Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 15 de julio de 2013

Hai que cuidar e mellorar todos os detalles ¡¡

Fai uns meses os mandatarios do Concello co seu Alcalde a fronte convocaron un Pleno Extraordinario Urxente para tratar sobre o posible peche do servizo da Gardería, ante a incredulidade de pais e dos propios traballadores.
Os motivos alegados foron que non era "rentable", pero básicamente pola pérdida dunha subvención que o Sr. Alcalde "seica tiña xa apalabrada", pero unha vez máis, os seus arranxos fracasaron perxudicando gravemente os intereses do Concello e da veciñanza en especial.

Os membros da nosa Agrupación Municipal opuxémonos a tal peche, solicitando o fomento entre os pais e nais do Concello deste servizo para tratar de aumentar o nùmero de usuarios.

Non sabemos cales foron esas actuacións solicitadas, ou si tiveron resultados positivos, pero lembramos recentemente que se anunciaba dende as redes sociais (Facebook) do Concello unha xornada de "portas abertas" para dar a coñecer as instalacións. Descoñecemos si se levaron a cabo e que resultado se obtivo, porque seguindo a súa liña de escuridade informativa non deron datos desa iniciativa.

Neste artigo, unha vez máis queremos amosar o noso apoio para garantir ese servizo no Concello e pelexaremos para defendelo.

Necesitamos o apoio de tod@s e tamén dende o Concello, xa que si pretende facer promoción do servizo e mesmo amosar as instalación, o mínimo que debería facer é cuidar os detalles e non por en dúbida por exemplo o servizo de alarma contra incendios.......xa que estivo encendida a alarma durante semanas sin que ningún reponsable municipal puxexe solución a un problema que si realmente fose de gravidade non sabemos a eficacia que tería.

Imaxes coma esta son as que restan moitas veces credibilidade e amosas o pasotismo e o abandono o que o Concello somete permanentemente os servizos existentes.



Afortunadamente, creemos que o problema, ainda que tarde, xa foi arranxado ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario