Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 12 de julio de 2013

Resumo da nosa visita a pobos da parroquia de Vilarrubin

O pasado sabado 29 de xuño, cumprindo cos nosos compromisos adquiridos de realizar as visitas periódicas a cada pobo e parroquia do Concello, visitamos a parte que nos faltaba dos pobos de Vilarrubin.

Agradecer o igual que noutros pobos o recibimento e trato por parte dos veciños e veciñas cos que falamos e compartimos ideas e preocupacións, que dito sexa de paso, cada vez son màis nos lugares que visitamos.

Destacamos a intensa calor que nos acompañou en todas as visitas aos pobos indicados, cuestión que para nada dificultou a nosa labor de interesarnos polos problemas e necesidades que teñen os nosos pobos.

A grandes rasgos e como elemento común a casi tódolos pobos podemos indicar que as maiores demandas centraronse na mellora das carreteras de acceso, nas rúas dos pobos, e na limpeza da moita maleza existente nas mesmas, ou incluso no interior dos propios pobos, ademáis de peticións particulares específicas en anomalías de cada pobo, das que damos conta:

En CINCONOGUEIRAS ademáis das xa indicadas peticións de asfaltado das súas rúas e mesmo da carretera dende o Souto, que recentemente foi reparada dun xeito moi irregular, sinalamos a existencia de varios buratos sen reixas de protección, onde se poden danar persoas e vehículos e tamén a petición de limpeza de maleza. Destacamos tamén o estado de abandono dalgún punto de contadores de auga:





A nosa seguinte parada foi en OUTEIRO, onde reiteran a solicitude de asfaltado da deteriorada pista, a maleza que invade por completa a carretera e tamén anomalías en alcantarillas e buratos na pista perigosos, e tamén è notable o estado de abandono do cadro de contadores, que dende o Concello garantizan que están en perfecto estado os de todo o territorio.....tal vez deberían pasarse algo máis polos pobos....¡¡






Continuamos en MELLE, do cal tamén destacamos a falta de limpeza da maleza e deterioro en forma de baches na pista,  e amosamos un dos exemplos que poderíamos atopar en calquer pobo do Concello, e que recentemente foi noiticia negativa polo derrumbamento dunha vivenda abandoada. Un problema que coa colaboración veciñal e a colaboración do Concello debería tratar de arranxarse para evitar sustos ou desgrazas persoais e materiais.




No FORO, tamén podemos sinalar o grave problema da maleza, así como indicar as reparacións dos baches dun xeito moi precario. Preguntàmonos porquè está sen asfaltar un camiño de terra que accede a unha vivenda familiar.....teremos que preocuparnos por esta situación....¿?



A seguinte parada foi no SOUTO, onde a problemática repìtese co tema do asfaltado escaso na recente reparación, así como anomalía nas cunetas e nas recollidas de augas pluviais que ocasionan graves danos cando son intensas o discurrir carretera abaixo sen control. Aquí tamén o tema da limpeza de maleza, que si estaba feita, deixa moito que desexar, xa que o que era unha carretera de tránsito debido o seu escaso mantemento agora máis ben parece un estreito camiño, porque as limpezas son deficientes ano tras ano.
Destacamos tamén deterioro nos carteis indicadores do pobo. E destacamos o estado deplorable no que se atopa a fosa sèptica que xa en reiteradas ocasión solicitamos o seu vaciado e arranxo e que voltaremos a insistir xa que se fai insoportable o cheiro para os veciños e veciñas do pobo, cos lodos vertendo carretera abaixo a vista e olfato de todos.







Na ORDE, tamén se precisa unha inversión para arranxar e asfaltar as súas rúas e mesmo camiños de acceso a vivendas todavía de terra. Os veciños tamén solicitan unha vez máis, xa que xa foi solicitado o Sr. Alcalde un banco novo para o seu descanso. Voltamos aquí tamén a destacar a limpeza de maleza nas cunetas da carretera de acceso o pobo moi deficiente e "as presas", deixando unha lamentable imaxe.










En CASDEGUISTOLA e ALENDE a necesidade básica céntrase no asfaltado da pista que une ambos pobos, xa que presenta deterioros e unha falta de abandono preocupante.



A nosa ruta continuou cara o CONCHOUSO, onde aquí a maior preocupaciòn e petición dos veciños è o arranxo das rúas e carretera que une coa que vai de Gueral ata A Peroxa, solicitando ademáis un lugar de ensanche para facilitar o paso de dous vehículos.
Tamén solicitaron un banco novo para o lado da fonte, xa que o actual está deteriorado.
Preocupación tamén dos veciños por algúns casos de vivendas en estado perigoso de ruinas, mesmo xa algunha derrumbada.

Nos destacamos segúndo a nosa opinión neste pobo o estado de abandono e falto de limpeza do cauce dos regatos. Nun lugar tan destacado do pobo, que conta con un precioso regato que ben se podería por en valor para ser un dos símbolos do pobo e usar para o seus disfrute.
Tramitaremos coa colaboración dos veciños a solicitude a administración que corresponda a limpeza do cauce do regato para poder disfrutar del no seu paso por este pobo.

No momento de escribir este resumo somos xa conscientes de que xa se acometeron as obras pendentes neste pobo dos Plans Provincias do ano 2012 para o asfaltado da súa carretera, pero a falta de visitar a execución das obras, tivemos xa comunicación de varios veciños e veciñas do seu malestar por unha obra que non cumpre as súas expectativas nin as súas necesidades e se sente unha vez máis enganados polos responsables municipais polos deficientes servizos.















Finalmente rematamos a nosa visita na POUSA, onde nos atopamos coas anomalis que indicamos. O asfaltado das súas rúas è deficiente, a limpeza de maleza do interior do pobo non se realizou, existen buratos nas súas rúas que resultan perigosos para persoas e vehículos, precisando de reixas. Chamounos tamén a atención o rego a vista sobre unha das súas rúas. Unha curiosa situación que ademáis de peculiar tamén è de risco e que ben se podería manter a súa ubicación pero cuberta por unha reixa para protexer o rego.








Rematamos aquì este resumo, onde se reflexa unha vez máis o estado de deterioro, abandono, necesidades e peticións da veciñanza nunca atendidas.

Lembramos que seguimos nas nosas canles de comunicación habituais, ou persoalmente, abertos a calquer petición veciñal que en cada pobo poidese non terse reflexado aquí, e que con agrado recolleríamos para tratar de buscarlle solución.

As imaxes que expuxemos son totalmente reais ainda que moitos poidan pensar que son doutro país ou doutro século. O Concello da Peroxa mantèn durante xa fai moitos anos estas situacións nos nosos pobos e parroquias. Non podemos nin permitiremos a resignación na que xa moita xente caeu pola súas peticións nunca atendidas.

O igual que fixemos noutras visitas as demáis parroquias trasladaremos as necesidades, demandas e peticións da veciñanza os òrganos de goberno municipais, encabezados polo Sr. Alcalde para que dunha vez por todas se dé conta de como ten os pobos.

Informaremos posteriormente das decisións adoptadas e agardemos que as peticións sexan atendidas para mellorar o noso Concello, porque os nosos veciñ@s non merecen tanto castigo na súa vida diaria.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario