Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 3 de julio de 2013

Xa pasamos da URXENCIA a EMERXENCIA ¡¡¡

È difìcil de entender e comprender o motivo polo cal o noso Concello de A Peroxa se atopa nun estado de falta de limpeza de maleza preocupante en todo o seu territorio.

Os veciños e veciñas están preocupados pola situación de abandono nas que se atopana as nosas carreteras, ben sexan municipais ou provincias, asì como tamén zonas comúns en varios pobos.

O situación de imcomprensión aumenta cando existen normativas e ordenanzas municipais onde se obriga os veciños e veciñas a ter limpos os terreos e fincas pròximos os núcleos mentras o primeiro que incumple as súas propias normas è o Concello.

A situación resulta cada día máis perigosa pola falta de actuación e tamén pola època estival de altas temperaturas que aumentan o risco de producir incendios que poden resultar graves para os nosos pobos, o que lle engadimos que todavía a data de hoxe estén se constituirse as brigadas contra incendios......e decir, estamos abandoados a sorte.......LAMENTABLE XESTIÓN¡¡¡¡

A imaxe que ofrece o noso Concello de A Peroxa na actualidade è a que facemos nos seguinte resumo de imaxes e situacións:

Nas seguintes fotos o estado do campo da festa da Peroxa e o seu "Parque Biosaludable":




A continuación o contorno do Parque Infantil da Peroxa, das vivendas, e mesmo do tanque de combustible......PREOCUPANTE¡¡¡¡ E NEGLIXENTE¡¡¡¡¡





As carreteras da Deputación que percorren o noso Concello están que dan pena, agravadas en algúns caso co aumento de vehículos polo corte da estrada principal na Ponte da Barra. Os accesos por Barra de Miño, por Peares e por Gueral atópanse cheos de maleza dificultando a circulación de vehículos co risco que conleva nun claro exemplo de NULA PLANIFICACIÓN POLOS RESPONSABLES MUNICIPAIS, MAIS PREOCUPADOS POLOS "SEUS ASUNTOS PERSOAIS" ¡¡¡¡


As propias vías municipais con responsabilidade total de conservación por parte do Concello teñen a imaxe que reflexan as seguintes fotos:



 
En algunhas partes do Concello fixeron algúnha actuación de limpeza, pero que para nada è o que os veciños e veciñas agardaban. Limpezas chapuceiras e as presas para deixar a medias os traballos, só se limpian as cunetas na súa parte baixa, nos laterais xa nin se lle toca......(será tamén cuestión dos recortes?). 

A situación tamén afecta os camiños públicos de accesos as fincas onde os veciños e veciñas teñen que limpar pola súa conta, ante a negativa as súas peticións por parte do Concello, para poder acceder cos vehículos agrícolas ou mesmo para poder levar o gando as súas fincas.
Este è o apoio co que contan dende o Concello para poder desenrolar as súas actividades agrícolas que en moitos dos casos son os seus medios de vida, DEIXADEZ E INCUMPLIMENTO DAS SÙAS OBRIGAS¡¡¡¡¡  



Finalmente, chamounos moito a atención que nas carreteras onde se están acometendo melloras, agardadas algúnhas durante moitos anos pola veciñanza, se estén a asfaltar sen facer ningún tipo de limpeza de maleza nas cunetas, e eso que dende o Concello da Peroxa se nos vendeu que ían acometer un plan de limpeza das cunetas nas vías municipais.......unha vez máis nos volven a enganar. O lòxico sería preparar a carretera e as súas cunetas antes do novo asfaltado, ou mellor dito da rega de grava.

Na imaxe seguinte observaredes o "novo asfaltado" polo medio da maleza existente nas cunetas sen ningún tipo de actuación previa:


 Esta imaxe ilustra perfectamente as chapuzas constantes e faltas de planificación coa que se actúa dende o Concello onde o único que parece importar e cumplir un trámite, que as empresas cobren e a veciñanza quede cuns servizos inútiles e sen ningún tipo de garantía nin mellora dos seus servizos.

IMPROVISACIÓN, FALTA DE PLANIFICACIÓN, ABANDONO, PASOTISMO.........

ASÍ TEMOS ACTUALMENTE O CONCELLO...........¡¡¡

TÙA É A DECISIÓN DE MELLORALO E DE EXIXIR UNS SERVIZOS DIGNOS ¡¡¡





No hay comentarios:

Publicar un comentario