A nosa Agrupación Municipal Socialista presentará varias propostas, mocións, rogos e preguntas.
Destacamos a moción onde agardamos o apoio do goberno municipal do PP para REXEITAR e solicitar a Xunta que non estableza o elevado copago nos comedores escolares, que tamén afectarà os alumnos/as do Colexio da Peroxa.
Pola contra, a proposta que leva o Sr. Alcalde e os seus concelleiros municipais a este pleno è NOVAMENTE, a proposta de soldo fixo e mensual para o Concelleiro de Urbanismo, Jose M. Rguez. Blanco, xa que tras a nosa petición de nulidade do acordo do pasado pleno alegando unha vulneración das leis parece que nos dan a razón e rectifican.....ainda que lamentablemente seguen insistindo nesta burla os veciños incrementando os gastos nos mandatarios do Concello, cando por outro lado se negan a execución de obras demandadas e necesarias en varios pobos da parroquia.
NOS PROPOÑEMOS ACTUACIÓNS DE MELLORA E ELES SOLDOS PARA CONCELLEIROS ¡¡¡¡
Asiste e coñece as decisións que afectan a veciñanza ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario