Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 17 de julio de 2013

Seguen as nosas festas...

Este vindeiro fin de semana continuamos coa xeira de festas populares que se celebran no territorio do Concello da Peroxa.

Desta vez será a parroquia de Armental que celebre as súas festas tradicionais, con actos relixiosos e festivos dos que disfrutarán veciños e visitantes.

Continuaran para o día de Santiago, xoves 25 e venres 26 na parroquia de Toubes, onde os tradicionais actos festivos e relixiosos serán do agrado dos veciños e veciñas da parroquia.


PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario