Un novo sobresalto o vivido hoxe tras ver os titulares da prensa local. Trala visita de onte do conselleiro de Medio Ambiente da Xunta recolle a prensa a noticia de que Xinzo, debido o apoio político, social e da veciñanza non será a sede do LIXO de Galicia a través da incineradora.
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/23/0003_201102O23C5992.htm?idioma=galego
Unha vez declarado esto, supoñemos que, tristemente para nós, a segunda opción que barallaban pasará a ter todavía máis forza e máis posibilidades. E decir, que tentarán "colocala" na Peroxa.
Ademáis temos na nosa contra de que o noso ALCALDE ofreceuse voluntario a recibila para envenenar as nosas terras coa triste desculpa duns postos de traballo a costa da saúde e futuro dos nosos veciños e territorios.
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/23/xunta-muestra-preferencia-ubicar-ourense-planta-incineradora-sur-galicia/521003.html
Pero si a noticia en sí é preocupante, todavía é máis o escurantismo e a falta de transparencia con que están a levar o tema. Seguramente o lugar da súa ubicación xa esté decidido a estas alturas, pero a súa política de enganos e mentiras os veciños non ten límite e din que non a farán pública ata pasar as eleccións municipais.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/anunciara/nueva/Sogama/elecciones/elpepuespgal/20110223elpgal_8/Tes
Queren tirar a pedra e esconder a man. Non son valentes nin queren dar a cara ante os veciños. Unha vez máis demostrase que o único que pretenden e seguir no poder a costa do que sexa, ainda que se leven por diante a saúde dos seus.
XA COÑECES AS SÚAS INTENCIÓNS; AGORA DECIDES TÍ O FUTURO DO TEU POBO ¡¡
UN ALCALDE DO PP =VERTEDOIRO DE LIXO
PARA A PEROXA
NON O PERMITAS, ESTÁ NAS TÚAS MÁNS ¡¡
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario