Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 9 de mayo de 2013

Asì recibimos os que nos visitan.....

Imaxes como as que lle amosamos a continuación son precisamente as que non deixan en bo lugar a imaxe do Concello.

Os moitos deportistas que semanalmente visitan as nosas instalacións deportivas atopan situacións de abandono total que para nada axudan a causar unha boa impresión do noso Concello.

Imaxe fiel reflexo do estado de todo o Concello, abandoado a única colaboración dos veciños e veciñas que en moitos casos coa súa labor participativa fan labores de limpeza e conservación nos nosos pobos e parroquias ante a neglixencia do Concello.

Nesta imaxe non poden alegar que non o coñecen, xa que è no mesmo centro do pobo da Peroxa, na entrada do polideportivo fronte o propio edificio municipal onde os nosos mandatarios pasan diariamente e que parecen pechar os ollos ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario