Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 4 de julio de 2013

Coñece as decisións importantes que se deciden nos plenos do teu Concello.

Facemos a continuación o resumo do Pleno Ordinario celebrado o pasado 30 de maio:

Esta è a convocatoria e a orde do día correspondente:


NO PUNTO 1:  Neste punto votamos en contra da aprobación da acta do pleno anterior por considerar dende o noso punto de vista que contén acordos "ILEGAIS",  e estamos a espera do Informe Oficial que solicitamos do Secretario do Concello que nos confirme a legalidade ou ilegalidade do acordo onde se lle adxudicara unha Adicación Parcial o Concelleiro de Urbanismo: J. Manuel Rguez. Blanco, xa que entendemos que foi un acordo ILEGAL por non aparecer na orde do día do pleno anterior onde se aprobou, vulnerando o artigo 83 do Regulamento de Organización, funcionamento e Rèxime Xurídico das Entidades Locais.

Este documento seguinte é a nosa petición da que todavía non obtivemos resposta:


NO PUNTO 2:  Informouse por parte do Secretario que se aprobou a Conta Xeral na Comisión de Contas cos 2 votos a favor dos membros do PP e a abstención do noso representante na citada Comisión, por considerar que un Concello como o da Peroxa non pode presentar un superávit anual do 2012 superior os 300.000€ tendo a necesidade de obras e de inversións que precisa para arranxar o seu estado de abandono, así como presentar UNHA DÉBEDA TOTAL DE 354.000€ ¡¡¡¡¡¡ 

NO PUNTO 3Voltase a tratar neste pleno o tema do Soldo de máis de 10.000€ que se lle adxudica o Concelleiro de Urbanismo, don José Manuel Rodríguez Blanco. Indica o Sr. Alcalde que "volve" tratar o tema para que "todo quede claro e non haxa problemas no futuro". Esa è a súa única preocupación, deixar as cousas "ben atadas". Ante a nosa petición de anulación do acordo por ILEGAL no pleno anterior manifesta que foi un "erro humano", e que non foi feito con mala fe, culpando a algún dos funcionarios do Concello do erro......NUN ACTO DE COBARDÌA ¡¡¡¡, e argumenta este soldo porque "todo o que traballa ten dereito a cobrar" ¡¡¡¡ 

Eso è ben certo, pero tamèn o que non traballa (que son xa máis do 40% dos veciños do concello) tamén teñen dereito a traballar ¡¡¡¡¡¡¡

Neste punto lóxicamente votamos en contra deste acordo porque nos parece unha burla os veciños e veciñas da Peroxa, e todo forma parte dunha manobra para cubrirse as espaldas para evitar os cobros IRREGULARES que ten feito este Concelleiro tanto en "asistencias as oficinas" (polas que cobraba 30€ por cada día.....ou horas que pasaba no Concello), das que nos parece un coña que cobrara dos impostos municipais se ningún tipo de control màis que unha declaración xurada del mesmo e que conteñen irregularidades nos días de cobro, os que hai que engadir a falta de asistencia a Xunta de Goberno Local do 10/09/2012 e que se Certificou pola Secretaría do Concello (tras solicitar dito documento a nosa Agrupación Municipal Socialista),  e pola que cobrou irregularmente 60€, motivo de extrema gravidade polo cal pediremos responsabilidades xudiciais por "presunta falsedade documental" , así como políticas polo engano a veciñanza da Peroxa por estar cobrando uns servizos e asistencias que non se realizaron.

As nosas actuacións están sempre amparadas polos documentos e peticións por escrito presentadas no Concello para exercer a nosa labor de control e fiscalización do goberno municipal do PP:


ESTAS SON O TIPO DE POLÍTICAS QUE SE FAN DENDE O CONCELLO DE A PEROXA, CO SEU ALCALDE A FRONTE E MÁXIMO RESPONSABLE DESTAS "DECISIÓNS", ONDE COA NOSA LABOR DO OPOSICIÓN TRATAMOS DE TRASLADAS OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA ESTA INFORMACIÓN PARA QUE SEXAN CONSCIENTES E COÑEZAN A REALIDADE E O VERDADEIRO FUNCIONAMENTO DO CONCELLO.

NÈGANSE OBRAS E PETICIÓNS DOS VECIÑOS POR FALTA DE CARTOS E "PÒÑENSELLE" NOVOS SOLDOS OS CONCELLEIROS DOS IMPOSTOS QUE PAGA TODA A VECIÑANZA. 

ESTES SON OS MANDATARIOS QUE ADMINISTRAN OS TEUS CARTOS.......¿PARA ESTO FÓRON ELEXIDOS?.........TÌ DECIDES E TÌ PODES CAMBIAR ESTA SITUACIÓN ¡¡¡

NA SEGUINTE IMAXE A PUBLICACIÓN DO ACORDO NO BOLETIN DA PROVINCIA:

 

NO PUNTO 4:  Puxeron a nosa disposición para o seu analise os decretos emitidos polo Sr. Alcalde. Nada que obxetar.

NO PUNTO 5:  A nosa Agrupación Municipal Socialista ante a petición por parte da Secretaría do Concello solicita o nomeamento da Concelleira Rocio Moreiras Pavón como sustituta na Comisión de Contas.


Tamén presentamos unha solicitude en relación co paso do Rallye polo noso Concello:


 Aquí o Sr. Alcalde indicou que xa pensaran nesa opción, e por ese motivo xa tiñan previsto.

A dìa do hoxe podemos manifestar que previsto estaría pero executado todavía ainda non porque o estado das vías alternativas estàn con unha maleza e un estado de abandono realmente preocupante:

 

NO PUNTO 6:  Unha vez màis e xa van máis de 2 anos de lexislatura, as ùnicas aportación e mocións chegan por parte da nosa Agrupación Municipal Socialista de A Peroxa, co único fin de buscar a mellora dos servizos e da vida dos veciños e veciñas do Concello.

Desta vez presentamos a seguinte moción:


No debate desta moción amosouse unha vez máis o "sometimento" do Alcalde e dos seus Concelleiros as directrices da Xunta de Galicia, antepoñendo os seus intereses de partido, os dos seus propios veciños.

Manifestou o Sr. Alcalde, Manuel Seoane, noutro arrebato de hipocresía e falto a verdade como noutras ocasións, que esta moción non a ìan apoiar porque "ESTA DE ACORDO QUE PAGUEN OS QUE MÁIS TEÑEN". Nunhas declaracións faltas totalmente de rigor e de información veraz, porque descoñece totalmente a normativa atreveuse unha vez máis a indicar que "a totalidade dos nenos e nenas do Colexio da Peroxa NON VAN A PAGAR NADA".

Lembramos que non fai moito tamén manifestou o mesmo sobre os que marcharon o Colexio de Cambeo, "gracias a unha xestión súa", que o pouco tempo resultou ser OUTRO ENGANO MÁIS OS PAIS, porque sí tiveron que pagar os gastos correspondentes de comedor e transporte.
 
Dende o noso grupo municipal, consideramos que unha vez se produzan os incrementos destas tasas, xa no mes de setembro, será un castigo terrible para as economías dos pais e nais dos dos poucos nenos e nenas que quedarán no Colexio de A Peroxa, logo da fuxida dunha gran parte cara outros centros, como consecuencia dunhas políticas erradas e de improvisacións por parte do Sr. Alcalde, que dende fai moitos anos non ten feito nin proposto nin unha sóa medida para garantir o futuro do Colexio no noso Concello, e agora como noutros anos, tenta " a desesperada", movementos de última hora sen resultado positivo e coa negativa duns país que pensan no futuro dos seus fillos e que temen a incerteza que cada ano por estas datas sacude e tambalea o futuro do noso centro escolar lamentablemente.

Indicamoslle que o Colexio pouco lle ten importado, rexeitando as nosas ideas e propostas como a nosa moción para axuda de libros e material escolar que presentamos recentemente, non tomando decisións no seu momento para garantir a presencia dos nenos e nenas do Concello no seu propio Colexio, limitándose ùnicamente a buscar culpables e poñer a responsabilidade en algúns país e nais que non cederon as súas peticións, cando o unico responsable è vostede únicamente.

Preguntàmoslle o Sr. Alcalde cantos alumnos habería no Colexio no vindeiro curso e cunha resposta chea de cinismo e unha vez máis faltandolle o respeto a nosa labor respostou literalmente: " Presentade a petición a travès dunha moción" ¡¡¡¡¡¡¡¡

 LAMENTABLE UNHA VEZ MÁIS A SÚA ACTITUDE......NESTE ESTADO DE DESCONTROL E NERVIOSISMO NO QUE SE ATOPA O SR. ALCALDE RECOMENDÁMOSLLE POLO SEU BEN QUE SE ADIQUE OS SEUS NEGOCIOS E DEIXE PASO A ALGÚEN QUE REALMENTE SE PREOCUPE POLO CONCELLO.
 
Para máis información sobre a defensa desta nosa postura de rexeitamento a imposición e suba das taxas de comedor amosamos varias das noticias relacionadas que sairon na prensa:




O propio Consello Escolar de Galicia rechaza esta medida.....o mesmo que moitos dos Concellos de Galicia incluso os gobernados polo PP, pero que defenden os intereses dos seus veciños, contrariamente o que fai o noso de A Peroxa:


Por si alguén non viu ou non lembra a proposta que fixemos sobre o Colexio, aquí está de novo:



Non estabamos a pedir nada que non se poidese realizar, podedes ver que noutros Concellos da provincia sí se fixo:


Con respecto a este punto tratado no Pleno dende a nosa Agrupación emitiuse unha Nota de Prensa para dar saída a información do tratado. 

Foi a seguinte:


Lamentablemente a noticia que se publicou foi bastante escasa para a importancia que o asunto merecía :



Para finalizar este punto non podemos deixar de informar sobre a nota informativa que seguramente moitos pais e nais do Colexio recibiron o derradeiro día de curso onde se detallaban os tramos retributivos dende os cales se comenzaba a pagar, onde comprobarían que os nosos datos da moción eran correctos e verdadeiros.
Tamén aproveitamos para informar como xa ven saberán que os nenos e nenas que optaron pola opción do Colexio de Cambeo non pagaràn segundo a renta familiar senón que pagarán a totalidade da taxa ¡¡¡¡ de 4,5€ diarios, o que equivale aproximadamente entorno os 90€ mensuais por fillo.
Esto fixo que moitos dos páis e nais que optaron por esa opción incluso abandoaron o empadroamento no noso Concello de A Peroxa, para irse o límítrofe de Coles, que SÍ pagarán por renta.

Unha situación preocupante económicamente tanto para os alumnos do Colexio de A Peroxa como para os de Cambeo, onde as decisións da Xunta de Galicia (esa que é tan solvente, como manifesta o presidente Feijoo) perxudican gravemente as economías dos nosos veciños e veciñas......INXUSTAMENTE ¡¡¡

NO PUNTO 7:  En canto a  ROGOS solicitamos os que seguen buscando a mellora dos servizos:



A RESPOSTA A TÓDAS ESTAS PETICIÓNS FEITAS POLA  NOSA AGRUPACIÓN A TRAVÉS DAS PROPIAS PROPOSTAS VECIÑAIS, FOI QUE ALGÚNS XA ESTÁN REALIZADOS E OS OUTROS NON OS CONSIDERA "PRIORITARIOS". ¿?

 A situación exposta por nós foi a seguinte:

1) Ausencia de espello no cruce de Beacan: 


XA FOI REPOSTO RECENTEMENTE


2) Cartel indicador do pobo de Diarada:



XA FOI REPOSTO RECENTEMENTE

3) Alumeado no contorno do Parque Infantil:

NON O CONSIDERA PRIORITARIO

4) Arranxo arbores Parque Infantil:

NON O CONSIDERA PRIORITARIO

 5) Tapar buratos e arranxo pista Vilaboa:


NON O CONSIDERA PRIORITARIO

6) Colocación valado metálico en Vilaboa:


NON O CONSIDERA PRIORITARIO

7) Mellora asfaltado na Recheda:




NON O CONSIDERA PRIORITARIO

8) Indicadores pobo do Souto e mellora na sinalización da carretera OU-0502:



 
                                         NON O CONSIDERA PRIORITARIO


 NO PUNTO 7: En canto o apartado de PREGUNTAS foron as que siguen:



En relación a pregunta 1: non quixo contestar.

Lementamos o seu silencio, pero ainda máis a negativa a organizar unha proba que seguramente sería do agrado de moitos veciños e veciñas do Concello onde poderían participar.
Desta vez o non respostar non puxo a desculpa de que sería moi cara como xa fixo con anterioridade. Barata non sería pero seguramente sí bastante máis que o novo soldo asignado o Concelleiro de Urbanismo.

Esta fora a nosa proposta no seu día:

 
 
O calendario destas probas é o seguinte:


En canto a pregunta 2:  O Sr. Alcalde, unha vez máis traicionado pola súa fráxil memoria, indica que con 8 persoas aproximadamente ser abriría, cando na mesma pregunta no Pleno do 30/04/2012 indicara que con 5 bastaría.......¡¡ improvisando según lle interese ¡¡
As persoas que queiran este servizo nas fins de semana ou tardes que o soliciten con antelación e algúen se encargará de abrirlles.
Manifesta que non coñece a ningún "particular" con chave propia, tan só os equipos de fùtbol e fútbol-sala.


 Lembramos unha vez máis o peche dun servizo que costou 9 millóns das antigas pesetas ¡¡¡


Na pregunta 3: informou o Alcalde que cando esté o proxexto redactado se informará.

Finalmente na pregunta 4: informa que o Rallye xa ten equipo de seguridade propio para garantir a seguridade, e prohibe os pilotos ir a moita velocidade.

Indicar neste punto que o Concello puxo Bandos informativos solicitando colaboracións a veciñanza nos lugares afectados.

En canto o arranxo das estradas indicou que se "tomarán as medidas oportunas"

Aquí manifestamos que os "danos colaterais" do paso do Rallye por algunha das nosas carreteras todavía é evidente, è os veciños e veciñas sufren cada día eses deterioros a espera desas "medidas".




 Finalmente no tema e custo económica desta proba, indicou que levaba varios anos intentando traer este evento o seu Concello, e que "de momento non hai nada estipulado con eles", que o Concello de A Peroxa "lle dará a cantidade de cartos que estime oportuno".......¿?

Seguiremos preguntando por esta cantidade económica para informar a tod@s ¡¡¡


ATA AQUÍ O  RESUMO DUN TENSO PLENO ONDE UNHA VEZ MÁIS O GRUPO DE GOBERNO NON QUERE SABER NADA NIN DE PROPOSTAS, NIN DE SOLUCIÓNS, NIN DE PETICIÓNS DE MELLORA, O ÚNICO QUE LLES PARECE PREOCUPAR SON OS SEUS INTERESES ECONOMICOS E PERSOAIS.

NON PODEN SEGUIR NESE ESTADO DE NEGACIÓN PECHANDO OS OLLOS ANTE AS MOITAS NECESIDADES QUE TEN O CONCELLO E OS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS EN PARTICULAR E QUE DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA SEGUIREMOS TRABALLANDO E PELEXANDO PARA QUE SE REALICEN.

A NOSA LABOR CONTINUARÁ POR ESTA LIÑA DE LEVAR AS NECESIDADES DOS POBOS OS PLENOS PARA ACADAR SOLUCIÓNS ¡¡¡

SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario