Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 28 de febrero de 2011

Interesantes convocatorias.

Informovos de 3 interesantes convocatorias recentes:

A primeira saiu no DOG do venres 25/02/2011 na sua páxina 3154 e que se refire a axudas para a rehabilitación de vivendas:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e5c3433c9fa6f1a2c12578410054ebea/$FILE/03900D014P038.PDF

A segunda e na mesma publicación pero na páxina 3164 refirese a axudas para compra de vivenda:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/e5c3433c9fa6f1a2c12578410054ebea/$FILE/03900D016P048.PDF

E a terceira e cambiando de tema, tratase de unha convocatoria para axudas individuais para a promoción da autornomía persoal e accesibilidade, ou o que é o mesmo, axudas para merca de instrumentos ou para obras  encamiñadas a mellora da mobilidade das persoas afectadas.
Esta publicada no DOG do luns 28/02/2011 na paxina 3276.

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/9fe12b8ac40b2c9dc1257842004c5aee/$FILE/04000D005P031.PDF


Unha vez máis ofrecemos a nosa colaboración para información ou tramitación destas ou de outras axudas convocadas por calquer administración.

Neste punto "agradecer" o concello da Peroxa, non sabemos se por iniciativa propia, ou por sentirse "presionado" porque dende un lugar tan humilde coma este blog se publiciten axudas que podan ter dereito os nosos veciños e veciñas, decidiran comunicar neste caso a axuda por fillos menores de 3 anos as persoas afectadas.
Tamén é destacable que logo dun montón de anos sen publicidade de ningún tipo das múltiples convocatorias e axudas, por fin, nas últimas datas se fagan chegar os nosos pobos a través dos "bandos" a publicidade dos DEREITOS da ciudadanía.


Seguindo co tema de convocatorias, e dado o interés de moita xente polo emprego público ( de feito o anuncio sobre a praza para o xulgado do noso concello que aquí publicitamos bateu recórds de visitas no blog chegando ata as 77 ¡¡), a partires desta semana e tentaremos que sexan todas vamos a poñervos un enlace directo a un boletín semanal que saca o Goberno de España coas convocatorias públicas de todo o país onde podedes consultar por titulación, por Comunidade Autónoma, etc.


http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop//page/trabajarEnlaAdministracion&fia=ciudadanosHome

Tan so tedes que pulsar en boletín semanal

No hay comentarios:

Publicar un comentario