Hoxe nos diferentes xornais atopámonos novamente con infinidade de noticias sobre a política caciquil e de enchufismo dos membros do PP. Algo que por desgracia para nos xa non é novidade.
Poderíamos poñer moitas e moi variadas, con diferentes aspirantes a prazas na Deputación de Ourense, que polo visto pelexan entre sí haber cal deles lle toca primeiro.
Solo lembrar que para a composición das listas dos diferentes concellos para o PP é a petición máis de moda. Os ideais e o traballo polos veciños non aparecen nin por asomo en ningún candidato, tan só tratan de posicionarse ben para acadar salvar o seu cú, sin ningunha ambición nin ilusión polo traballo no seu pobo ou concello.
Eu hoxe decateime especialmente de dúas novas onde se reflexa a súa hipocresía, e coma sempre coa parella de moda polo medio: Baltar & Feijoo.
A primeira refírese a unha nova onde se indica que un dos membros do tribunal dunha oposición da Deputación de Ourense retírase do tribunal para non "examinar" a súa filla que é opositora. Ainda quererá unha medalla o mérito o tío, será caradura ¡¡
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/asesor/juridico/Baltar/renuncia/estar/tribunal/oposicion/hija/elpepuespgal/20110222elpgal_7/Tes
Esto como xa vos decatastes, por desgracia, xa non é noticia. Pero o caso e que no mesmo artigo o Sr. Feijoo preguntado por estes "procesos selectivos" da Deputación dí non estar o corrente de ningunha anomalía, e se as houbese non pertencen a súa administración, polo tanto será a propia Deputación quen debe responder das acusacións.
Ata este momento pois podería estar de acordo se non fose que o único que fixo foi botar o morto a outro e mirar para outro lado (por certo, como fai a diario cos problemas dos galegos).
Xustamente no mesmo día aparece no "seu xornal" outra nova onde di que a Xunta investiga "anomalías" nunhas oposicións no concello de Allariz.......¿?
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/02/22/0003_201102G22P7991.htm?idioma=galego
Tedes que perdoarme a expresión pero é que non podía aguantar.......
TEN COLLÓNS O TEMA ¡¡
Resulta que según as palabra anteriores de Feijoo agora Allariz é parte da Xunta, por eso investiga as anomalías.
Eu creo que esta hipocresía non os pode levar a ningún lugar.
SEÑORES BALTAR, FEIJOO E MEMBROS DO PP.......FORA DAS INSTITUCIÓNS ¡¡
Xa esta ben de rirse dos veciños e de pisotear unha e outra vez os nosos dereitos ¡¡
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
martes, 22 de febrero de 2011
Un novo exemplo da política hipócrita do PP e do Sr. Feijoo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario