O vindeiro Xoves día 1 de agosto as 20:30 celebrase no Concello de A Peroxa o Pleno Ordinario, que entre outros importantes asuntos destaca o tratamento do futuro do Punto de Atención a Infancia (P.A.I), tamén modificación do PXOM, así como a moción da nosa Agrupación Socialista sobre a mellora das deficiencias do Parque Infantil.
Solicitamos tamén a través dos Rogos melloras e arranxos de anomalías en varios puntos do Concello, así como tamén nos interesamos por asuntos de importancia a través das correspondentes preguntas o Sr. Alcalde.
Lembra que os plenos son de libre acceso e pùblicos para a veciñanza que se interese polo funcionamento do seu Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario