Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 10 de julio de 2013

Asì non ¡¡¡¡¡

Neste artigo queremos comentar o sucedido o pasado sábado día 6 no Festival de Corais e Rondaias celebrado na Peroxa, no LOCAL MULTIUSOS.






Primeiramente felicitar aos organizadores, que foi a Rondalla Xuntanza dos Pobos da Peroxa, polo éxito acadado tanto a nivel musical como de participación, onde poidemos comprobar como a xente cando hai actos acude e disfruta deles.



Pero non podemos pasar por alto a nosa crítica unha vez máis o Concello da Peroxa, como colaborador deste evento, que non estivo a altura.

O "local" empregado para nada se axeita a este tipo de actos por moito que nos queiran enganar que hai alí algo "feito".

Unha calor insoportable onde a xente o pasou realmente mal, o mesmo que os participantes, xa que o local carece de calquer minimo requisito de habitabilidade e comodidade para este tipo de actos. Por haber non había nin megafonía polo que os discursos de presentación foron un auténtico pesadelo.



Este "edificio", o que se lle ten chamado de mil maneiras e empregado nel xa máis de 390.000€ ¡¡¡¡¡ todavía non deixa de ser catro paredes con portas e cristais.......onde está o Auditorio? a Biblioteca? o museo Etnográfico?.......Non se ve por ningures e moito nos tememos que vai tardar en ser o que realmente XA TIÑA QUE HABER SIDO, UN EDIFICIO XA REMATADO. (agardemos pronto poder informar da súa "situación").

Agardemos que estas situación non se repitan, e non querer aparentar ter o que realmente non temos.....

Un lugar que se usa para todo moitas actividades, oficina cando hai bicis ou motos, para cursos, etc, todas elas sin as comodidades que serían necesarias.


QUEREMOS REMATAR CON UNHA IMAXE QUE IGUAL QUE AS QUE XA ENSINAMOS NOS PREOCUPA ENORMEMENTE, XA QUE SE TRATA DE MEDIDAS DE HIXIENE E SEGURIDADE NOS ALIMENTOS QUE PODEN TRAER FATAIS CONSECUENCIAS.


¿COMO È POSIBLE QUE O LUNS CON PRETO DOS 40º DE TEMPERATURA NOS ATOPEMOS CON ESTA IMAXE?

O LOCAL USADO COMO ALMACÈN DE ALIMENTOS......ENTRE OS QUE ATOPAMOS ENTRE OUTROS.............. LEITE.......¡¡¡¡¡
(A RECOMENDACIÓN DE GARDAR EN LUGAR SECO E FRESCO ¡¡¡¡ DEIXA QUE DESEXAR NESTE CASO)



¿ALGÚEN SERÁ O RESPONSABLE DESTA GRAVE NEGLIXENCIA?
 ¿OU È QUE NO CONCELLO DE A PEROXA XA NON HAI NINGUÉN RESPONSABLE DOS SEUS ACTOS? 

OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA MERECEMOS UN RESPECTO E NON PODEMOS PERMITIR ACTUACIÓNS DESTE TIPO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario