GRACIAS ¡¡¡¡¡ ou mellor dito......20.000 GRACIAS¡¡¡¡
Unha ledicia inmensa a que temos os membros, afiliados, simpatizantes e colaboradores da Agrupación Municipal Socialista no día de hoxe, onde a curta vida deste humilde blog.....lugar de información è cada día que pasa, nos seus xa máis de 2 anos de existencia, máis visitado e consultado pola veciñanza e seguidores da vida municipal do Concello de A Peroxa.
Unha ferramenta moi ùtil para que os veciños e veciñas da Peroxa, coñezan e teñan outro punto de vista da situción real do Concello, mergullado durante tantos anos na total escuridade informativa, privilexio só duns poucos.
Un blog aberto a tod@s, que pon imaxes, nomes e sobre todo VOZ os problemas e necesidades REAIS do noso Concello.
Seguiremos con esta satisfactoria labor que facemos con agrado e que vemos con esperanza e ilusión como cada día somos mellor recibidos nas vosas vidas.......¡¡
Podemos constatar que a información sobre a nosa labor de oposición no Concello chega e interesa a moitos veciños e veciñas da Peroxa, onde artigos "destacados" como o resumo do derradeiro Pleno celebrado o 27/03/2013 tivo máis de 100 visitas ¡¡¡¡ e sobre todo a nosa "denuncia" pública das irregularidades en materia de persoal superou con moitos as 200 visitas ¡¡¡¡
Novamente Gracias ¡¡¡¡
Unha aperta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario