Logo de meses de loita dos moitos afectados/as das Preferentes e Subordinadas, que levamos as nosas demandas en todo tipo de institucións, oficinas bancarias e maiormente na rúa, vanse acadando apoios que durante moitos meses se nos negaron.
Despois da arbitraxe que tan só serviu para devolverlle os cartos roubados a uns poucos, agora e despois da negativa do Goberno do España a solucionar este grave problema que afecta a moitos dos veciños e veciñas do noso Concello de A Peroxa, parece que a única vía de saída è a da Xustiza, agravada coas tasas que o ministro Gallardón estableceu.
Por este motivo anunciamos a colaboración dos Servizos Xurídicos da Deputación de Ourense nos días laborais e en horario de atención ò cidadá (de 09:00 a 14:00), para asesorar a tódalas persoas que desexen acudir a vía xudicial.
Unha boa nova, ainda que creemos que a gran loita estase a producir na rúa, onde día tras día manifestamos o noso desacordo ante esta inxustiza.
INFORMATE ¡¡¡
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
jueves, 2 de mayo de 2013
Colaboración da Deputación cos afectad@s das Preferentes e Subordinadas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario