Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 25 de febrero de 2011

Outro risco para a nosa saude ¡¡

Por si xa tiñamos pouco co LIXO agora resulta que os gobernantes do noso concello non son capaces nin de ofrecernos garantías saudables no consumo da auga.

A imcompetencia desta xente non ten limites, non cumpren nin coas máis básicas normas para garantir os analisis regulamentarios para o abastecemento de auga a poboación. A cousa é moi preocupante cando se está a falar de cuestións de SANIDADE.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/24/sanidade-investiga-cinco-concellos-ourense-incumplir-normativa-abastecimiento/521386.html

Logo queren asumir a "irresponsabilidade" de traer un vertedoiro de basura para o concello cando non son capaces de cumprir con trámites básicos para a protección da saúde dos veciños.

LAMENTABLE A SÚA XESTIÓN ¡¡


Para continuar (por desgracia) con esta negativa nova para a nosa saude, e logo da nefasta xestión exercida polo concello da Peroxa, onde acaparamos sempre titulares de prensa por novas desagradables coma esta, añadimos o seguinte:

Na prensa galego do 1 de marzo de 2011 volvemos a facer o ridículo fora das nosas terras cunhas manifestacións do noso Alcalde onde xustifica as súas neglixencias con desculpas que son pouco creíbles, de feito así o trata a prensa, coma un "pitorreo".

É capaz de afirmar que os problemas de saude que teñen as nosas augas por falta de controis son desculpables porque "un fontanero da zona" se esqueceu de enviar mostras da auga para o analise.......VAIA RESPOSTA ¡¡

Mentras os outros concellos afectados asumen responsabilidades e dan pasos para mellorar a situación aquí botamoslle a culpa a "outros", con declaracións que son mofa de todo o mundo.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/03/01/o-irixo-calvos-porqueira-pontedeva-admiten-problemas-abastecimiento/522783.html

ESTA É A XENTE QUE GOBERNA O NOSO FUTURO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario