Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 24 de mayo de 2013

DESIGUALDADES INEXPLICABLES.....¡¡¡

Levamos xa varios plenos reclamando dentro do apartado de Rogos unhas melloras, reposición e arranxos moi necesarios na sinalización do moitos dos nosos pobos existentes no Concello.

Unhas solicitudes que surxen a travès das peticións dos propios veciños ou veciñas do Concello que nos fan chegar as súas demandas, e tamén observadas as anomalías existentes nas visitas que os nosos Concelleiros Socialistas fan periódicamente os pobos e parroquias.

Algún dos exemplos de Rogos coas peticións sinaladas......


En tódalas peticións de mellora que temos feito o Sr. Alcalde non considera prioritario nin necesario ese arranxo ou reposición de carteis, alegando unha vez máis o tema económico, que reiteramos unha vez máis è unha falsa desculpa, se comparamos as cantidades desorbitadas que se empregan noutras partidas econòmicas en obras non necesarias nin urxentes como as que se van acometer no campo de fùtbol, no futuro Catamarán polo Miño (do que adicaremos un espacio amplo próximamente, e que será o colmo da humillación os veciños/as do concello), ou en probas ciclisticas, de motos, ou no Rallye de Ourense.....Ou tamén nos "novos" soldos a Concelleiros do seu equipo de Goberno do PP ¡¡¡¡

As imaxes son significativas como exemplo da situación......







Esta situación de petición de melloras que insistimos continuamente e non atendidas poido ocasionar fai uns días unha situación dramática, na que mesmo estivo en perigo a vida dun veciño do noso Concello xa que a ambulancia de emerxencias sanitarias chegada dende Ourense non era capaz de atopar o pobo do Souto pola ausencia de sinalización.

O que era unha situación instranscendente e sen prioridade convertese por este motivo nunha necesidade para que esta situación non volva a suceder en ningún pobo ou parroquia do Concello.

A situación real e actual na que se atopa a sinalización para o pobo do Souto para os vehículos que veñen dende Ourense è a seguinte....


Ausencia de indicador para o pobo, así como ausencia do cartel que prohibe o xiro a esquerda pola falta de visibilidade e que calquera día vai ocasionar un accidente..........o que tamén temos que engadir a ausencia do STOP correspondente para os poucos conductores que realizan a manobra correctamente uns metros máis arriba....e que xa foi solicitado fai ano e medio polos membros da nosa Agrupación Socialista e que ainda hoxe non foi atendida:



Titulamos este artigo como "Desigualdades inexplicables....." polo seguinte motivo:

¿Porquè os nosos pobos e parroquias carecen dunha sinalización axeitada mentras os negocios particulares do propio Sr. Alcalde están sinalados por tódalas carreteras de acceso o Concello, mesmo ubicados en outros concellos limítrofes inundando de cartelería nova, actual e recente cada cruce?????








INEXPLICABLE..................E...........
EXEMPLO DE DESIGUALDADE ¡¡¡¡

ESTA È A REALIDADE DO CONCELLO ¡¡¡

 


6 comentarios:

  1. Todo esto que poñedes esta moi ben, pero non estou de acordó con que non queirades nin vestuarios no campo, nin rallie, nin carreiras de moto....

    ResponderEliminar
  2. Agradecemos a túa opinión. Non è que non queiramos vestuarios, simplemente non estamos de acordo que o Concello teña que aportar màis de 50.000€ a esta obra cando xa estaba ofrecida e prometida pola Deputación e a Xunta o día da inauguración do campo de fùtbol e agora parecen non querer saber nada do asunto e se empregan uns cartos que veñen para o Concello (110.000€) nos que opinamos que deberían ir para outras necesidades básicas e máis necesarias. Ademáis deberíase facer unha obra en condicións e atendendo as necesidades e realidade actual, a pena è que se vai gastar unha elevada cantidade de cartos nunha obra que non vai convencer nin satisfacer a ningúen. En canto o rallie en ningún momento nos manifestamos en contra, è máis tivemos que proporlle o Concello incluso a apertura provisional do acceso pola Ponte da Barra para que a xente teña acceso o pobo, agora ben, a millonada que leva esta proba non nos parece razoable mentras se suprimen servizos como o Ximnasio por falta de cartos e outros ameazados de peche como a gardería, o que temos que engadir que desexamos que unha vez pase o rallie polas nosas deterioradas carreteras sexan capaces de arranxalas para que os veciños non sigan sufrindo día a dia os seus desperfectos. Finalmente en canto as motos e bicis, se sumamos as aportacións que fai o Concello a estas probas o longo do ano chegaría para non ter que pagar nin ún só euro de impostos ningún veciño, estas probas están únicamente encamiñadas o beneficio dos negocios de amigos e familiares. Propuxemos a celebración dunha andaina e carreira popular na que poideran participar gran parte dos aficionados do Concello, e promocionar as nosas rutas e paisaxes e negouse por "resultar moi cara"....Ver para creer¡¡¡¡ Un saudo.

    ResponderEliminar
  3. a min dame igual quen pague: xunta, deputación, Zapatero, Rajoy, ..¡¡dame o mesmo!! porque todo é o mesmo circo!
    ¡¡¡o que me interesa e que se fagan cousas no meu concello!!!

    ResponderEliminar
  4. Por suposto que nos tamén queremos que se fagan cousas no Concello¡¡ de feito levamos feito xa en 2 anos: 9 mocións aportando ideas, 11 propostas de actuacións, 27 rogos de mellora de anomalias existentes no Concello e màis de 50 preguntas sobre o estado dos servizos e necesidades da veciñanza (creemos sinceiramente que máis que nos últimos 20 anos xuntos). Bàsicamente no fondo da cuestión estamos de acordo, simplemente é cuestión de prioridades. Simplemente insisto que as obrigas dos Concellos están en facer e manter os servizos básicos, e tendo en conta que máis do 60% dos pobos do Concello ainda hoxe non teñen saneamento, as nosas carreteras municipales están intransitables e que poucas ou nulas obras se fan nos pobos que afecten a vida diaria dos veciños/as(limpeza de fontes e lavadoiros, limpeza de maleza, mellora dos servizos contra incendios,traídas de auga etc.......non estamos de acordo que se gasten directamente dos cartos dos impostos municipais case 8 millóns das antigas pesetas e máis de 25 millóns nunha obra que hoxe non consideramos prioritaria, canto se levan investido no entorno do campo de fùtbol xa máis de 80 millóns de pesetas nos ùltimos anos. E agora para rematar estes actuacións vanse gastar outros 20 millons de pesetas en habilitar un catamarán polo Miño¡¡ dende Barra de Miño ata........(supoño que xa saberás ata donde ¿?).......lembra.......INTERESES PERSOAIS ¡¡¡¡¡ Este è o noso punto de vista e a nosa opinión, ainda que na discrepancia está a esencia. Saudos

    ResponderEliminar
  5. ¡¡¡Meu Deus!!!
    Este que e un mitin politico??
    Pareceme moi ben levedes feito todo eso,pero non quereredes que vos fagan un monumento ou algo asi!!!!!! pero se o facedes, como todos os politicos, facedelo polo voso interes non por axudarme a min, nin a nadie.
    E acaba de contar o do catamarán pa que nos enteremos todos.

    ResponderEliminar
  6. Comenzo por desculparme pola tardanza en publicar o teu comentario, pero un problema de saude tivome ingresado ata onte e sen acceso as novas tecnoloxías.
    Non se trata dun mitin, è simplemente a nosa opinión da situción da que podes estar ou non de acordo.
    Non necesitamos monumentos nin adulacións como outros, traballamos porque nos gusta esto e somos comprometidos na funcion que nos toca realizar. Nin os meus compañeiros nin eu nos consideramos políticos.....somos veciños ambiciosos e que adicamos o noso tempo GRATUITAMENTE a traballar por mellorar o que nos rodea, nesta caso o Concello de A Peroxa. As tuas manifestacións creo que son fruto do descontento co ladronicio e falta de honradez que vemos día tras día na polìtica de intereses, que non è o noso caso. Non sei en que fundamentas que a nosa labor è polo noso interese....lamento que opines así, que pouco me coñeces.
    Eu no meu caso persoal levo xa anos e anos con actividades e iniciativas no meu pobo e Concello, xa estiven moitos anos como pioneiro xunto con outro gran amigo na organización do maraton de futbolsala de gran solera que se facía na Peroxa, na organización de torneos de frontón, o fronte das festas do pobo, anos e anos traballando no equipo de fùtbol con moi bos resultados e orgulloso da labor feita e sobre todo da xente coa que compartin grandes momentos....polo tanto e para non aburrir creo que lle levo dado bastante máis eu o pobo e o Concello da Peroxa, que eles a min, salvo como dixen as satisfaccións persoais e moitas amistades que eso sí è un tesouro.
    Finalmente, do tema do catamarán en poucos días teredes un artigo intersante sobre como se gastan os cartos dos teus impostos.....en prioridades e necesidades dende logo NON. Màis de 25 millóns de pesetas para beneficiar os negocios particulares do Sr. Alcalde da Peroxa, ese sí que traballa so para sí mesmo ¡¡¡¡¡¡¡

    Unha vez máis un pracer compartir contigo estas verbas. un saudo.

    ResponderEliminar