Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 23 de mayo de 2013

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 25 e 26 de maio de 2013

Unha vez rematadas a maior parte das competicións dos nosos equipos, con sorte dispar para cada un deles, tan só nos queda actividade en competicións de base e fútbol sala, cos encontros que vos indicamos a continuación:



POLIGONO - A PEROXA C.F XUVENIL: Sàbado 25 no campo do Polígono a hora por determinar.

RIBEIRO F.C. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 25 as 10:30 no campo do Xestal.


A PEROXA FSF - CDC SANTA TERESITA:  Sàbado 25 as 12:00 no polideportivo da Peroxa.



Indicar tamén que a pesares de non levar o nome representativo do Concello ou dalgún outro pobo, ainda que si estar composta a plantilla por varios veciños do concello e moitos ex-xogadores de equipos da Peroxa, e co único fin de informar de algún acto deportivo a maiores comunicamos o seguinte encontro da Copa de veteráns:


LLOVIZNA/NOVO MILENIO - FOUCELLAS: Sàbado 25 as 17:30 no campo do Marco.




Disfruta do deporte e apoia os nosos equipos ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario