Hoxe por fin, logo dun estudio real e actualizado da situación, vou a poñervos aquí unha información que é moi preguntada por veciños da varias zonas do concello. Moita xente se pregunta pola existencia e polo funcionamento dos diferentes tipos de asociacións.
Pois ben, para a información sobre o descoñecemento de gran parte da maioría da nosa población informareivos que agora mesmo no concello da Peroxa temos a redor de 30 asociacións de moi diversas índoles, que foron creadas dende o 1987 a máis antiga ata o 2010 a máis recente.
¿Cantas destas coñecedes? ¿ Sabedes a onde tedes que acudir para formar parte delas? ¿Cal é o seu fin?.....
Moitas destas preguntas fanse os nosos veciños.
Moitas foron creadas soamente para recibir subvencións que logo foron administradas dun xeito polo menos "sospeitoso", cunha directiva e membros "virtuais".
Gran número delas foron creadas e "dirixidas" dende o concello
Destas 30 a día de hoxe funcionando e con actividades podemos entender que non chegan a 10, sendo das máis activas a Asociación de Veciños de Armental, a de Mulleres Rurais O Rial, a asociación cultural Camiño do Rial (ubicada no colexio Blanco Torres da Peroxa), e pouco máis.
Divididas por sectores temos as seguintes:
11 asociacións de veciños
O Castro (Peroxa), Chambariceira (Peares), San Martin (Gueral), Amparo (Carracedo), Xuntanza (Mirallos), San Marcos (Beacán), San Vicente (Graices), San Salvador (Armental), Toubes, Graices, San Ciprián.
3 asociacións de mulleres
Mulleres Rurais O Rial (Peroxa), O Reboredo (Casundila), Pueblos Unidos (Beacán).
1 de gandeiros
Asociación de Labregos e Gandeiros a Saude (Mirallos).
8 culturais
Airiña (Besteiros), Prada Chamochin (Peares), Gramalleira (Toubes), Padroado (Peares), Festas de Corbelle, Festas de Graices, Camiño do Rial (colexio da Peroxa), Carrileiros (Peares).
3 deportivas
Club Fluvial Tres Pontes (Peares), A Peroxa Club de Futbol, Peña Madridista ( Peroxa).
3 xuvenís
O Castelo (Peroxa), Santiago de Carracedo, Amigos Camiño de Santiago (Peroxa).
Realmento a moitos sorprenderalle esta variedade e máis ainda a falta de actividade e de funcionamento público.
Estes datos son públicos e pódense consultar no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/rexistros/RexistroRAS.htm
Periódicamente algunhas reciben subvencións públicas para actividades diversas, nuns casos máis xustificadas que noutros, todo dependendo de quen a "dirixa".
O exemplo máis recente son estas subvencións para actividades musicais a asociación Camiño do Rial, na que o mesmo tempo e por actividades similares tamén recibe cartos o noso concello. Mirade a publicación do BOP do 9 de febreiro de 2011 nas súas páxinas 61 (nº56) e 63 (nº24).
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=32&fecha=20110209
Dende o noso partido como e coñecido por todos, temos como idea principal e como instrumento da participación de tódolos veciños e veciñas o fomento e cobertura deste tipo de asociacións, pero dende a total publicidade e sobre todo con total TRANSPARENCIA das suas actuacións.
Agora que coñeces un pouco a situación, reclamade os vosos dereitos e preguntade en que se empregan os cartos públicos dos noso impostos.
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario