Positivo è que se retomaran as obras da carretera dende Vilarchao, haber si desta vez conseguimos que sexan definitivas para o seu remate, logo de anos de espera por esta necesaria infraestructura e que foi motivo de mentiras e enganos continuados a unha veciñanza que xa perdera ata as esperanzas de vela algún día rematada.
O asunto que nos ocupa neste artigo é o anuncio do peche provisional por obras da carretera dende Vilarchao polo Ponte da Barra.
Dende este fin de semana pasado teremos que usar vías alternativas para desprazarnos:
Os medios "virtuais" de información nas redes sociais do propio Concello tamén anunciaban esta situación coa seguinte información que ante a demandas de varios veciños sobre a duración da "temporalidade", manifestaron que sería o peche....."ENTRE MES E MEDIO E DOUS MESES".
Na seguinte imaxe a noticia do exposto:
Unha vez máis e facendo uso do refraneiro popular......"PILLASE ANTES A UN MENTIRÁN QUE A UN COXO", lamentamos que se engane unha vez máis a veciñanza dado que a información non è veraz, posto que a propia Deputación Provincial de Ourense anunciaba no xornal local "La Región" o xoves 16 de maio o seguinte.......
ESTA INFORMACIÓN DOS 3 MESES¡¡¡¡¡¡¡ DE DURACIÓN È A MESMA QUE SE COMUNICOU O CONCELLO DE A PEROXA, QUE POR "DECISIÓN" PROPIA DECIDIU "REBAIXAR" A METADE.
O peche será entre o 17/05/2013 e ata o 19/08/2013, ainda que normalmente estas situacións tenden a alongarse no tempo. Desta vez esperemos equivocarnos nos pronósticos e que rematen antes do prazo previsto e por fin teñamos unhas comunicacións dignas e propias do século XXI.
Os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista solicitamos do Concello de A Peroxa unha limpeza da moita maleza existente nas vías que nos propuxeron como alternativas a este corte nos accesos o concello. Son vias que incrementarán considerablemente un aumento de paso de vehículos polo que se necesitar garantir a seguridade vial dos propios vehículos e tamén de peóns.
Imaxes como a seguinte amosan o estado de excesiva vexetación que dificulta a visibilidade e que temos que soportar en todas as carreteras do Concello, sexan de titularidade municipal ou provincial:
A incapacidade e abandono que amosan os mandatarios do PP no Concello chegan ata límites moi preocupantes como son a falta de interès e de realización dos trámites oportunos para susbsanar as deficiencias que se suceden nas nosas vías de comunicación como pode ser o exemplo que vos amosamos a continuación onde leva xa varios meses a vista de todos ¡¡
Produciuse na carretera de Gueral na época de fortes choivas un derrumbe que todavía hoxe está sen reparar e tendo en conta agora o incremento de tráfico desa vía non estaría de máis que dunha vez por todas se puxeran a solucionar este grave problema:
Moitas destas evidencias son expostas diante dos òrganos municipais de goberno polos nosos concelleiros socialistas a través dos Plenos, desprestixiando unha e outra vez a nosa labor de interès pola mellora dos servizos do Concello, manifestando en numerosas ocasións o Sr. Alcalde que coñece destas deficiencias pero será èl que decida como e cando se arranxen.
Dende logo o como deixamolo a súa decisión, agora ben o cando debería ser inmediato porque os veciños e veciñas do Concello da Peroxa non merecen este castigo o que se somenten.
Mesmamente, as nosas carreteras e o noso Concello xa se está a bautizar en moitos pobos, parroquias e tamén polos que nos visitan como a......
CAPITAL DO BACHE ¡¡¡¡¡
NON LLES FALTA RAZÓN, TAN SÓ HAI QUE ABRIR OS OLLOS E OBSERVAR O ESTADO LAMENTABLE NO QUE SE ATOPAN EN CALQUER PARTE DO CONCELLO..
Para mostra, as seguintes imaxes, coñecidas xa por tod@s¡¡
SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO DAS NOTICIAS QUE PREOCUPAN NO CONCELLO, DESMONTANDO E ARGUMENTANDO AS MENTIRAS E FALTA DE TRANSPARENCIA QUE DENDE O CONCELLO SE PRODUZAN, AS QUE PARECE QUE LEVAN ANOS ACOSTUMADOS, PERO QUE DUNHA VEZ POR TODAS TEÑEN QUE DESAPARECER ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario