Con esta frase do ámbito deportivo recibimos a mala noticia de que o noso concello ten todas as papeletas para a colocación do VERTEDOIRO DE LIXO que nos quere "regalar" o noso alcalde.
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/27/peroxa-convierte-alternativa-limia-ubicar-planta-incineradora/522310.html
A unión veciñal e a oposición frontal dos grupos políticos, incluído a última hora tamén o PP fixo que a opción de Xinzo de Limia se descartara.
http://www.laregion.es/noticia/144728/rechaza/diputacion/ubicar/planta/basura/xinzo/
Logo de tentar "colocar" o LIXO no Ribeiro e na Limia e ante a oposición veciñal, social e política desistiron da súa idea, e serviu para facerlle ver a estos do PP que o futuro da nosa provincia e das nosas xentes non se "compra" cunha oferta duns poucos postos de traballo a cambio de aturar un castigo medioambiental nos vindeiros 50 anos.
Ante estas presións o "xefe" foi rebaixando o tono e agora xa pensa doutro xeito diferente a fai uns días....¿?
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/26/baltar-pumar-asegura-incineradora-ubicara-ourense-rechazan-concellos/522034.html
E ante esta situación de rechazo unánime de toda a provincia sae o "iluminado" do noso alcalde e ofrecese voluntario para recibir o VERTEDOIRO no noso concello...........¿?
A nosa reflexión é moi dubidosa.....¿que oscuros intereses pode ter neste tema para ir a contracorrente de todo o mundo? ¿realmente merece a pena castigar así os seus veciños? ¿cal é realmente a razón deste ofrecemento?.....
Logo de moitos anos de nefasta xestión para o concello (aislándonos por completo do futuro en canto a infraestructuras, industria, turismo, oportunidades para que os xovenes non tiveran que marchar a cidade, etc, etc), facendo unha xestión basada únicamente nos intereses partidistas e de actuacións totalmente clientelares onde todo ten que "pasar pola súa mán"; pretende agora como remate final hipotecar de por vida o futuro destas preciosas terras e xentes traendo algo que nadie quere alegando que o fai por uns míseros 100 ou 150 postos de traballo. Postos de traballo que seguramente traeran en nefastas condicións, cuns riscos para a saúde enormes e que a máis ou menos prazo traerán tristes consecuencias.
O mesmo tempo aproveita o Sr. Alcalde para xustificar coa chegada do VERTEDOIRO un enlace a futura autovía de Lugo que agora mesmo non temos previsto, o igual que tampouco temos nin teremos a futura autovía de Ponferrada por terras de Carracedo.....outro exemplo máis da súa xestión.
E falando de infraestructuras, non podía deixar de nomear a súa grande aportación a CARRETERA NOVA DENDE VILARCHAO ATA A PEROXA; toda unha vida política con este tema e cun único resultado a día de hoxe: carteis de inicio de obras un ano tras outro e colocación de sinais de madeira pintadas de roxo.... ¿para qué? ¿para seguir enganando a quén?
O final farase a carretera no século XXI cun proxexto caduco do século pasado.....¿e esto o que merecemos?.
Para rematar e voltando o tema que nos ocupa hoxe, recordar os veciños e veciñas da Peroxa e tamén dos concellos limítrofes que non podemos facer oídos xordos nin quedar de brazos cruzados o castigo que se nos ven enriba.
Chegou o momento de movilizarse, dende a nosa forza política faremos o que humanamente sexa necesario pero necesitamos a vosa colaboración para para esto.
Unha vez máis temos que decir ben clariño........
VERTEDOIRO DE LIXO NA PEROXA NON ¡¡
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario