Certamente en moitos casos a súa sustitución ou reparación è moi necesaria para garantir o descanso e tamén a convivencia entre a veciñanza xa que na maior parte dos pobos son lugares de reunión e xuntanzas veciñais.
Esta mesma situación de deterioro tamén a ampliamos, como xa fixemos con anterioridade, as marquesiñas nas que os veciños e veciñas do concello usan para agardar o paso do autobús, o mesmo que os nenos e nenas do Colexio da Peroxa.
Reiteramos a nosa solicitude de mellora nestes servizos básicos unha vez máis, e agora por tratarse dun tema de actualidade xa que a Deputación Provincial de Ourense ven de publicar recentemente (no BOP do 30 de maio de 2013), unhas Bases de colaboración e cooperación cos concellos da provincia para a entrega e instalación de bancos e marquesiñas, das que agardemos que o noso Concello atenda as peticións veciñais e se acolla a esta colaboración.
No seguinte enlace toda a información desta convocatoria: nas pàxinas 3 e 4.
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=123&fecha=20130530
A situación dos Bancos en algúns dos nosos pobos è a que amosamos nas imaxes seguintes:
NO POBO DA ORDEN
NO POBO DO CONCHOUSO
NO CAMPO DA FEIRA VELLA DA PEROXA
A situación do estado das marquesiñas tamén amosa un abandono serio, ainda que en moitos dos casos bastaría con unha simple limpeza de maleza ou pequenos arranxos; os exemplos en imaxes da situación son as seguintes:
CRUCE DE TOUBES
VILARRUBIN
RABACIDO
OUTEIRIÑO
POUSA
RABACIDO
GUERAL
NESTA SITUACIÓN COMO EN OUTRAS POÑEMOS DE MANIFESTO O ESTADO DE DETERIORO E ABANDONO DAS INFRAESTRUCTURAS EXISTENTES NO CONCELLO, FRUTO DUNHAS POLÍTICAS DE DESINTERÈS E DE NULA PREOCUPACIÓN POLA MELLORA DOS SERVIZOS NOS POBOS E PARROQUIAS PARA UNHA MELLOR CALIDADE DE SERVIZOS PARA OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO DA PEROXA.
SEGUIREMOS TRABALLANDO POR MELLORAR.......¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario