Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 15 de febrero de 2011

Prestación económica para fillos e fillas menores de 3 anos.

No DOG de hoxe 15/02/2011 na súa páxina 2575 saiu a convocatoria para o pago único para fillos e fillas menores de 3 anos. Esta prestación pódese solicitar en tres anualidades correspondentes os 3 primeiros anos dos nosos fillos. Os requisitos son moi sinxelos e a tramitación tamén. A contía é de 360€ que nos ingresarán aló por finais de ano seguramente. Bótadelle un ollo no enlace seguinte onde tamén atoparedes o formulario para entregar nos rexistros da Xunta de Galicia en Ourense:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/d92fa86e062bfd6cc125783700553d2d/$FILE/03100D009P039.PDF

Como en anteriores convocatorias recordade que podedes consultar calquer dúbida ou solicitar colaboración para a súa tramitación. Quedamos a vosa disposición no enderezo electrónico: socialistasdaperoxa@gmail.com ou tamén persoal ou telefónicamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario