Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 18 de febrero de 2011

Nova subvención concecida o concello da Peroxa

No BOP do luns 31 de xaneiro de 2011 na súa paxina 2 indica a concesión o noso concello dunha subvención de 10.000€ para os gastos da celebración do Campionato Nacional de Enduro 2010. Unha cantidade realmente importante para un deporte considerado minoritario ainda que con varios practicantes no noso contorno.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=24&fecha=20110131

Esta tempada os membros do Moto Clube A Peroxa parecían dispostos novamente a dar un paso máis e organizar unha proba do Europeo, pero esta vez e como xa fixeran anteriormente, o lugar elexido era o concello de Nogueira, pero as malas noticias chegaron esta semana cunha nova da prensa que cancelaba esta cita por falta de presuposto nas arcas municipais ou provinciais.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/17/0003_201102O17C14991.htm?idioma=galego

En fin, unha lástima que sempre se recorte en actividades sociais, deportivas ou de lecer. Aquí sempre chegan os recortes e as queixas de falta de presuposto, pero para o seu uso partidista e sobre todo nestas datas electorais hai sempre cartos......VERGONZOSO E HUMILLANTE ¡¡ EMPREGO DOS CARTOS PÚBLICOS PARA FINS ELECTORAIS DO PP = CACIQUISMO, BASTA XA ¡¡

Refirome a este tipo de actuacións:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/02/03/0003_201102G3P10991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

E estas barbaridades do Sr. Baltar co beneplácito do Sr. Feijoo que se lle enchía  boca con palabras endulzantes para os oidos cando chegou o goberno e que hoxe esta a seguir a liña dos seus "baróns"....qué lástima ¡¡

Non deixedes de leer este interesante artigo para ver que decía Feijoo o chegar o goberno e o que dí e fai hoxe....puro cinismo e hipocresía ¡¡

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/caciquismo/acaba/dia/elpepiautgal/20110208elpgal_3/Tes

No hay comentarios:

Publicar un comentario