Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 31 de julio de 2013

XA ESTÀ AQUÍ O BOLETÍN INFORMATIVO 2013

Un ano máis seguimos a cumprir cos nosos compromisos e cos nosos proxectos.

Nace unha nova edición do Boletín Informativo, un lugar de información da actividade neste último ano no Concello de A Peroxa, as propostas, iniciativas, críticas e queixas que dende a nosa Agrupación Municipal Socialista se levaron a cabo diante dos responsables municipais, que cada ano que pasa amosan máis pasotismo e desinterés pola mellora do Concello, negándose na maioría dos casos a aceptar as nosas propostas e seguindo con esa actitude de negar o que os ollos de tódolos veciños e veciñas do Concello ven cada día en cada pobo e en cada parroquia, e que agora tamén comenzan a sentir nos seus bolsillos debido as subas de impostos e novas taxas por uns cada vez máis escasos servizos.

Un grupo de goberno municipal do PP que incumpre reiteradamente os seus compromisos, que pon contínuas trabas a nosa labor de control da xestión municipal e que se atopan máis pendentes dos seus asuntos particulares e persoais que de arranxar e mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Neste Boletín queremos informar básicamente da nosa labor de oposición e de outras cuestións de interese para a veciñanza, para que coñeza cal é a realidade do Concello e desmontar ano tras ano o mundo de enganos e mentiras os que teñen sometidos a poboación.

Adicadelle uns minutos a súa lectura e sacade as vosas propias conclusións......

Pinchade no seguinte enlace:

https://skydrive.live.com/redir?resid=CA072B65A7C03FCD!107&authkey=!AHiMb6BO2XW3XlQ


Como na edición anterior, este Boletín está xa empezando a chegar a tódolos domicilios dos veciños e veciñas do Concello da Peroxa, repartidos persoalmente polos nosos concelleiros socialistas e polos membros e colaboradores da candidatura socialista, para facilitar o acceso a información de todos por igual e que teñen a posibilidade de ver a verdadeira realidade do Concello onde viven.

AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO INTERÈS ¡¡¡¡

.......E LEMBRADE.......:

UNHA PERSOA INFORMADA È UNHA PERSOA LIBRE ¡¡¡¡

.....E UNHA PERSOA LIBRE È UNHA PERSOA CON PODER DE DECISIÓN ¡¡¡


4 comentarios:

  1. Por Dios!
    Tremendo que en plena crisis y con lo que estamos sufriendo la oposicion de un ayuntamiento lance una publicación a todo color con el dinero de los vecinos.

    ResponderEliminar
  2. Como broma está moi ben....¡¡¡ pero causa pouca gracia.
    Esta publicación está pagada cos cartos dos bolsillos dos membros da Agrupación Socialista da Peroxa, comprometidos no seu traballo ata neste punto de ter que gastar os nosos cartos en cumprir os nosos compromisos adquiridos.
    Estivo ben intentado pero creo que os que levan os cartos dos veciños e veciñas do Concello están noutro lugar.....non busques aquí ¡¡¡
    Ademáis uns cartos que en algúns dos casos recentes cobrados de xeito irregular, incluso declarando asistencias a plenos ou as oficinas municipais cando non foi así ¡¡¡
    Novamente, e unha vez máis....
    GRACIAS POLO TEU INTERESE

    ResponderEliminar
  3. Yo simplemente hacia una apreciación y no es ningún tipo de chiste o broma.
    Y consideraba un gasto excesivo para ser pagado por los miembros de un partido

    ResponderEliminar
  4. Ok, pois aceptamos a apreciación ainda que tiña clara forma de afirmación.
    O gasto pódes consideralo efectivamente excesivo, sobre todo por ter que poñer cartos do noso bolsillo, pero repito, temos que facer este esforzo para poder transmitir a veciñanza a nosa labor, casa por casa, para que o que o considere oportuno o lea, se informe e saque as súas conclusión.
    Para nós xa é un orgullo poder editalo (de xeito manual, xa que o diseño e maquetación está feito por nós), tan só pagamos a impresión xa que por suposto o reparto tamén corre da nosa parte, e agradecemos que cada ano è recibido pola veciñanza da Peroxa de mellor xeito.
    Moitas gracias polas túas opinións.

    ResponderEliminar