Antes de comenzar de novo coa información actualizada dos diferentes asuntos que tratamos neste blog tras este pequeno parón, gustaríame agradecer enormemente o interese e preocupación de toda a xente polo meu estado de saúde tras este susto desagradable. Un orgullo sentir o apoio e ánimo de familiares, amigos, compañeiros, coñecidos, veciños e veciñas e outras moitas persoas que se interesaron pola situación e dos que me sinto tremendamente feliz por poder voltar a estar xa a punto de seguir coa rutina habitual.
MOITAS GRACIAS A TOD@s ¡¡¡¡¡¡
Agora para retomar a situación comenzamos por anunciar a actividade deportiva que se vai celebrar no noso Concello, onde xa remataron as competicións por equipos.
O plato forte deste mes de xuño parece situarse non mundo do motor onde este sábado dìa 8 comenzaremos co paso polas nosas carreteras dunha nova edición do Rallie Clásicos de Ourense, que percorrerà zonas de Toubes sobre as 13:00 para rematar nos Peares as 13:45.
Màis información no seguinte enlace:
http://www.clasicosourense.com/
O domingo día 9 voltan as motos a percorrer gran parte do Concello dende primeira hora da maña, nunha probla do Campionato Galego.
Este è o cartel da proba:
Información completa da proba no enlace seguinte:
http://motodecampogalega.blogspot.com.es/p/blog-page_14.html
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario