de 2011 o Consello da XUNTA aproba DEFINITIVAMENTE o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020, no que se prevé o chamado Complexo de Tratamento de Residuos Urbanos do Sur que terá a Incineradora que queimará 290.000 Tm ano das 310.000 Tm que vai tratar, cun presuposto de construcción de 244 Millons de euros (datos da Xunta, ollo)


Pero no medio sucede algo sorprendente:


O DOG de 28 de Decembro de 2010 publica a Resolución de adjudicación de Parques Eólicos, no que se concede a ESTELA EOLICA 186 MW e de propina se lle adjudica a actuación “Planta de tratamento de residuos sólidos urbanos con xeneración termoeléctrica de 50 MW.


ALGUNHAS REFLEXIÓNS:


-Feijoo e o P.P. na oposición fixeron unha dura campaña ,identificando reciclaxe con basura, contra o proxecto de construir un parque empresarial e tecnológico da Reciclaxe. Interrompiron actos institucionais, inauguracions,mitins . Encheron de pintadas e pancartas os pobos do Ribeiro.


O chegar ó goberno da Xunta paralizaron ese parque de empresas de reciclaxe para non contaminar.


Agora FEIJOO e o PP acordan traer toda a basura do Sur de Galicia (no futuro cecais toda) e facer unha Incineradora para QUEIMALA.


-Non fan nin PROXECTO no que se defina a instalación,tecnoloxía a usar …Nin se dí UBICACIÓN da mesma. Nin se fai ESTUDOS DE IMPACTO AMBIENTAL do entorno.Nin exposición pública.Nin nada de nada.


-Non se fai Concurso para que outras empresas podan presentarse. O dedo de Feijoo decide que sean empresarios de Castela-León os beneficiarios neste negocio para Queimar o lixo do Sur de Galicia durante 50 anos para producir electricidade.


-No medio destes feitos aparece o “torero” Baltar decindo un día onde non vai ser, outro que se saberá despois das Eleccions Municipais para non perjudicar ós seus candidatos,outro día que hai varios alcaldes que lle ofreceron o seu concello, outro día dí que será noutro concello doutras comarcas…agora anda repartindo a merda por toda a provincia…


Pero a pregunta é ¿qué fai o presidente da Deputación (tutor presidente do PP na provincia) xestionando os solares para unha empresa particular beneficiaria dunha adjudicación a dedo ,competencia da Xunta?


-O PP en lugar de axudar a que veñan industrias de futuro (como o reciclaxe) ou outras (Mitsubishi…) pretende unha instalación que ninguén quere. Pretende traer a nosa provincia algo que as zonas máis productoras de lixo e ricas non queren.


-O PP promove a INCINERACION, sistema que xa está prohibido en moitas Comunidades Autónomas e Rexións de Europa. Un sistema que queima indiscriminadamente os residuos . Sen ter en conta que a maioría pode ser tratado para obter compost (compostaxe).Que se o resto se debe separar para reciclar…


O PP encargalle a unha empresa que o meta todo no forno para obter electricidade.


A incineradora provocará EMISIÓNS que dañan o entorno nun radio de acción importante. Xenera verquidos e contaminación nas terras , nas augas,no ar.


-Por elo hai que esixir que se PARALICE a construcción do Complexo de Residuos e Incineradora do Sur, tal como se pedía nas ALEGACIONS formuladas ó Plan de Residuos e que nin xiquera se contestaron nin tiñeron en conta.


Que non se faga EN NINGÚN LUGAR.


-Que se deixe de andar xogando coas Comarcas da Provincia,creando inquietude en moitos concellos,que só provocan tensións innecesarias. A Provincia non quere esta instalación.


-Hai que lembrarlle ós Veciños ,que ante a actitude do PP de non dar a coñecer a Ubicación que tén decidida, se propoña unha ACTITUDE ACTIVA ante o PARTIDO POPULAR nos Concellos candidatos a esta Instalación.


-Os riscos de que se instale a Incineradora nun Concello non afecta só a eses veciños senon a toda a Comarca e ás Comarcas Veciñas. Por elo debe terse en conta que os veciños que apoien ou calen nesta situación no seu Concello tamén perjudican e afectan ós veciños dos concellos próximos.


-Por elo só podemos admitir que o Presidente Feijóo e o Partido Popular ANUNCIEN de forma INMEDIATA a ANULACIÓN do proxecto do Complexo de Basura e Incineradora do Sur, e que en todo caso aseguren que non se fará ( en NINGUNA COMARCA,e menos na nosa).

Se alguén todavía non coñece o significado de INCINERADORA, hai van un par de enlaces ilustrativos:

http://www.lareserva.com/home/incineracion_residuos_consecuencias_medio_ambiente

http://es.wikipedia.org/wiki/Incineradora_de_residuos_s%C3%B3lidos_org%C3%A1nicos

A pesares de levar uns días fora dos titulares de prensa sobre esta noticia, advertirvos que algo se está "cocendo" e non estamos descartados como nos pretenden vender os medios locais, pódense estar tomando decisións importantes para o noso concello e coma sempre de espaldas os veciños.
Falando de prensa, non deixedes de leer este artigo onde literalmente se chama "monicreque" o noso alcalde. ¡¡ Esta é a opinión que teñen del fóra das nosas terras ¡¡

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/05/portada-ourense-psoe-pedira-parlamento-hernandez-aclare-ubicara-incineradora/515690.html

Para rematar coa prensa, un artigo interesante....

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/08/0003_201102O8C10993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Para rematar unha nota de prensa do PSOE de Ourense onde manifesta a súa postura ao respecto:

http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=6861

E seguimos ocupándonos e preocuándonos polo futuro das nosas xentes e terras; a través do PSdeG-PSOE e co apoio do Grupo Municipal Solicialista da Peroxa levamos o Parlamento o nome do noso pobo para preguntar e que nos digan XA ¡¡ dunha vez por todas onde e a quen van ENVENENAR o futuro.

http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=6924

Valentía e transparencia señores do PP ¡¡

E como punto final, a opinión e o desexo de moitos veciños e veciñas da Peroxa, que coincide plenamente coa do Grupo Municipal Socialista da Peroxa:


                                            POSTOS DE TRABALLO SI ¡¡


                                          
                             VERTEDOIRO DE LIXO NON ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario